🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Os particulares poden pedir as novas axudas das ARIs de Estribela e do Centro histórico por case 1 millón

O Concello de Pontevedra acaba de facer públicas, a través do BOPPO, as bases da nova convocatoria das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas nas Areas de Rehabilitación Integral (ARIs) de Estribela e do Centro Histórico. Correspóndese ás fases sétima no caso de Estribela, e á segunda, no caso do Centro histórico de Pontevedra que […]

Saen a licitación os tres primeiros proxectos dos FEDER por 4 millóns de euros

O Concello de Pontevedra vén de dar o pistoletazo de saída á xestión dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) incluídos na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) Máis modelo, de Pontevedra coa aprobación por parte da Xunta de Goberno, dos tres primeiros proxectos: a renovación da primeira planta do Mercado de Abastos; […]

As Nadaladas do Teucro xa están aquí

Artigos de coiro, tecidos, xoias, instrumentos musicais, zocas,… ata 31 artesás participan na renovada Feira de Artesanía e Agasallo de Pontevedra que hoxe abriu as portas baixo o nome As Nadaladas do Teucro. A feira estará aberta desde hoxe até o 5 de xaneiro no seguinte horario: de 11 a 14 horas e de 17 […]

Limpeza xeral nas rúas Palamios e Corto Santo

A Concellaría de Servizos continúa nestes días coas limpezas xerais en distintos barrios da cidade. Nesta ocasión nas rúas Palamios e Corpo Santo, en ambas marxes. Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada do xoves. Nas rúas nas que se precise prohibir o estacionamento, colocaranse valados con esta indicación durante a xornada do […]

O Concello advirte de que o novo emisario submariño no que traballa a Xunta non cumpre a norma urbanística

O Concello de Pontevedra emitiu un informe contrario ao anteproxecto do novo emisario submarino da EDAR de Praceres que tramita Augas de Galiza, por non ser compatible coa norma urbanística que está vixente no ámbito onde se quere facer a obra. Esta norma urbanística é o Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal que a Xunta de […]

Tapa Pontevedra 2017 (e mellor tapa creativa) para o bocado de El Cafetín,”Vieira afumada carballoelaurel sobre arroz de algas”

Hoxe coñecimos aos gañadores/as do certame gastronómico Pontedetapas 2017, que promove a Concellería de Promoción Económica e da Cidade e no que nesta edición participaron 52 establecementos da cidade. Deles 35 competiron en tapas tradicionais, 23 en tapas creativas e 6 na categoría de cóctel. As distincións entregáronse na Gala Pontedetapas que se desenvolveu na […]

Esta semana comezan os traballos para instalar un segundo centro de compostaxe no Campus

Esta semana comezarán os traballos para pór en marcha o segundo centro de compostaxe no campus universitario de A Xunqueira. Como xa é habitual, primeiro instalarase a base do composteiro (feita cunha  base de formigón e dotada con punto de auga e tamén de papeleira) e a continuación colocaranse seis módulos de compostaxe. Nesta ocasión a […]

Últimos traballos para mellorar a calidade de vida do carballo de Santa Margarida

O Concello de Pontevedra acaba de recibir nestes días o último dos proxectos para mellorar a calidade de vida do carballo de Santa Margarida, na parroquia de Mourente. É o último dos traballos programados de intervención controlada no centenario exemplar. O proxecto elaborado por un calculista levou certo tempo a súa redacción e pretende colocar […]

O alcalde visita Xoán XXIII para coñecer as novas unidades de atención a maiores e o inicio das obras da residencia

O alcalde e a concelleira de Benestar Social Municipal, Anxos Riveiro visitaron esta mañá as instalacións da Asociación Xoán XXIII en Pontevedra para coñecer as novas unidades de atención ás persoas de máis idade así como o inicio das obras da nova residencia da entidade social. A futura residencia da asociación constrúese nun terreo cedido […]

Asinado o préstemo de 2,5 millóns para mellorar a accesibilidade urbana e rural

O Concello de Pontevedra pechou esta mañá o acordo con Abanca para a financiación do crédito do ano 2017 por valor de 2,5 millóns de euros, coa sinatura do alcalde e os representantes da entidade bancaria, ante o secretario municipal e os responsables da Intervención municipal. O crédito asinado ten as seguintes condicións: Euribor a […]

Recta final das obras de mellora da mobilidade peonil na rúa Alexandre Bóeveda

As obras de renovación do pavimento do aparcadoiro do Recintro Feiral e de mellora na accesibilidade e mobilidade peonil que se están a facer na rúa Alexandre Bóveda encaran a recta final. Ata alí achegouse hoxe o alcalde Miguel Fernández Lores, acompañado polos concelleiros de Obras e Mobilidade, Demetrio Gómez e Educación, Carme Fouces. “Estamos […]

O concello de Cangas elabora unha guía de consumo para este nadal,  botalle un ollo!

