A constante perda de poboación activa ameaza o mercado laboral galego: 16.300 persoas menos no último trimestre de 2017

A perda de poboación activa segue a ameazar o mercado laboral galega, até o punto de terse convertido nos últimos anos nun dos seus principais problemas. Os datos da EPA publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística amosan que esta tendencia non fixo máis que aumentar no último trimestre de 2017 agravouse este problema: en […]

A Xunta apoia un programa integrado de emprego para mellorar as oportunidades laborais de 85 persoas xordas

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, asistiu hoxe en Pontevedra á clausura do programa integrado de emprego, que desenvolve a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia e Santiago (FAXPG), co apoio da Xunta, e á presentación dun […]

A Xunta destina 16 millóns de euros para impulsar o inicio da actividade a máis de 4.000 autónomos e a contratación indefinida de traballadores

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello a aprobación dunha achega de 16 millóns de euros para impulsar o inicio da actividade de máis de 4.000 autónomos e a contratación indefinida do primeiro, segundo e terceiro traballador. Máis polo miúdo, Feijóo precisou que o primeiro dos programas, […]

A Xunta avalía en Vigo os resultados e oportunidades do polo tecnolóxico e industrial de vehículos non tripulados en Galicia

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, presentou esta mañá en Vigo, ante o sector aeronáutico galego asistente á xornada técnica Presente e futuro da Tecnoloxía UAVs: procesos de fabricación, os resultados acadados ata agora pola Civil UAVs Initiative, o programa para desenvolver un Polo tecnolóxico e Industrial arredor dos vehículos non tripulados […]

Conde salienta en Vigo o papel dos emprendedores na consolidación económica de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou onte en Vigo, durante a entrega dos Premios AJE Vigo 2017, o papel dos emprendedores na consolidación económica de Galicia. O conselleiro sinalou que Vigo é unha terra de emprendedores e destacou tanto o talento de todos os candidatos aos galardóns como a internacionalización e […]

Consumo activa unha nova campaña para reforzar o control de xoguetes e outros produtos de cara ás compras de Nadal

O Instituto Galego de Consumo (IGC), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ten en marcha unha nova edición da campaña Infonadal Consumo, que ten por obxectivo garantir a seguridade dos produtos e protexer os dereitos dos consumidores de cara ás compras de Nadal. A través desta iniciativa, refórzanse as actuacións de control do […]

A Xunta contrata a 50 técnicos para reforzar o servizo de orientación laboral e mellorar as oportunidades dos desempregados

A Xunta de Galicia reforza o servizo galego de orientación laboral na provincia a través da contratación de 50 técnicos que axudarán ás persoas sen emprego a mellorar as súas oportunidades laborais, co obxectivo de que poidan insertarse no mercado de traballo o antes posible e nunhas condicións axeitadas ao seu perfil profesional. En concreto, […]

A Xunta xa concedeu apoios a máis de 3.500 fogares galegos para a mellora de cociñas e baños a través do programa Reforma17

O director do Igape, Juan Cividanes, salientou esta semana en Ames, durante unha visita á empresa Segundo Rey, que a Xunta leva apoiado este ano obras de mellora en cociñas e baños de 3.500 fogares galegos, ao abeiro do programa Reforma 17. A iniciativa, da que está a piques de pecharse a resolución da convocatoria, […]

A Xunta apoia a contratación de 252 desempregados menores de 30 anos en 165 entidades sen ánimo de lucro

A Xunta inviste 3 millóns de euros para apoiar a 165 entidades sen ánimo de lucro na contratación de 252 desempregados menores de 30 anos co obxectivo de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que lles facilite a súa inserción no mercado de traballo. As axudas, que vén de resolver a Consellería de Economía, Emprego […]

A Xunta adxudica a ampliación do Ifevi por 3,2 millóns de euros á construtora San José

A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de adxudicar o contrato para a execución das obras de ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) á empresa Constructora San José por preto de 3,25 millóns de euros. Este contrato, ao que se presentaron 17 empresas, responde ao acordo de colaboración […]

Conde sinala en Arbo que a Lei de implantación empresarial que hoxe entra en vigor impulsará os parques industriais da Comunidade

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou, durante a visita que realizou ao parque industrial de Arbo no día de onte, que a Lei de implantación empresarial que hoxe entra en vigor -tras a súa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia- permitirá impulsar os polígonos da comunidade. Conde referiuse á aposta que o […]

A Xunta destina máis de 4 M€ a apoiar os proxectos de internacionalización de 175 empresas cara a máis de cen mercados

A Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsa, a través do programa Galicia Exporta Empresas, os proxectos de internacionalización de 175 compañías que apostan por consolidar ou iniciar exportacións cara a máis dun cento de mercados exteriores. Este programa, destinado ás pemes e por primeira vez tamén aos autónomos, contempla axudas do 70% do investimento […]

