🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O Concello reitera a súa “cooperación total” coa Cidade da Xustiza

David Regades valorou esta xornada como un “día importante” para Vigo xa que pode iniciarse o desenvolvemento da Cidade da Xustiza, un proxecto que conta co “apoio total e inequívoco” do Concello, que “fixo os deberes e traballou arreo para cumprir os prazos de concesión” das licenzas necesarias para o derrubamento de distintos espazos do […]

O goberno de Vigo autoriza derrubas no antigo Xeral para a futura Cidade da Xustiza

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe luns da licenza concedida para as obras de derrubamento de distintos espazos do antigo Hospital Xeral, como parte do proxecto de rehabilitación da edificación como Cidade da Xustiza de Vigo. Segundo recordou Caballero, o orzamento presentado pola Xunta para as obras permitidas ascende a 2,23 millóns de […]

O goberno local tramita coa máxima celeridade a licenza para rehabilitar a Cidade da Xustiza

O Concello está a espera do informe da Dirección Xeral de Patrimonio para conceder a licenza de derribo de parte do edificio do Xeral e, deste xeito, iniciar a rehabilitación da Cidade da Xustiza. O alcalde apuntou que o goberno local está a actuar coa máxima celeridade e traslada esta mesma esixencia á Xunta. O […]

O rexedor garante máxima dilixencia municipal para iniciar as obras do proxecto da Cidade da Xustiza

O alcalde constatou esta mañá que o proxecto para trasladar a Cidade da Xustiza ao antigo edificio do Xeral segue a súa marcha e avanzou a máxima celeridade do goberno local na tramitación da licenza de derrubo de parte deste edificio. Tal e como trasladou, as previsións son que estes traballos comecen o próximo mes […]

Caballero amosa a súa “satisfacción” pola evolución do proxecto da Cidade da Xustiza

Caballero, quen amosou a súa “satisfacción” confiou en o traslado da Cidade da Xustiza ao edificio do Hospital Xeral “estea rematado en 2019 coa excelencia coa que está a ser proxectado”. O alcalde de Vigo amosou esta mañá o seu “agrado e satisfacción” pola evolución do proxecto de traslado da Cidade da Xustiza ao edificio […]

A Xunta procura a participación, implicación e o consenso de todos os axentes involucrados na futura Cidade da Xustiza de Vigo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda incidiu hoxe na aposta do goberno galego pola procura da participación, implicación e o consenso de todos os axentes involucrados na rehabilitación do antigo Hospital Xeral coma futura Cidade da Xustiza de Vigo. Mantendo esta liña, Alfonso Rueda asistiu hoxe na Delegación da Xunta en Vigo ao acto de […]

O alcalde eloxia a elección de Alfonso Penela para deseñar a futura Cidade da Xustiza no edificio do Xeral

Abel Caballero amosou hoxe mércores a súa satisfacción porque xa están fixadas as bases para que o antigo edificio do Xeral se converta na Cidade da Xustiza e polo tanto, nun dos fitos da cidade”. Respecto do “excepcional” proxecto gañador, Caballero avanzou que é “unha garantía” que leve a sinatura do arquitecto Alfonso Penela, destacando […]

O BNG urxe á Xunta a presentar un proxecto concreto  para os novos xulgados de Vigo

A deputada Carme Adán presentou unha interpelación no Parlamento Galego para que a Xunte aclare se hai ou non un proxecto concreto e con que prazos. O BNG de Vigo reclamou hoxe que o Goberno galego concretice os seus plans para dotar aos xulgados da cidade dunhas novas dependencias. Nunha rolda de prensa decorrida esta mañá, na que […]

Marea de Vigo non descarta que o antigo Hospital Xeral poida albergar a futura Cidade da Xustiza

Marea pide claridade na proposta da Xunta e supeditalo a alternativas que aumenten o número de camas hospitalarias na cidade. Marea de Vigo non entende como, de súpeto, o edificio pasa de ser “non reutilizable como espazo público hospitalario” a susceptible de selo como edificio xudicial. Marea de Vigo lembra que foron informes previos do […]

O BNG pide o realoxamento das familias afectadas polas expropiacións da cidade da xustiza

Solicitan a inmediata intervención do Goberno municipal para resolver a falla de vivendas alternativas e o risco de exclusión. Demandan que se amplíe o prazo para abandonar as casas afectadas entrementres non avanza a execución do proxecto. O Bloque Nacionalista Galego reclama a intervención urxente dos servizos de urbanismo e servizos sociais do Concello, para […]