Francisco Fernández e Julia Tomé gañan a quinta edición  do concurso MicroCatrorelatos

A quinta edición do concurso MicroCatrorelatos, cuxa final celebrouse onte no Café de Catro a Catro, xa ten gañadores: trátase de Francisco Fernández, autor do relato “As balas de Koch” (elixido finalista na primeira eliminatoria) e Julia Tomé, autora do texto “Desacougo azul“ (que resultou finalista na cuarta eliminatoria). Do mesmo xeito que nas semifinais, […]

A final do concurso MicroCatrorelatos celebrarase este  venres no Café de Catro a Catro

O mítico Café de Catro a Catro acollerá este venres, 26 de maio a partir das 22 horas, a final do concurso MicroCatrorelatos e nela participarán os oito textos que resultaron elixidos nas catro eliminatorias previas. Deste xeito, “Desacougo azul“, de Julia Tomé; “Amores de tumba“, de Juan A. Carreira; “Bullying”, de Alejandro Vaghetti; “Dous […]

O concurso MicroCatrorelatos elixiu onte os últimos relatos  que disputarán a final o 26 de maio

O Café de Catro a Catro acolleu onte a cuarta eliminatoria do concurso MicroCatrorelatos, na que se escolleron os dous últimos textos finalistas para participar na final de maio. Deste xeito, “Desacougo azul“, de Julia Tome, e “Amores de tumba“, de Juan A. Carreira (que contou cunha substituta para ler o seu texto), competirán cos […]

O concurso MicroCatrorelatos celebra o venres a súa cuarta eliminatoria para escoller dous novos finalistas

Este venres, 28 de abril, o café De Catro a Catro acollerá a partir das 22 horas a cuarta eliminatoria do certame de relatos curtos MicroCatrorelatos, da que sairán os últimos finalistas para participar na final de maio. Público e xurado (formado por Clara do Roxo, Amadeo Cobas, Mari Carmen Casal e Ángela Costas), escollerán […]

A cuarta eliminatoria do certame MicroCatrorelatos elixirá  o 28 de abril os dous últimos finalistas

O xurado do concurso MicroCatrorelatos -integrado por Clara do Roxo, Amadeo Cobas, Mari Carmen Casal e Ángela Costas- elixiu onte os oito orixinais que participarán na cuarta semifinal do certame, que se celebrará o venres 28 de abril no Café de Catro a Catro. Os textos seleccionados nesta última fase son: “Amores de tumba”, “A […]

O certame literario MicroCatrorelatos elixiu onte dous  novos finalistas nunha disputada eliminatoria

O café de Catro a Catro acolleu onte a terceira semifinal do concurso MicroCatrorelatos, que nunha reñida e emocionante eliminatoria elixiu como finalistas os orixinais “Bullying”, de Alejandro Vaghetti, e “Dous xastres”, de Pociñas Domar. Estes autores participarán na final do mes de maio, xunto aos dous escollidos na semifinal de febreiro, “A veciña do […]

Oito novos textos participarán na terceira eliminatoria do concurso  MicroCatrorelatos

Nunha xuntanza celebrada onte no café De Catro a Catro, o xurado do concurso MicroCatrorelatos -integrado por Clara do Roxo, Amadeo Cobas, Mari Carmen Casal e Ángela Costas-, elixiu os oito orixinais que participarán na terceira semifinal do certame, que terá lugar o venres 31 de marzo. Os textos seleccionados nesta terceira fase son: “O […]

O prazo para presentar os textos á terceira semifinal do concurso  MicroCatrorelatos está aberto até o vindeiro mércores

Até o vindeiro mércores, 15 de marzo, pódense presentar os orixinais para participar na terceira fase do concurso de relatos curtos Microcatrorelatos, organizado polo café De Catro a Catro. Precisamente a terceira eliminatoria terá lugar o 31 de marzo, cando o xurado e o público elixirán dous novos finalistas, que se sumarán os xa escollidos […]

O concurso de relatos curtos MicroCatrorelatos xa conta  con catro finalistas para participar na final de maio

Xurado e público elixiron onte no Café de Catro a Catro dous novos finalistas do concurso MicroCatrorelatos, que lles leva a participar na proba final do mes de maio. Deste xeito, aos textos “Nunca antes vira o mar” e “As balas de koch”, finalistas do mes de xaneiro, sumáronse onte os relatos “A veciña do 5oB” […]

A segunda fase do concurso MicroCatrorelatos recibiu 15 textos,  dos que 8 participarán na semifinal do vindeiro venres

Na segunda fase do certame MicroCatrorelatos a organización recibiu, até o pasado mércores, un total de 15 orixinais para participar na segunda semifinal. Destes 15 relatos, nunha xuntanza celebrada onte, o xurado elixiu os 8 relatos que concorrerán á segunda eliminatoria, que terá lugar o 24 de febreiro no café De Catro a Catro, ás […]

Traballar a igualdade dende a escola

O vindeiro Café da Marea Feminista terá lugar este mércores 1 de febreiro ás 20:15h no Café De Catro a Catro (Rúa Girona, 16) Na Marea Feminista queren combater e actuar en positivo, recollendo propostas que dende todos os ámbitos axuden a acadar unha sociedade máis igualitaria. O ensino ten un papel primordial na prevención […]

O concurso MicroCatrorelatos xa ten os seus dous primeiros  finalistas escollidos polo público e o xurado

A primeira semifinal do concurso MicroCatrorelatos, que se celebrou onte no Café De Catro a Catro, xa conta cos seus primeiros finalistas. Así, o relato elixido polo público asistente foi “Nunca antes vira o mar”, de Mónica Muñoz, mentres que o texto escollido polo xurado resultou “As balas de koch”, de Francisco Fernández. Para emitir […]

O Café de Catro a Catro acollerá este venres a primeira eliminatoria  do concurso MicroCatrorelatos

Os autores dos 8 relatos escollidos polo xurado do concurso MicroCatrorelatos deberán defender os seus textos este venres nun acto que se celebrará no Café De Catro a Catro a partir das 22 horas. Así, os relatos “As balas de koch”, de Liter4tura; “A Gioconda cubista”, de Ma dolores Araújo”; “A Senda do Dragón”, escrito […]

A primeira fase do concurso MicroCatrorelatos recibiu  23 textos, dos que o xurado escolleu 8

Un total de 23 textos orixinais recibiu até o pasado domingo a organización do concurso MicroCatrorelatos para participar na primeira fase do certame. Destes 23 relatos, nunha xuntanza celebrada onte, o xurado elixiu os 8 textos que concorrerán á primeira eliminatoria, que terá lugar o 27 de xaneiro no café De Catro a Catro, ás […]

O vindeiro domingo remata o prazo para presentar os orixinais á  primeira eliminatoria do concurso MicroCatrorelatos

O concurso de relatos curtos Microcatrorelatos, organizado polo café De Catro a Catro, xa está en marcha. Deste xeito, a súa primeira semifinal terá lugar o venres 27 de xaneiro, ás 22 horas no propio café, coa presenza dos autores seleccionados polo xurado. Precisamente, o prazo para a admisión dos orixinais rematará este domingo, 15 […]

Clara de Roxos: “O certame “MicroCatrorelatos”  representa a clara aposta do Café De Catro a Catro  pola cultura en Vigo”

Un ano máis o café De Catro a Catro –en colaboración coas editoriais Galaxia, Xerais, Elvira e a asociación cultural 4 Patacos- convoca o concurso de relatos curtos “Microcatrorelatos”, que no 2017 acadará a quinta edición. En opinión da escritora e integrante do xurado Clara do Roxo esta nova edición do concurso amosa “a clara […]