A Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña chama á participación masiva na manifestación deste xoves

A Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña vén de facer un chamamento a todas as veciñas e veciños da comarca para que participen na manifestación convocada para este xoves, 1 de marzo, en rexeitamento á Lei de Saúde do PP. A marcha sairá ás 20h dende o Hospital da Costa e rematará diante […]

O sector de ambulancias reclama a implicación da Xunta para que se negocie o convenio colectivo

Delegados e delegadas do sector de transporte sanitario concentráronse esta mañá diante do Sergas para reclamar a negociación do convenio colectivo, caducado desde hai dous anos, e en demanda de que a Xunta aclare se aceptou a renuncia das contratas que as empresas concesionarias solicitaron; se eses lotes se van sacar de novo a concurso […]

Nova xornada de mobilizacións en defensa da área sanitaria da Mariña

Este mércores, traballadoras/es da sanidade e usuarios/as volveron mobilizarse no Hospital da Costa e nos centros sanitarios da comarca da Mariña para esixir a retirada do anteproxecto de lei “que pretende borrarnos do mapa como área sanitaria”. Durante as protestas, a xunta de persoal volveu reclamar a capacidade de xestionar dende a comarca tanto os […]

Traballadores/as e usuarios/as inician as mobilizacións en defensa da área sanitaria da Mariña

Traballadoras e traballadores da sanidade xunto con veciñas e veciños da comarca, participaron este mediodía nas concentracións convocadas pola Xunta de Persoal en rexeitamento á reforma da Lei de Saúde formulada pola Consellaría que suporá, entre outras cuestións, a supresión da Área Sanitaria da Mariña. As protestas desenvolvéronse ao mediodía na entrada ao Hospital da […]

Supresión das áreas sanitarias: Dille non aos plans do PP!

A Xunta vén de presentar un anteproxecto de modificación da Lei de Saúde que suprime as áreas do Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés, afastando así os servizos sanitarios das persoas. Até o 17 de agosto, o documento está aberto a suxestións no Portal da Transparencia. Dende a CIG convidámoste a que lle fagas […]

Presentan alegacións ao decreto “que deixa na periferia e na indefensión o/a doente”

A CIG-Saúde vén de presentar alegacións ao anteproxecto de modificación da Lei de Saúde de Galiza que, entre outras cuestións, contempla a supresión das áreas sanitarias do Salnés, A Mariña, Monforte e O Barco. A Federación da CIG solicita a paralización inmediata deste decreto e que o documento regrese á Mesa Sectorial como punto da […]

A Xunta de Persoal do 061 demanda o desbloqueo de cuestións laborais como o seu tralado á Estrada

A Xunta de Persoal do 061 concentrouse esta mañá diante da consellaría de Sanidade, en Compostela, en protesta polo bloqueo de diferentes cuestións laborais. Xunto a isto, o seu presidente, Mario Otero, explicou que tamén reclaman do conselleiro “que empece a exercer como tal e que coordine os diferentes departamentos que administra”. Otero lembrou que […]

Sindicatos da sanidade reclámanlle á Consellaría a recuperación de todos os acordos retributivos

Coa chegada do PP ao goberno da Xunta, alá polo ano 2009, e coincidindo co inicio da crise, o persoal do Sergas viu suspendidos todos os acordos retributivos que permitirían a equiparación das súas condicións salariais ás do persoal dos sistemas de saúde do resto do Estado. Este mércores concentráronse diante da Consellaría de Sanidade […]

Denuncian a “dantesca” situación das Urxencias do CHUS con 470 doentes durante a fin de semana

CIG-Saúde de Compostela vén de denunciar que, lonxe de solucionarse o colapso das Urxencias do Hospital Clínico de Compostela, a situación durante esta fin de semana, que cualifica como “dantesca”, non fixo máis que empeorar e continuaba á altura das 14:00 horas deste luns, con doentes ateigando os corredores. Asegura que entre o venres e […]