🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Presentación da Guía de Axudas Sociais na A.VV. O Torreiro de Coia

Volvemos a enredar da man da Guía de Axudas Sociais. Grazas ao convite da xente da asociación de veciños “O Torreiro de Coia” o xoves 18 de maio falaremos sobre dereitos sociais coa escusa da presentación da Guía de Axudas Sociais. Información ao servizo das persoas! Será a partires das 20:30 no local que a […]

EU denuncia a contía miserenta das axudas sociais e o asistencialismo retrógrado do PP

As políticas de recortes seguen a xerar situacións discriminatorias e dramáticas na sociedade galega, tal e como mostran os datos desprendidos do informe: Dereitos sociais nas comunidades autónomas e crise económica, presentado no Foro da Autonomía celebrado no Senado. Segundo estes datos, Galicia é unha das comunidades onde as persoas usuarias perciben unha menor contía […]

O prazo para solicitar as axudas sociais segue aberto ata o venres 3 de marzo

O alcalde lembrou hoxe de que ata este venres, 3 de marzo, segue aberto o prazo para solicitar as axudas extraordinarias a familias para sufragar gastos de alugueiro da súa vivenda co fin de evitar posibles desafiuzamentos, do subministro de enerxía e de alimentación. Segundo expuxo, o Concello destina aos programa de axuda social un […]

Presentación da Guía de Axudas Sociais en Nigrán

O vindeiro venres 18 de novembro presentamos a Guía de Axudas Sociais. Información ao servizo das persoas! en Nigrán. Será no local da A.V.S.C. A Unión de San Pedro – Nigrán (r/Manuel Lemos 88- Nigrán) a partires das 19:30, nun acto ao que acudimos convidadas polas compañeiras de Comando Ghichas, colectivo de acción e concienciación […]

Charla ao redor dos textos: “Renda Básica das iguais e feminismos” e “Guía Axudas Sociais”

A Marcha Mundial das Mulleres organiza o mércores 13 unha charla ao redor dos textos: “Renda Básica das iguais e feminismos” e “Guía Axudas Sociais”. Será a partires das 19:30 na Casa das Mulleres e contará coa presenza de persoas da ODS-Coia. Unha das consecuencias históricas do patriarcado, consistiu en someter á muller e relegala […]

2ª Semana Galega pola Renda Básica das Iguais. Ferramentas para unha vida digna

Un ano máis as xentes da ODS-Coia, Grupo de Axitación Social (GAS) e Baladre xuntamos forzas para reivindicar o dereito a vivir dignamente nunha semana de actividades por diferentes cidades galegas. Malia os discursos que falan de recuperación, a realidade é teimuda e segue a amosarnos cada día como o empobrecemento e a precarización da […]

Presentación da Guía de Axudas Sociais

O XOVES 15 de outubro PRESENTAMOS a GUIA de AXUDAS SOCIAIS. Información ao servizo das persoas! en VIGO. Será no C.S.O.A. A QUINTA da CARMIÑA (rúa do Carme 1) a partires das 19:30, nun acto que organizamos coa xente do G.A.S. ademais de co propio centro social. A semana pasada contábamos que chegaban as caixas […]

Venres 5/12 – Obradoiro de Axudas Sociais: información ao servizo dos nosos dereitos

Médicos do Mundo de Vigo co apoio da xente da ODS-Coia convidámosvos a participar no obradoiro titulado: “Axudas Sociais: información ao servizo dos nosos dereitos”. Dito obradoiro celebrarase o Venres 5 de decembro a partires das 10h00 nos locais que Médicos do Mundo ten en Vigo (rúa Illas Baleares 15 baixo). Esta actividade dirixida a […]

Venres 19/09 – Obradoiro: “Axudas Sociais. Información para loitar polos nosos dereitos”

A PAH Vigo Tui-Baixomiño co apoio da xente da ODS-Coia convidan a participar no obradoiro titulado: “Axudas Sociais. Información para loitar polos nosos dereitos”. Dita actividade será o venres 19 de setembro a partires das 19h00 nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria(rúa Baiona 9, Coia – Vigo). Se ficas sen ingresos, ou tes […]

Silencio e atrasos insoportables as respostas do Concello de Vigo ás solicitantes de axudas sociais

O departamento de Benestar Social do Concello de Vigo continúa sen mostrar vontade algunha de aclarar o relativo á xestión das Axudas de Emerxencia Social (AEM) e, o que é máis preocupante, segue sen dar respostas xustas ás necesidades reais dun número crecente de persoas na nosa cidade. Segundo recollen as propias bases, as AEM […]

Concentración na Xunta de Galicia esixindo axudas sociais dignas

 A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (G.A.S.) convocan o vindeiro MÉRCORES 26 de marzo unha CONCENTRACIÓN diante da XUNTA de GALICIA baixo o lema: MENOS GOLF, MÁIS SOLUCIÓNS! AXUDAS SOCIAIS DIGNAS, NON ESMOLAS! Comezarán a partires das 11:00 diante das portas do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo (r/Concepción Areal 8). No acto farán […]