Caos na sanidade viguesa: pacientes sen comer tras a apertura de camas pola gripe

A actual vaga de gripe está a poñer ao descuberto unha vez máis a falta de previsión do Sergas no que respecta á xestión da sanidade pública. Neste caso, a repentina apertura dun importante número de camas que se atopaban pechadas no hospital Meixoeiro para acoller os novos ingresos fixo que moitos pacientes quedasen sen […]

A CIG lamenta que a Fiscalía desista de investigar as irregularidades no transporte sanitario do CHUAC

O transporte sanitario non urxente para as áreas da Coruña e Cee (prestado pola UTE Servizos Sanitarios da Coruña e Ambuibérica) está marcado polos incumprimentos do contrato co SERGAS: menos vehículos dos estipulados, UVIs móbiles sen dotación de persoal e mesmo  realización de servizos privados con ambulancias destinadas aos hospitais públicos. Malia recoñecer estas irregularidades […]

Denuncia na Fiscalía para que investigue as irregularidades no transporte sanitario non urxente

UVIs móbiles sen persoal asignado, vehículos sanitarios parados nunha nave ou servizos privados realizados con ambulancias destinadas ao servizo dos hospitais públicos son algunhas das irregularidades que esta mañá a CIG puxo en coñecemento da Fiscalía para que abra investigación sobre o que está a acontecer no concerto do transporte sanitario non urxente da EOXI […]

O Plan Estratéxico Galego de Saúde Mental 2017-2020 estruturará as actuacións dos profesionais e organizará os recursos de xeito eficiente

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, afirmou onte que nos próximos meses se elaborará o Plan Estratéxico Galego de Saúde Mental 2017-2020, un documento que estruturará as actuacións dos profesionais e permitirá organizar os recursos de xeito eficiente. Este texto centrarase en colectivos específicos de persoas e problemas e recollerá liñas como a implantación […]

O Hospital Meixoeiro pasará por quirófano

O Sergas e a empresa adxudicataria do cambio das cubertas no Hospital do Meixoeiro chegaron a un acordo para que a obra se realice durante os meses de verán, en lugar iniciarse o vindeiro luns, data inicialmente prevista cando se produciu a adxudicación do contrato. O motivo non é outro que realizar os traballos nunhas […]

O Sergas inicia unha nova etapa coa renovación de catro xerentes para afrontar os novos retos da sanidade pública

O Servizo Galego de Saúde está a iniciar unha nova etapa nesta lexislatura, para o que está a acometer un proceso de renovación nalgunhas das súas Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXIs) coa fin de adaptalas aos  novos retos que a Sanidade ten por diante nos próximos anos. O obxectivo é impulsar a innovación na […]

Carta íntegra dos médicos do CHUVI ao Sergas: “Atopámonos nunha situación límite”

Carta dos facultativos do Complexo hospitalario de Vigo ao conselleiro Vázquez Almuiña e ao xerente da área, Félix Rubial: “Os abaixo asinantes todos facultativos do servizo de urxencias do CHUVI ATOPÁMONOS nunha situación límite tanto profesionalmente como animicamente. A sobrecarga laboral cada vez é maior, incrementándose dunha maneira notable a incidencia de patoloxías máis complexas […]

Denuncian “sectarismo nos correos corporativos da EOXI de Vigo”

CIG-Saúde denuncia que o pasado mércores 1 de febreiro recibiron polo correo corporativo do EOXI de Vigo un correo con propaganda de contido relixioso concretamente católico, no correo viña anunciando un acto que contiña diversos enlaces, un deles á páxina da Conferencia Episcopal. Desde o sindicato se preguntan se o correo corporativo do SERGAS é […]

Para neve artificial si, para máis recursos sanitarios non

Fai catro días noticiasvigo informaba que a finais da semana pasada os profesionais e as profesionais da área sanitaria de Vigo recibiron un correo electrónico no que rezaba: Asunto: Camión de neve no CHUVI A xerencia de EOXI promove unha activade lúdica para os fillos dos traballadores. Haberá un camión de neve para que os nenos […]

Denuncian que o cambio de concesión na cociña do Chuvi responde a intereses electoralistas do PP

A CIG-Servizos denuncia que o cambio que se vén de pruducir na empresa concesionaria do servizo de cociña do Chuvi (Hospitais Álvaro Cunqueiro, Meixoeiro e Nicolás Peña) responde a intereses electoralistas do Partido Popular. A central sostén que os problemas coa comida son resultado da mala xestión e reclama un cambio no sistema de refrixeración, […]

CIG-Saúde considera un “despropósito” a integración funcional da resonancia de Galaria no servizo de radioloxía do CHUVI

CIG-Saúde considera que a pretensión da consellaría de Sanidade de proceder á integración funcional da resonancia de Galaria no servizo de radioloxía do CHUVI é “un despropósito”. Entende ademais que deste xeito, Sanidade “reiventa as súas fórmulas de xestión” co obxectivo de “manter estes chiringuitos” e “aos seus acólitos con contratos de alta dirección”· María […]