Ana Pontón participou onte nun acto reivindicativo de apoio ao pequeno comercio en Vigo onde avanzou que o BNG presentará mocións no Parlamento galego e concellos da área da cidade olívica para crear o plan sectorial do comercio e unha moratoria ás grandes superficies comercias co fin de protexer o comercio local. Pontón lembrou que […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, presentou ante unha nutrida representación de delegados e delegadas sindicais da CIG en Vigo ás Bases Democráticas, proposta para avanzar na soberanía de Galiza, en particular as medidas relacionadas co mercado de traballo e co marco de relacións laborais galegos, lastrados pola relación de dependencia con Estado e coa UE, que […]
Na súa visita á zona afectada pola vaga de lumes no monte Cepudo de Valadares na contorna de Vigo, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón afirmou que: “ o decreto de 21 millóns é insuficiente para facer fronte ao desastre ambiental, social e económico” producido polos incendios e pediu destinar “unha partida” específica nos […]
A portavoz de educación e cultura do BNG, Olalla Rodil amosou hoxe a súa satisfacción polo acordo unánime acadado no Parlamento galego para recuperar a Historia da Filosofía como materia obrigatoria no bacharelato e demandar do Goberno do Estado iniciar un debate en profundidade sobre a situación da filosofía no sistema educativo e a súa […]
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón responsabilizou hoxe á Xunta de Galiza da crise producida en Vigo pola sobrevenda de billetes ás Illas Cíes. As Illas Cíes, dixo, “non son Benidorm e Feijóo nos últimos anos danou gravemente a imaxe de Cíes, Vigo e Galiza poñendo en cuestión o funcionamento dun parque natural de […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, participou no barrio vigués do Calvario nos actos da campaña previa a celebración do Día da Patria que o Bloque organiza por todo o país, e instou a converter o 25 de Xullo nunha gran mobilización social contra a discriminación que soporta Galiza por parte do Estado. “É o día […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, participará en Vigo nun acto dentro da campaña previa de celebración do Día da Patria que o BNG leva a cabo por todo o país. O acto terá lugar diante do mercado do Calvario e contará coas intervencións da responsable de Galiza Nova, Nerea Edreira, do responsable local, Serafín Otero e […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, optou por desprazarse ata a sede de ENCE en Pontevedra para responderlle á dirección da pasteira sobre as “bondades” do eucalipto para a loita contra os lumes, e demandarlle ao presidente da Xunta que a política forestal do país a determine Galiza e non esta multinacional. “A política forestal non […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, definiu como “marcha pola dignidade e o emprego” a emprendida esta mañá polos traballadores e traballadoras de Ferroatlantica que completarán o percorrido entre Cee a Santiago o vindeiro sábado, culminando cunha gran manifestación en Compostela en contra do espolio das centrais do Ríos Xallas e Grande. Pontón, -quen arrancou as […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, encabeza a representación do BNG que se suma ás mobilizacións contra a venda das centrais dos ríos Xallas e Grande que pretende Villar Mir, e que arrancan mañá 8.00 horas cunha marcha desde o Concello de Cee e concluirá ás 16.00 horas no Concello de Mazaricos. Pontón acompañará aos traballadores […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, cualificou de “mundo ao revés” o resultado en materia de reparto do nivel de débeda e de déficit aprobados polo Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), que hoxe serán ratificados nun consello de ministros extraordinario. “O Estado non ten competencias en sanidade, educación, servizos sociais e outras cuestións que […]
A portavoz do BNG, Ana Pontón anunciou hoxe que o BNG pedirá a dimisión do conselleiro de Educación, Román Rodríguez na vindeira sesión plenaria do Parlamento galego, “a nova coitelada ao ensino galego esixe a dimisión do conselleiro”, afirmou a líder do BNG na concentración fronte á Xunta celebrada hoxe en protesta polo peche de […]
No aniversario da aprobación do Estatuto do 36 e da proclamación da Primeira República Galega fai 81 anos, o BNG presentou un documento político baixo o título de Un paso adiante, que recolle unha proposta para avanzar na capacidade de decidir de Galiza e, en palabras da portavoz nacional, Ana Pontón, deixar atrás “as estreiteces […]
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón cualifica de “entenrecedor” que a pasteira ENCE tente convencernos que o eucalipto é a mellor medida contra os incendios. Con esta teoría, “teríamos que comezar a valorar se en Galiza nos compensaría arrincar as escasas hectáreas de bosque autóctono galego e plantar de maneira masiva eucaliptos nitens”, ironizou a […]
Cunha moeda dun euro entre os dedos a portavoz nacional, Ana Pontón, arrancaba simbolicamente a súa interpelación ao presidente da Xunta: “Unha moeda dun euro que ao común dos mortais non nós chega para pagar un café, chegoulle a Ana Patricia Botín para facerse cos restos do sistema financeiro galego metendo na súa cesta da […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, cualificou de “atentado terrorista contra o patrimonio” o incendio provocado que arrasou en Moaña esta fin de semana o estaleiro de carpintería de ribeira localizado neste concello, que o Goberno local pretendía converter en museo recuperando un espazo de gran valor patrimonial e cultural no que xa se desenvolvía unha […]
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón afirmou hoxe que “hai motivos para unha moción de censura ás políticas do Partido popular, a Rajoy e as políticas que nos impón a U.E pero eses mesmos motivos xa existían hai un ano cando o Partido socialista e Podemos antepuxeron os seus intereses partidistas fronte aos intereses […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, expresou a súa total discrepancia coa valoración de “boa noticia” que o Goberno central fai da venda do Banco Popular ao Santander por un euro, que implica deixar sen aforros a 50.000 pequenos accionistas galegos, poñer en risco centos de postos de traballo e deixa no aire o futuro da […]
No día internacional do Medio Ambiente, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón propón “un gran acordo de País” para defender un monte galego, “vivo e con futuro”. A portavoz nacionalista presentou hoxe ante os medios de comunicación unha bateria de medidas destinadas a valorizar o monte galego fronte a “fracasada” política forestal do Partido […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, defendeu a creación dunha comisión de investigación para analizar as autorizacións, contratos e concesións públicas ao Grupo Villar Mir e, en particular, o seguimento do intento de segregación e venda das centrais dos ríos Xallas e Grande, tres delas autorizadas polo propio Feijóo en 2012. Só para investigar o intento […]
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón censurou os Orzamentos do Estado dos que dixo, “prevén os mesmos ingresos que no ano 2007, antes da crise económica, pero manteñen os recortes nas políticas sociais, aumentan os gasto militares e priorizan o pagamento da débeda por riba do benestar dos cidadáns. Pontón atribuíu o agravio a […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, desprazouse a Sanxenxo para denunciar a estratexia do transfuguismo que o PP decidiu poñer en marcha de cara as eleccións municipais de 2019, que ten como punto de arranque o “cambio de cadeiras” que ultiman en Sanxenxo para volver colocar a Telmo Martín na Alcadía “pola porta de atrás”. Desta […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, iniciou na Pobra do Brollón a súa intensa xornada de traballo en distintos concellos da Ribeira Sacra onde anunciou que vai pedir a comparecencia da conselleira de Medio Rural para que explique as medidas da Xunta en relación aos danos causados polas xeadas nos sector vitivinícola, e avanzou que o […]
Santiago de Compostela, 24 de Maio 2017.- A portavoz nacional, Ana Pontón, ofreceu ao presidente da Xunta “man tendida” para evitar o pelotazo de 255M€ que pretende o imputado Villar Mir coa venda das centrais dos Ríos Xallas e Grande e para preservar o emprego na plantas de Cee e Dumbría. “O BNG téndelle a […]