🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O goberno do Porriño leva un ano sen resolver o acceso ao  colexio Santo Tomás

Vai facer un ano desde que, en marzo de 2016, o pleno do concello do Porriño aprobara por unanimidade unha moción do grupo municipal do BNG para que se arranxara o acceso ao colexio Santo Tomás, situado no barrio da Florida, e que presenta serios riscos para a seguridade de alumnos e peóns. O Bloque […]

Pedro Pereira considera que a Alcaldesa do Porriño, coa súa actitude  no pleno de onte, faltou ao respecto ao BNG

O portavoz nacionalista plantexou unha cuestión de orde no pleno de onte mércores, ante a intención da alcaldesa de forzar a normativa plenaria e tratar un asunto fora da orde do día, relativo as obras de saneamento en Budiño. Eva García de la Torre pretendía debater esa cuestión antes de tratar os asuntos que sí […]

Explicación do BNG ante o escrito solicitando a baixa no grupo municipal da concelleira Sabela Landín

O responsábel local comentou en primeiro lugar que o Bloque Nacionalista Galego do Porriño elaborou para as eleccións municipais unha candidatura coa incorporación de persoas novas, co obxectivo de ampliar a pluralidade no debate, procurando a achega de novas propostas para dar resposta ás demandas sociais da veciñanza e pensando no futuro da organización. Nesa […]

O BNG do Porriño demanda a transferencia da AP9 e a  súa liberación de peaxe para facela “útil”

Para o BNG do Porriño a transferencia da AP9 á Xunta de Galiza e a súa liberación de peaxe son cuestións indispensábeis para que esta infraestrutura sexa realmente útil. O voceiro municipal, Pedro Pereira, denunciou que o tramo Vigo-O Porriño está infrautilizado por causa das peaxes, o que impide que a vila e a súa […]

Moción do BNG sobre o estado de abandono dos muiños e contorna restaurados polo obradoiro de emprego

O Concello do Porriño, a través da posta en marcha da escola obradoiro de emprego no ano 2001, iniciou a recuperación de muíños nas distintas parroquias, co obxectivo de recuperar o noso patrimonio cultural, histórico e etnográfico. Para levar adiante a recuperación dos muíños foi necesaria a implicación do alumnado dos distintos obradoiros,( en especialidades de construción, carpintería […]

Moción do BNG Porriño sobre a solicitude de soterramento da liña de alta tensión no polígono residencial 5 de Torneiros

Para a inclusión na orde do día do próximo pleno ordinario, e atendendo ao recollido no Regulamento de funcionamento do Pleno actualmente en vigor, o Grupo Municipal do BNG presenta a seguinte moción: DOTACIÓN DE PARTIDA ORZAMENTARIA PARA O SOTERRAMENTO DA LIÑA DE ALTA TENSIÓN NO POLÍGONO RESIDENCIAL No 5 DE TORNEIROS. Pola parroquia de Torneiros, máis […]

MOCIÓN QUE PRESENTA PARA A SÚA DELIBERACIÓN E VOTACIÓN NO PLENO O GRUPO MUNICIPAL DO BNG.Para a inclusión na orde do día do próximo pleno ordinario, e atendendo ao recollido no Regulamento de funcionamento do Pleno actualmente en vigor, o Grupo Municipal do BNG presenta a seguinte moción: SOLICITUDE DE CONVOCATORIA URXENTE DA COMISIÓN INFORMATIVA DE DEPORTES PARA TRATAR […]

O Consello local do BNG do Porriño acordou iniciar unha rolda de actos públicos nas distintas parroquias do concello coa finalidade de informar directamente aos veciños e veciñas das nosas iniciativas no concello e tamén escoitar e recoller as distintas propostas e suxestións feitas dende as parroquias. Este venres día 15 de abril, as 20:00 h no […]