O obradoiro de emprego Vigo Capacita IV formará 20 desempregados durante os vindeiros nove meses

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse hoxe ata o Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valadares para saudar aos alumnos que iniciaron a súa formación no Vigo Capacita IV, o obradoiro de emprego posto en marcha pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. O Goberno galego destina a este taller, no que […]

A Xunta destina máis de 800.000 euros a accións para o fomento da contratación no concello do O Porriño

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, destinou máis de 800.000 euros ao Concello do Porriño para distintas accións de fomento da contratación nos últimos dous anos. O municipio pontevedrés beneficiouse así das distintas liñas de subvencións activadas polo Goberno galego para promover a empregabilidade, tales como accións formativas […]

A Xunta fomenta o uso de enerxías renovables con 500 proxectos para particulares, empresas, administracións e sector primario

A Xunta consolida a súa aposta polas enerxías renovables e o seu compromiso de impulsar a eficiencia enerxética coa resolución das convocatorias tanto de enerxías renovables destinada a particulares, empresas e administracións, como a dirixida ao sector primario. En total, desenvolveranse 517 proxectos, cun investimento de 3 millóns de euros. A posta en marcha destas […]

A Xunta impulsa con 184.000 euros melloras nas infraestruturas de 3 parques empresariais da comarca de Pontevedra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou hoxe que a Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou apoios por preto de 184.000 euros para 3 parques empresariais da comarca de Pontevedra co obxectivo de mellorar o servizo que se presta ás compañías xa instaladas, contribuíndo ademais ao impulso da súa […]

A Xunta sinala que a decisión sobre Ferroatlántica velará sempre polo mantemento da actividade industrial

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro cos alcaldes da Costa da Morte, dentro do compromiso de diálogo permanente e máxima transparencia durante a tramitación administrativa da solicitude presentada por Ferroatlántica. Na reunión, Núñez Feijóo trasladoulles aos rexedores que a Xunta […]

Galicia recibe 145,8 millóns de euros, un 6,2% máis que en 2016, para mellorar as oportunidades laborais dos desempregados

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Madrid na LXIV Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais, onde, entre outros asuntos, abordouse a distribución dos fondos por comunidades autónomas en políticas activas de emprego para este ano. Así, Galicia recibirá 145,8 millóns de euros, un 6,2% máis que en 2016, […]

Galicia contará co primeiro parque experimental de I+D+i en España que permitirá o autoconsumo industrial a través da enerxía eólica

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse a pasada mañá de onte co presidente e co director de Renovables do Grupo Norvento, Pablo Fernández Castro e Iván Nogueiras Pérez, respectivamente, para coñecer o primeiro parque experimental de I+D+i en España vinculado á enerxía eólica e que esta empresa ten previsto construír no […]

Conde destaca que a formación é a base para xerar emprego de calidade e dar resposta a un mercado cada vez máis competitivo Escoitar

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, clausurou esta mañá o obradoiro de emprego Arteixo pola capacitación xuvenil, un curso no que, durante 6 meses, un total de 15 mozos e mozas recibiron a formación e cualificación necesaria para traballar na especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Conde destacou […]

A Xunta destaca a importancia de achegar o valor patrimonial e económico da artesanía á sociedade Escoitar

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, visitaron esta mañá o obradoiro de carpintería de ribeira de Francisco Fra Rico e o XIV Encontro de palilleiras que se están realizando no concello de Cervo, dentro do programa […]

Conde destaca que o Congreso Internacional de Drons é unha oportunidade para avanzar no desenvolvemento deste sector

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou esta mañá o I Congreso Internacional de Drons que desde hoxe e ata o domingo se celebra en Expourense e agradeceu á Asociación e ao Colexio Oficial de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións a súa iniciativa de organizar este evento sobre un sector con […]

A Xunta mobiliza 3,7 millóns de euros para proporcionar liquidez e estabilidade financeira a 81 explotacións leiteiras

A Xunta de Galicia mobilizou o pasado ano financiamento por 3.721.000 euros na provincia de Lugo a través de dous programas destinados a proporcionar liquidez e estabilidade financeira ás explotacións leiteiras e ao sector. En Lugo resultaron beneficiadas 81 explotacións, que recibiron distintos apoios para o refinanciamento de préstamos ou o financiamento do activo corrente. […]

Balseiro afirma que a Xunta impulsa o asociacionismo do comercio local para “que siga sendo motor económico e social das nosas vilas”

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, destacou hoxe que a Xunta impulsa o asociacionismo para potenciar o comercio de proximidade co fin de que este “siga sendo motor económico e social das nosas vilas e cidades”. O delegado afirmou que o comercio local ten un evidente peso económico, sendo un dos principais xeradores […]