O Concello de Cangas pon en marcha unha campaña a través das redes sociais sobre recomendacións de boas prácticas para o consumo no Nadal. Nestas épocas festivas adóitase gastar por riba do que se fai normalmente, polo que se aconsella levar a cabo compras responsables e sostibles. Cada día, irase subindo no Facebook e no […]

O Pontillón está ao 100% e abastece dende onte aos concellos da ría

As intensas chuvias traídas pola borrasca “Ana” elevou de xeito substancial o caudal do río Lérez e mantén ao 100% o nivel de ocupación da presa do Pontillón, que dende este domingo subministra auga aos concellos da ría. Como explicou o portavoz do Goberno local e concelleiro do Ciclo de Auga, Raimundo González, tirar do […]

Os servizos de emerxencia municipais atenderon 150 chamadas por incidencias do temporal en 24 horas

Os servizos de emerxencia municipais en alerta pola chegada da borrasca “Ana” atenderon en pouco máis de 24 horas máis de 150 chamadas por incidencias vencelladas ao que foi o primeiro gran temporal de chuvia e vento do outono e “tiveron 52 intervencións directas, resoltas todas” destacou hoxe a modo de balance o portavoz do […]

O Fondo Galego cofinancia tres proxectos de ONGD en Guinea-Bissau e Centroamérica

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cofinanciará cun total de 136.603 euros tres proxectos de ONGD galegas en Guinea-Bissau, Guatemala e Honduras. A Asemblea Xeral da asociación de concellos e deputacións resolveu esta mañá a convocatoria de subvencións, á que se presentaron 17 propostas de 16 entidades. A xuntanza contou tamén coa presenza dunha […]

Limpeza xeral na rúa das Fragas, en Valdecorvos

A Concellaría de Servizos continúa nestes días coas limpezas xerais en distintos barrios da cidade. Nesta ocasión na rúa das Fragas, no barrio de Valdecorvos. Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada do xoves. Nas rúas nas que se precise prohibir o estacionamento, colocaranse valados con esta indicación durante a xornada do mércores. […]

Boa sintonía nos primeiros contactos do Concello coas Claritas polo mosteiro de Pontevedra

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores informou esta mañá que o pasado xoves mantivo unha reunión coa madre superiora do convento das Clarisas en Santiago de Compostela para falar do futuro do mosteiro de Pontevedra, pechado dende hai uns meses. Destacou o bo clima da reunión e a coincidencia de ambas partes en […]

Obxectivo, mellorar a mobilidade na contorna do IES Torrente Ballester

A Xunta de Goberno local deu hoxe luz verde á contratación da obra de mellora da mobilidade e seguranza peonil na contorna do IES Torrente Ballestar. O portavoz do Goberno local e concelleiro responsábel de Contratación, Raimundo González, informou que o proxecto sae a licitación por un importe de 241.349,90 euros e que a obra […]

O Concello reforza os seus servizos de emerxencia pola chegada mañá dun temporal (Ana) de chuvia e vento

O Concello de Pontevedra ten en alerta os seus servizos de emerxencias en previsión da chegada mañá, domingo, dun forte temporal de chuvias e vento -agárdanse rachas de ata 120 km/h- que afectará a toda Galiza e de xeito especial as Rías Baixas na tarde e noite de mañá. A Axencia estatal de meteoroloxía outórgalle […]

Nadalear en Pontevedra

Xogos, música, teatro, actividades lúdicas, citas deportivas e tamén unha decidida e actualizada aposta polo comercio local integran o programa de Nadal do Concello de Pontevedra. Baixo a marca “Nadalea en Pontevedra” ponse en marha un amplo programa de actividades “variado, para todas as idades e as máis de balde e as que son de […]

