Patrimonio incoa o procedemento para declarar BIC o campamento de Aquis Querquennis, en Bande

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, vén de incoar o procedemento para declarar ben de interese cultural (BIC), coa categoría de zona arqueolóxica, o Campamento romano e mansio viaria de Aquis Querquennis, situado no lugar de Porto Quintela, na parroquia de San Xoán de Baños, […]

En Marea pide a declaración urxente de BIC para o museo Carlos Maside en Sada

Ánxeles Cuña, Luca Chao, Antón Sánchez, deputadas de En Marea no Parlamento de Galicia máis Miguel Anxo Fernán Vello, no Congreso,  xunto co alcalde de Sada, Benito Portela, pediron hoxe nas inmediacións do Museo Carlos Maside, en Sada, a declaración urxente de BIC para o complexo do Castro no que está incluído o museo Carlos Maside […]

En Marea provomoverá no Parlamento de Galicia unha declaración institucional de apoio a todas as iniciativas para poñer fin á vergoña do Pazo de Meirás

En Marea promoverá no Parlamento de Galicia unha declaración institucional de apoio a todas as iniciativas que teñan por obxecto a incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público, asi como para que, en tanto a propiedade siga detentada pola familia Franco,  o réxime de visitas ao BIC sexa xestionado polo Concello de Sada. En […]