🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A Fraga de Catasós debe ampliarse para garantir a súa preservación e integridade

ADEGA vén de presentar, no proceso de consultas do Plano de Conservación da Fraga de Catasós (Lalín), unha proposta de ampliación e zonificación ambiciosa para este Monumento Natural. Pasaría das 4,5 ha actuais a 180 e incorporaría diversas masas próximas, incluida a todalidade da fraga de Casas Vellas. Trátase de dar coerencia e continuidade a […]

Este Nadal, agasalla ecoloxismo!

As festas do Nadal coinciden co maior pico de consumo anual. Para o ambiente, o que comeza cun venres negro, remata co mes máis escuro do ano: aumenta o desbaldimento de electricidade e de auga, e os excesos pasarán factura á nosa saúde, economía, ambiente…  Se estás pensando en facer agasallos, prioriza a túa creatividade […]

Miguel de MEL sae do cárcere e conta a súa experiencia en primeira persoa

O pasado mércores, Miguel Martínez, o primeiro detido e encarcerado pola vaga de incendios de outubro e membro fundador do Movemento Ecoloxista da Limia, saíu da cárcere de Pereiro de Aguiar. Durante as 5 semanas que estivo en prisión incondicional, a súa familia, amizades e máis de 20 colectivos ecoloxistas denunciaron publicamente o trato desproporcionado […]

III Xornada de Eliminación de EEI no Río Limia

A actuación conta co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Esta xornada foi unha continuación dos traballos desenvolvidos en 2015 e 2016 na mesma zona. Os traballos de eliminación no río Limia foron unha continuación dos iniciados pola Delegación de Ourense da Dirección Xeral de Conservación da Natureza en 2014 e polo voluntariado de […]

Crónica do Campo de Voluntariado Ambiental de Sálvora

Tomando unha vez máis como punto de partida do voluntariado o porto de Aguiño, onde coa axuda de [email protected], cargamos todo o material de traballo na planeadora que nos levaría a illa nunha intensa viaxe. Unha vez alí, despois da instalación dos [email protected] e a organización do material, o voluntariado tivo a oportunidade de facer […]

Elaboración dun viveiro para Reforestación Monte da Fraga (A Coruña)

Na primavera teremos a ocasión de participar como voluntarios/as na erradicación de rebrotes de eucalipto e outras invasoras exóticas en moitos montes queimados, e precisaremos de planta de árbores autóctonas para reforestar estes espazos. Pero para iso, temos que reaxir agora!: como crear un viveiro é o obxectivo deste obradoiro que non se pode facer agardar […]

Campus do Mar e Adega chaman á participación cidadá para limpar unha vintena de areais galegos

Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un risco para os seres humanos. Co obxectivo de dar a coñecer a problemática ambiental […]

Comunicado dos grupos ecoloxistas sobre a detención do compañeiro Miguel Martínez

As circunstancias que rodean a detención de Miguel Ángel Martínez Novoa causan preocupación en todo o ecoloxismo galego. Miguel é unha persoa coñecida, valorada e querida de todas as persoas que ao longo dos anos noventa do pasado século activaron a loita social contra o a deterioración da natureza no noso país. O Movimento Ecoloxista […]

Medio Ambiente inicia no mes de abril a creación do primeiro Observatorio dos ríos galegos

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, avanzou esta mañá que no vindeiro mes de abril se iniciará a creación do futuro Observatorio dos ríos Galegos. Así o adiantou durante a sinatura do convenio de colaboración, pola que se renova o compromiso para o desenvolvemento dunha nova edición do programa de […]

Nós non nos vedemos ENCE fóra de Lourizán!!

Logo da infame prórroga de 60 anos ditada polo goberno en funcións do PP, a empresa e a Xunta anunciaron un mal chamado “pacto ambiental” co que ENCE só pretende seguir comprando vontades e o silencio de estómagos agradecidos a cambio de esmolas aos colectivos sociais. Pero, desta volta, ENCE vai máis alá e, coa […]