🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Os sucesos no servizo de saúde mental de Conxo son consecuencia dos recortes do PP na sanidade pública

A portavoz de Sanidade, Montse Prado, levou ao Parlamento os feitos acontecidos no servizo de saúde mental do centro hospitalario de Conxo saldados co falecemento dun doente e cunha agresión sexual que, para o BNG, son consecuencia dos recortes aplicados polo PP na sanidade pública. “Son feitos de enorme gravidade que poñen ao PP, ao […]

En Marea ante o grave caso denunciado da morte dunha paciente nos corredores de urxencias

En Marea ante o grave caso denunciado da morte dunha paciente nos corredores de urxencias no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) por dous sindicatos ante a Fiscalía, que se suman á situación de Conxo tamén denunciada polos profesionais ou ao colapso case permanente das Urxencias de Ourense entre outras cuestións, evidencian que os recortes […]

Sanidade terá que dar explicacións urxentes polos graves feitos ocorridos no hospital de Conxo

O suicidio dunha persoa ingresada, así como a agresión sexual a outra doente, son feitos moi graves aos que esiximos unha inmediata resposta por parte dos responsábeis da Consellaría de Sanidade. O BNG solicita a comparecencia urxente do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, no Parlamento galego e a apertura dunha investigación inmediata por parte […]

En Marea fai un chamamento á reflexión por parte da Xunta para acabar cos recortes que están a afectar seriamente a sáude e a propia vida

A realidade unha vez máis deixa en evidencia que a política de recortes do Goberno de Núñez Feijóo está a acabar coa saúde da xente, e desgraciadamente en ocasións coa propia vida.  En Marea ante o grave caso denunciado hoxe da morte dunha paciente nos corredores de urxencias no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) […]

En Marea esixe a comparecencia do Conselleiro de Sanidade para dar conta dos feitos denunciados en Conxo

En Marea rexistrou hoxe unha petición conxunta co resto de grupos da oposición solicitando a comparecencia urxente do Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, en relación a grave situación que se está a dar no Hospital Médico Cirúrxico de Conxo. Nos últimos meses se teñen producido episodios gravísimos como é o suicidio unha paciente na Unidade […]