Cinco empresas optan ao contrato dos composteiros individuais

A aposta pola compostaxe segue adiante. Hoxe reuniuse a mesa de contratación para a adxudicación do subministro de composteiros individuais co fin de abrir as plicas das ofertas presentadas. Son cinco as empresas interesadas en facerse co contrato, segundo informa o concelleiro de Economía e responsábel de Contratación, Raimundo González: Vermican Plastic Omnium Alqui.envas UTE […]

O comercio local da man do modelo Pontevedra

O alcalde Miguel Fernández Lores asinou hoxe cos presidentes da Asociación da pequena e mediana empresa (Aempe), José María Corujo e de CCU-Zona Monumental, Miguel Lago os convenios de apoio e colaboración a prol do comercio local, sector básico nunha cidade de servizos como Pontevedra. Nas sucesivas sinaturas estivo acompañado da concelleira de Promoción Económica […]

A Comisión de Urbanismo coñece as modificacións da ordenanza de veladores

A concelleira de Urbanismo, Anabel Gulías entregou esta mañá aos grupos municipais o borrador da modificación da ordenanza de veladores, incluído na comisión como punto fóra da orde do día, para que o estuden e fagan suxestións. O propósito é que este texto normativo sexa debatido na vindeira comisión -ou en reunións puntuais-, e levalo […]

Raimundo González: “Aínda temos marxe suficiente”, sobre o estado do Lérez

O caudal do río Lérez é, nestes momentos, duns 4,3 metros cúbicos/segundo, segundo explicou esta mañá o concelleiro responsábel do Ciclo da Auga, Raimundo González que indicou que, ante a avaría do aforador do Lérez, son as estimacións que fai a empresa concesionaria, Viaqua, en función da altura do Lérez e do estado das bombas […]

Un orzamento de 75 millóns, fortemente inversor, con gran contido social e que prioriza as parroquias

A Xunta de Goberno Local aprobou na mañá de onte o proxecto de orzamentos 2018 que comezará a debatirse cos grupos políticos municipais mañá mesmo, nunha primeira comisión na que se presentará o borrador definitivo. O concelleiro de Economía, Raimundo González explicou esta mañá que o orzamento ascende a 75.180.000 euros, é dicir, un 3,15% […]

Aprobada a creación de catro prazas de técnicos para o despregue do programa de compostaxe

A Xunta de Goberno Local aprobou a mañá de onte o proceso para a creación de catro postos de traballo para o programa da compostaxe no Concello de Pontevedra que permitirá a contratación de técnicos encargados de supervisar todo o despregue do programa da compostaxe no concello, seguindo tres modalidades: composteiros individuais, composteiros colectivos e […]

Un skatepark no campus válido para eventos internacionais

Os traballos para a construción do futuro skatepark no campus da Xunqueira avanzan, segundo explicou hoxe o concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña. Por unha banda, os servizos xurídicos da Universidade estudan a mellor fórmula para ceder ao Concello a parcela na que vai a ir a infraestrutura; por outra, os contactos técnicos municipais, skaters de […]

Os premios de Comunicación Turística Terras de Pontevedra xa ten gañadores

A concelleira de Promoción da cidade e representante do Concello de Pontevedra na Mancomunidade Terras de Pontevedra, Anabel Gulías entregou hoxe os premios do 1ª concurso de Comunicación Turística Terras de Pontevedra, un certame ao que concorreron 73 traballos. Os gañadores foron Pedro Tizón Otero (modalidade de microvídeos) e Isaac Gulías, en representación de 1º […]

Unha xincana infantil pola Illa do Covo permitirá coñecer toda a súa riqueza artística e natural

Pontevedra ten en marcha o primeiro proxecto financiado polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) concedidos á Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) presentada por Pontevedra e aprobada o pasado ano. Trátase dunha Xincana infantil pola Illa do Covo, elaborada pola Concellaría de Turismo, que pretende pór en valor os recursos patrimoniais e […]

Condolencias polo falecemento de Manuel Moldes

O Concello de Pontevedra expresa publicamente o seu pesar polo falecemento do pintor Manuel Moldes, protagonista e referente indiscutible da vida pública e cultural de Galiza, e especialmente da cidade de Pontevedra, onde desenvolveu toda a súa vida profesional e persoal. Referente da arte contemporánea galega das últimas décadas, vinculado ao movemento artístico Atlántico, Manuel […]

