🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O Partido Popular mosense anuncia un orzamento para 2018 máis alto que o do 2017

O Partido Popular mosense ven presentar e aununciar un orzamento para 2018 máis alto que o do 2017, pero cala que isto é grazas sobre todo a un crédito bancario de 358.431,02€ que así o ven de manifestar o grupo municipal GañaMOS, aumentan o orzamento a base de endeudarnos máis non grazas a unha boa xestión da […]

En Marea presenta varias iniciativas no Congreso para mellorar a seguirdade vial en Mos

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, mantivo este xoves unha xunta con representantes de GañaMos para abordar toda a problemática que padece o municipio de Mos que está atravesado por varias infraestruturas viarias estatais que causan un enorme impacto tanto acústico como na seguridade vial dos habitantes da zona. A A-55 entre Vigo […]

Moción para mellorar a distribución das subvencións municipais ao alumnado usuario dos comedores escolares dos CEIP de Mos

Según informes do propio goberno municipal a través da súa concellería competente en educación nos confirman que reiteradamente a inversión social efectiva para subvencións de comedores escolares apenas alcanza o 30% do comprometido na partida do orzamento municipal anual. Aprioristicamente podría parecer anómalo que esta partida xa exigua de inicio, aproximadamente 6.000€ para 1.200 alumnos […]

Descenso do paro en Mos? Outro engano do goberno da Sra. Arévalo para GañaMos

De novo o goberno da sra. Arévalo nos minte descaradamente, sen vergoña algunha manipulan a información para alardear dunha reducción do paro no noso concello, denuncian desde o grupo municipal GañaMos. Se gaban de acadar 113 parados menos cando a realidade é que a poboación activa baixou neste ano de 9.071 en xaneiro a 8.911 […]

GañaMOS tilda de malas prácticas do PP de Mos co novo CIM

Sentímonos moi satisfeitos ca apertura do Centro de Información á Muller pois consideramos necesario un espazo que impulse a igualdade entre mulleres e homes, un centro que ofreza asesoramento xurídico, atención psicolóxica ás mulleres víctimas de maltrato, así como prevención da violencia machista no Concello de Mos, manifestan desde GañaMOS. Pero a diferenza de nós […]

O informe da Interventora municipal desminte os millóns en facturas sen recoñecer que se inventa GañaMos

Un informe da Interventora municipal demostra que non exisen facturas “no caixón”, como afirman dende o grupo municipal de GañaMos. As únicas facturas que quedaban pendentes de recoñecer, e que ascendían a 425.226,92 euros, aboaranse durante os próximos meses con cargo ao Remanente de Tesourería positivo de 452.135,13 euros -resultante da liquidación do orzamento do […]

Os expedientes de Urbanismo siguen en Mos un escrupuloso protocolo de actuación marcado pola normativa vixente

O departamento municipal de Urbanismo do Concello de Mos é un dos que conta cunha actividade máis vertixinosa, recibindo máis de 12.000 Rexistros de Entrada anuais e atendendo a unhas 50 persoas ó día. Grazas ao seu traballo Mos conta co Plan Xeral aprobado definitivamente. O número total de expedientes de Urbanismo e Medio Ambiente […]

Visita da Senadora Vanesa Angustias de En Marea a Mos

A visita da Senadora Vanesa Angustias de En Marea a Mos convidada polo grupo municipal GañaMos, visitou o municipio para recabar as necesidades urxentes da vila para que están sexan incluidas nos orzamentos estáis deste ano. Unha das emendas presentadas por GañaMos foi a adecuación do perigoso cruce da saida da AP-9 en Puxeiros e […]

A Economía ecolóxica e sostible

A Asociación Territorio Cultural A Louriña no Pazo de Mos realizara unha charla sobre “A Economía ecolóxica e sostible” o mércores 22 ás 20h. A charla correrá a cargo de Xavier Simón do GI Economía ecolóxica e agro economía da Universidade de Vigo. GañaMOS aproveitara o convite para explicar a sua moción presentada para o […]

Contestación de GañaMos a Sra. Arévalo en referencia ao aproveitamento das instalacións do antigo hospital psiquiátrico do Rebullón

Desde GañaMOS non alcanzan a entender por qué a sra. Arévalo se revolve contra a proposta grupo mosense do aproveitamento das instalacións do antigo hospital psiquiátrico do Rebullón coa finalidade de cubrir as carencias en atención sociosanitaria de Mos, cando ela mesma e o seu grupo apoiaron na sesión plenaria de xuño 2016 a sua iniciativa, […]

Rexístrase o grupo político metropolitano “MAREA METROPOLITANA”

O Grupo acordou un funcionamento interno onde a portavocía será repartida entre, no primeiro tramo da lexislatura, Rubén Pérez Correa, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, e no segundo tramo, Francisco Vázquez Troitiño, concelleiro de Gañamos Alternativa Veciñal, pero, coa excepción de que as intervencións nos plenos da Área se decidirán baixo un […]

GañaMOS propone al gobierno municipal una moción dunha creación dun mercado veciñal de flores, verduras e máis froita de tempada

Esta moción que presentase o grupo municipal GañaMOS baséanse en experiencias previas coma a dos mercados veciñais de verduras e froitas de outras vilas onde a veciñanza pon a venta os seus excedentes de froita ou verdura de tempada podendo así conseguir uns ingresos extras e mellorar a súa economía familiar. Esta economía de proximidade ademáis de fortalecer […]

A alcaldesa de Mos anuncia no pleno a ruptura de toda relación colaboradora do equipo de goberno con GañaMOS asamblea veciñal

A Alcaldesa de Mos anunciou públicamente no Pleno Municipal de Mos celebrado de onte que ela e os concelleiros do goberno non van colaborar en ninguna actividade cos concelleiros do grupo GañaMos. Dende GañaMos queremos resaltar que dende que formamos parte desta corporación despois das eleccións de maio estivemos traballando arreo pola transformación deste concello […]