🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Ana Pontón lidera unha candidatura de consenso que aspira a fortalecer a recuperación social do BNG

“É a candidatura da militancia, do consenso que conseguimos trazar entre todos e todas, un valor de fortaleza para seguir camiñando neste tempo novo”. Así definiu Ana Pontón a lista de unidade que encabeza a actual portavoz nacional, que será sometida á votación das bases na cita asemblearia que o BNG celebra esta fin de […]

A militancia do BNG renovará a súa dirección cunha candidatura de consenso na XVI asemblea nacional

A militancia do BNG renovará os seus órganos de dirección cunha única candidatura de consenso tras pecharse o prazo de presentación, –finalizado este luns 20 ás 19.00H-, sen que se rexistrara ningunha outra lista alternativa á aprobada polo Consello Nacional. Esta candidatura de consenso, encabezada pola actual portavoz nacional Ana Pontón, consolida o relevo xeracional […]

O derradeiro discurso de Beiras como voceiro de Anova

A III Asemblea de Anova celebrada este pasado sábado en Pontevedra rematou coa agardada elección, logo de que non houbera outra candidatura, dunha nova dirección encabezada por Antón Sánchez. Escollido polo 82,3% dos participantes o propio Sánchez valorou que a Asemblea optara por unha renovación que “xa lle tocaba”. Antón Sánchez: As diferenzas no seo […]

O Consello Nacional propón unha candidatura con relevo xeracional e afortalemento organizativo

O Consello Nacional aprobou os textos das teses políticas, principios organizativos, regulamento e informe de xestión que serán sometidos a debate e votación final por parte da militancia na XVI Asemblea Nacional, que se celebra o 25 e 26 de marzo na Coruña baixo o lema En Bloque cara a un tempo novo. O máximo […]

O BNG convoca unha asemblea “de portas abertas” baixo o lema “en bloque cara a un tempo novo”

O BNG celebra a súa XVI Asemblea Nacional os vindeiros 25 e 26 de marzo no Palexco da Coruña baixo o lema En Bloque cara a un tempo novo, e fai un chamamento á participación da cidadanía, -militante ou non-, para que traslade as súas aportacións e propostas ao proxecto nacionalista acudindo a esa gran […]

O persoal de Pescanova convoca dúas xornadas de folga polo bloqueo da negociación do convenio

O cadro de persoal de Nueva Pescanova decidiu hoxe nunha multitudinaria asemblea celebrada en Redondela convocar dúas xornadas de folga os vindeiros martes 14 e 21 de marzo ante o bloqueo da renovación dos convenios colectivos tras máis de 10 meses de conversas. Ademais, os traballadores/as acordaron que no caso de que non se produzan […]

A asemblea de Pescanova debatirá a convocatoria de folga ante o bloqueo das negociacións do convenio

A asemblea de traballadores/as de Nueva Pescanova que se celebra en Redondela este sábado debatirá a posibilidade de promover unha convocatoria de folga ante o bloqueo das negociacións do convenio colectivo tras 10 meses de conversas. As centrais CIG, CUT, UGT e USO rexeitan a última proposta da empresa -que insiste na flexibilidade laboral e […]

O persoal de Nueva Pescanova denunciará a “mala fé” da empresa e “cortará” as horas extra como medida de presión

Boa parte do cadro de persoal de Nueva Pescanova decidiu onte nunha multitudinaria asemblea celebrada en Redondela denunciar na Inspección de Traballo a “mala fe negociadora da empresa” -que pretende impoñer un convenio que precariza as condicións laborais- e, como primeira medida de presión, “cortar” tanto as horas extras dos sábados como as que se poidan […]

Nueva Pescanova pretende impoñer uns convenios que rebaixan os salarios e aumentan a xornada

Representantes da CIG, CUT, UGT e USO denunciaron hoxe en rolda de prensa que o grupo de empresas Nueva Pescanova pretende impoñer uns convenios colectivos que supoñen unha “precarización brutal” das condicións laborais ao contemplar reducións de salario, incremento de xornada e aumento da flexibilidade. As centrais celebrarán unha asemblea de traballadores/as este sábado en […]