Asinado o convenio Concello-Deputación que garante o novo acceso a Monte Porreiro

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores e a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva asinaron hoxe o convenio de colaboración para a construción da nova estrada de acceso a Monte Porreiro. Xunto a eles estivo o concelleiro de Infraestruturas e vicepresidente provincial, César Mosquera. O novo acceso ao barrio de Monte Porreiro suporá un […]

Pontevedra e O Salón, na Feira Internacional de Literatura Infantil e Xuvenil de Cidade de México

A concelleira de Cultura, Carme Fouces falará de Pontevedra na FILIJ 2017 e manterá reunións de traballo para coordinar o programa e a delegación mexicana que virá á cidade As relacións do Concello de Pontevedra coa FILIJ foron iniciadas pola concelleira Anabel Gulias e o alcalde Miguel Fernández Lores durante a pasada misión oficial ao […]

Lores: “A viaxe a Corea traerá retornos á cidade, especialmente, turísticos”

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores fixo esta mañá unha valoración moi positiva da viaxe institucional realizada á Corea do Sur, á localidade de Jeonju, da que “confiamos que traia retornos de todo tipo, especialmente de carácter turístico”, aseguraba. Explicou que Corea do Sur é unha potencia emerxente “cunha capacidade económica evidente”, e […]

Avanzamos na rede municipal de instalacións deportivas: campo de fútbol de Gatomorto

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe a adxudicación de obra do campo de fútbol de herba sintética de Gatomorto (Santa María de Xeve) á empresa COVSA por 85.279,19 euros. O Concello da así un paso adiante no plan municipal de renovación e ampliación da rede de infraestruturas deportivas que inclúe ata cinco campos: ademais […]

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo para a primeira fase da construción da intermodal de Pontevedra, que suporá un investimento de 4 millóns de euros

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar a redacción do proxecto construtivo para a primeira fase da construción da intermodal de Pontevedra, formada polas actuais terminais de autobús e ferroviaria. O contrato foi adxudicado á empresa Eptisa Servicios de Ingeniería S.L por un presuposto de máis de 73.000 euros e ten un prazo […]

Nova superficie de xogo no Pavillón Municipal de Deportes

Os traballos para a instalación do pavimento deportivo sintético no Pavillón Municipal de Deportes están en marcha. Comezaron a pasada tarde-noite e continuarán o próximo luns en xornada intensiva (mañá e tarde). O novo pavimento homologará a superficie de xogo as esixencias das competicións de máis alto nivel. A obra foi adxudicada á empresa Galitec […]

O Puntazo enfronta a recta final do ano con actividades centradas no turismo e o marketing

Pontevedra ten un Puntazo enfronta a recta final da súa programación anual con varias actividades centradas no turismo e o marketing para as industrias culturais, segundo adiantou hoxe a concelleira de Promoción Económica e da Cidade, Anabel Gulías. Falamos, sinalou a concelleira, dun roteiro especial Cunca e Nécora para as empresas que forman parte do […]

A reforma do campo da festa e contorna de San Cibrán completa o núcleo de centralidade de Tomeza

Primeiro presentouse o proxecto do campo de Casaldorío, após o arranxo da contorna da novo Local social de Lusquiños (antiga escola), a continuación o do aparcadoiro de San Pedro e arredores e hoxe o concelleiro delegado de Tomeza, Alberto Oubiña deu a coñecer o proxecto que acabará de reformular o núcleo de centralidade da parroquia: […]

“Queremos que Jeonju se pareza á mellor cidade do mundo: Pontevedra”, alcalde de Jeonju, SeungSu Kim

“Queremos que Jeonju se pareza á mellor cidade do mundo, que neste momento é Pontevedra”, asegurou o alcalde de Jeonju, SeungSu Kim durante a comparecencia de prensa que realizou esta mañá ante os medios de comunicación locais na cidade coreana. Neste encontro mediático tamén participou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o […]

Está aquí Pontedetapas 2017

Un total de 52 establecementos participarán dende este xoves 2 ata o domingo 19 de novembro na décima edición de Pontedetapas. Serán 18 días (con tres fins de semana completas) nos que degustar o mellor da nosa gastronomía local en pequenos bocados. Este ano competirán no certame 35 tapas tradicionais, 23 tapas creativas e 6 […]