No día de hoxe realizouse a presentación dun evento moi importante para a cultura galega, posto que a pon en valor e visibiliza: a Gala Ano do Patrimonio, que organiza a Deputación de Pontevedra no Auditorio de Cangas o vindeiro sábado 16 de decembro ás 20:00 horas. O alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela, aproveitou a […]
A Casa da Xuventude acolleu hoxe a presentación do primeiro Campionato Benéfico de Petanca, un evento deportivo que está organizado pola Asociación Española Contra o Cancro. Trátase dunha competición na que participarán arredor de 40 persoas os días 16 e 17 de setembro en horario de 09:30 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 […]
Un ano máis, o Club Cinania TM celebra a súa XIII Edición do Torneo Concello de Cangas de Tenis de Mesa. Por iso, tivo lugar hoxe na Casa da Xuventude de Cangas un acto de presentación do evento. Acto no que estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Xoán C. Chillón Iglesias e membros do Club […]
A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade convoca a unha xuntanza explicativa do programa Cangas en Negro 2017 o vindeiro luns, día 18 de setembro, ás 17:00 horas no Salón de Plenos do Concello. Trátase dunha reunión que está dirixida, especialmente, a todas as persoas e responsables de establecementos hostaleiros. Todos eles están convidados […]
Tras meses de vacacións, centos de rapaces e rapazas de toda Galicia volveron aos colexios para iniciar o novo curso escolar. Aquí en Cangas, un dos centros referentes foi o CEIP Espiñeira de Aldán, posto que nel realizouse un acto de apertura de curso ao que acudiron o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César […]
Unha vez revisado o Anteproxecto de Lei polo cal se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia e estando dentro do prazo de alegación (comprendido entre o 02/08/2017 ao 01/09/2017), o Concello de Cangas solicita á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade o seguinte: – A retirada do Anteproxecto […]
A Casa da Xuventude acolleu por primeira vez a presentación dun torneo de exhibición de Fútbol Gaélico, que se levará a cabo o vindeiro sábado, día 26 de agosto, entre as 16:30 e as 18:30 horas no Campo de Fútbol Javier Guimeráns do Hío. Neste triangular participarán os equipos Cambados Gaélico, Keltoi Vigo e Herdeiros […]
O Concello de Cangas acolleu hoxe na sala anexa á Alcaldía un acto de recepción ao Delegado Nacional da Real Federación Española de Colombicultura, Bernardino Crespo. Nel estiveron presentes o alcalde, Xosé Manuel Pazos, e o concelleiro de Deportes Xoán Chillón, así como membros relacionados con esta disciplina deportiva: José Luis Miguélez, Presidente da Federación […]
A poucas semanas de iniciarse as grandes festas de Cangas, hoxe asistimos á presentación das Festas do Cristo 2017, á que acudiron o deputado de Cultura, Xosé Leal, o alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela, o concelleiro de Cultura, Héitor Mera, os integrantes do grupo Furious Monkey House, así como membros de Lembranzas na Ría e […]
Entre o 7 e o 8 de outubro terá lugar a Mostra do Posible no concello de Cangas, un evento organizado pola Rede de Solidariedade Popular de Vigo que intentará buscar un espazo de encontro entre empresas de economía social para establecer unha forma de vida máis xusta. De feito, o obxectivo que intenta lograr […]
Este venres, día 14 de xullo, comezará o IV Festival de Música e Danza Tradicional Aturuxos ao Son da Ría, un certame que se prolongará ata o vindeiro domingo, día 16 de xullo. O proxecto ten como misión principal promover a tradición galega dentro do noso pobo, ofrecendo así as diferentes músicas e bailes das […]
A clausura das escolas de pais e nais terá lugar mañá venres 2 de xuño ás 20:00 horas na Casa da Cultura e ao acto de entrega de diplomas ás diferentes persoas participantes asistirá o Concelleiro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade Tomás Hermelo. A escola de pais e nais é unha actividade quincenal que […]
Para facilitar a colaboración de toda a veciñanza canguesa, unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) desprazarase ata o noso Concello, permanecendo o xoves 1 de xuño fronte á Casa do Mar de Aldán en horario de 16:00 a 18:30 e fronte ao IES Rodeira de 19:00 a 21:00 horas. O obxectivo […]
A posta a disposición das prazas vacantes do programa “Enredos de Verán” finalmente será do mércores 31 de maio ao venres 2 de xuño por rigorosa orde de inscrición, xa que o martes 30 de maio non haberá atención ao público na Casa da Xuventude por traballos de fumigación. Para máis información e inscrición diríxase […]
Á inauguración, que tivo lugar hoxe mércores día 10 de maio ás 13:30 horas no Auditorio Municipal, asistiron a Deputada de Deportes, Chelo Besada, o Alcalde de Cangas, Xosé M. Pazos, e o Concelleiro de Ensino e Deporte, Xoán X. Chillón. A exposición fotográfica rende homenaxe “ás e aos deportistas olímpicos, por unha banda, e […]
O vindeiro martes 4 de abril comeza o Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo CITEAMOR. O pregón será a cargo de Xosé Vázquez Pintor, un dos pioneiros do teatro amador en Cangas. O CITEAMOR é un ciclo humilde cun obxectivo comarcal e integrador, pois participan 7 grupos de adultos, 5 adolescentes e DOA Saúde Mental. […]
Para facilitar a colaboración de toda a veciñanza canguesa, unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) desprazarase ata o Concello de Cangas, permanecendo o mércores 5 de abril en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas na Alameda. O obxectivo é facilitar a doazón de sangue á veciñanza […]
O triunfalismo do Sergas empregando os datos das demandas cirúxicas como reclamo publicitario dunha boa xestión sanitaria en Galiza choca coa crúa realidade. Son medias verdades, cifras que ocultan a cidadanía a verdadeira política sanitaria da Xunta: continuando a derivación de partidas orzamentarias de cartos públicos a concertos con clinicas privadas, sen por en valor […]