🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O Tribunal Supremo rexeita o recurso de Sargadelos: sete anos despois, a nulidade do ERE é firme

O Tribunal Supremo vén de comunicar  a non aceptación do recurso interposto por Cerámicas Sargadelos (Cervo) contra a sentenza que declaraba a nulidade do ERE formulado e parcialmente aplicado pola empresa no ano 2010. Esta resolución, que dá a razón ao defendido pola CIG, pon fin ao longo camiño administrativo e xudicial que as traballadoras […]

UGT e CCOO asinan que os salarios do sector de derivados do cemento dependa de canto aumente a venta de cemento

Até 2020, a suba salarial para os traballadores e as traballadoras  que se rexen polo convenio estatal de Derivados do Cemento estará ligada a un factor tan arbitrario como a evolución anual do consumo de cemento. Así se recolle no texto do convenio asinado o pasado verán pola patronal estatal, CCOO e UGT, e que […]

A CIG pide paralizar as obras da cuberta da estación de autobuses da Coruña por graves faltas de seguridade

A Federación de Construción e Madeira da CIG vén de presentar denuncia diante da Inspección de Traballo contra o Concello da Coruña, a contratista Desarrolla e a subcontrata OSMEGA polo incumprimento das medidas de prevención de riscos laborais nas obras de reparación de cuberta da estación de autobuses. A central solicitou da autoridade laboral que […]

Ex traballadoras/es de GEA concéntranse na Coruña coincidindo coa vista previa da demanda civil contra Inversiones Subel

O colectivo de ex traballadoras/as do Grupo de Empresas Álvarez (GEA) que asesora a CIG concentrouse este xoves diante dos xulgados da Coruña, con motivo da celebración da vista previa pola demanda civil interposta contra Inversiones Subel (propiedade do empresario Luis Fernández Somoza) a causa da millonaria débeda económica que a empresa ten pendente de […]

Denuncian o ataque “sen precedentes” que supón a impugnación do convenio provincial de Construción de Pontevedra

A Federación de Construción e Madeira da CIG advirte das posíbeis consecuencias da impugnación por parte da patronal estatal da Construción (CNC) do convenio provincial da Construción de Pontevedra, que viña de ser asinado entre a CIG e a patronal provincial APEC. Anuncia ademais que recorrerá a sentenza do TSXG que estima parcialmente esta impugnación, […]

Ocupan o Zara de Marineda en protesta polo esquema de abusos laborais nas obras das tendas

Membros da CIG desenvolveron esta mañá unha ocupación simbólica das obras da tenda de Zara no centro comercial Marineda da Coruña, en protesta pola situación de explotación laboral que se vén dando nas obras promovidas polas principais galegas de téxtil en todo o mundo. Con esta acción, a CIG tenta que as empresas acepten sentar […]

Denuncian explotación laboral nas obras de ampliación da ponte de Rande

A federación de Construción da CIG denuncia a explotación laboral que se vive nas obras de ampliación da ponte de Rande, que une as localidades pontevedresas de Moaña e Redondela. Dende a central advirten do perigo de que os traballadores/as da UTE formada por Dragados e Puentes y Calzadas fagan xornadas de até 10 e12 […]

A patronal rexeita o avance en dereitos na Construción pontevedresa

As negociacións do convenio da Construción da Provincia de Pontevedra, que afecta a 14.000 traballadores/as, está a piques de rachar debido á intransixencia patronal coas reivindicacións sindicais. Así o denuncia a CIG-Construción, que iniciará mobilizacións se non hai unha mudanza de actitude. A Federación da Construción da CIG explica que as diverxencias se centran fundamentalmente […]