  Os grupos da corporación apoiaron por unanimidade a moción presentada polo BNG na que se solicitaba da corporación os seguintes acordos: Solicitar da dirección de Frigolouro e do Grupo Coren que modifique as condicións contractuais coa cooperativa Servicarne coa finalidade de igualar as condicións laborais dos/as Traballadores/as autónomos /as,que prestan os seus servizos en Frigolouro, aos de plantilla. […]

Explicación da postura do BNG no pleno organizativo celebrado onte  no Concello do Porriño

– O Bloque votou a favor (xunto con EU e PP) de que quedará sobre a mesa a proposta de retribucións presentada pola alcaldesa Eva García de la Torre. Eva García de la Torre someteu a aprobación do pleno unha proposta de retribucións sen consensuar coa oposición que incluía subidas de salarios para alcaldía e concelleiros/as delegados/as (45.000€ alcaldía […]

Os sindicatos comparten a proposta do BNG do Porriño de crear unha Mesa Municipal polo Emprego

– Pedro Pereira transmitiu as representantes de CIG, UGT e CC.OO. as liñas do programa nacionalista para reactivar o emprego no concello e mellorar as condicións dos traballadores e das traballadoras públicas.  O BNG-Asambleas Abertas creará unha Mesa Municipal polo Emprego, que abra un espazo de diálogo e traballo entre os diferentes actores implicados na […]

O BNG impulsará unha mellora dos servizos para os polígonos industriais da Granxa e As Gándaras

– O candidato á Alcaldía, Pedro Pereira, presentou aos representantes dos empresarios a proposta do grupo nacionalista para potenciar o sector no Porriño. A candidatura do BNG-Asambleas Abertas reuniuse este venres con representantes dos empresarios dos Polígonos Industrias da Granxa e As Gándaras. O candidato á Alcadía do Porriño, Pedro Pereira, trasladoulles as propostas do […]

BNG e comerciantes do Porriño coinciden na necesidade de adaptar as taxas fiscais para o sector

– O candidato nacionalista, Pedro Pereira, reuniuse este xoves con representantes dos comercios para achegar posturas e coñecer as súas demandas.  O candidato do BNG á Álcaldía, Pedro Pereira, e varios membros da candidatura nacionalista reuníronse este xoves coa Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (Acipor) para escoitar as demandas e inquedanzas do sector e dar a coñecer […]

O BNG apoia a modificación do PXOM en Pontellas pero non que esta se faga con contrapartidas

– Considera necesario que se inclúa a parte do cemiterio como equipamento dotacional, mais non que se recualificara a parcela lindante. O BNG rexeita a modificación puntual do PXOM en Pontellas, aprobada este martes polo Concello do Porriño. O grupo municipal nacionalista manifestou que está a favor de que se inclúa como equipamento dotacional a parte […]

– Realizará un estudo para remunicipalizar de forma progresiva servizos como a auga e o lixo, que encareceron o seu custo durante o actual goberno.  O BNG mantén o seu compromiso de reverter o modelo privatizador aplicado polo PP no Porriño. A recuperación dos servizos públicos é unha das prioridades do proxecto de goberno nacionalista, que considera a xestión […]

O BNG aposta por ampliar o paseo do Louro e potenciar este espazo como zona verde pública

– A proposta inclúe aumentar o percorrido actual catro quilómetros, para conectalo coa Lagoa das Gándaras, e mellorar a contorna do río.  O BNG do Porriño propón ampliar o paseo do Louro e mellorar a contorna do río para convertelo nun espazo de lecer para a veciñanza. A recuperación deste terreo como zona verde pública é unha das propostas […]

O BNG presenta a súa candidatura no Porriño para devolverlle á cidadanía un concello “secuestrado polo clientelismo”

Pedro Pereira lidera unha lista que combina experiencia e caras novas. “Somos a garantía dunha xestión limpa e honesta, que pon os intereses dos e das porriñeses por riba de intereses persoais e partidistas”, asegura o candidato.  O BNG-Asambleas Abertas presentou este sábado a súa candidatura para O Porriño, onde aspira a “liderar a transformación” […]