Por qué son agora máis mortíferos os lumes en Pontevedra?

Segundo a información recopilada nas hemerotecas (que podería ser incompleta), nos últimos 34 anos en Galicia morreron 27 persoas a causa dos incendios forestais: 9 pilotos en accidentes de aviación e 18 veciños ou brigadistas en terra: 09-09-1988: 4 mortos en accidente hidroavión en Lavacolla (C) 16-06-1996: 1 brigadista morto en Cerdedelo (Ou) 07-07-1997: 2 […]

Os produtores de eucalipto queren apoios para prevención de lumes

Onde máis eucalipto hai en Galicia, na Mariña lucense e en Ferrolterra e Ortegal, a penas hai lumes, pero se os houbese, o monte, unha masa continua de eucaliptais, convertiríase nun polvorín. Os propietarios forestais do norte galego están a tomar conciencia do perigo, tralas vagas de lumes de Galicia e Portugal, e queren impulsar […]

49.000 hectáreas cifradas oficialmente durante a vaga de lumes de outubro

A Consellería do Medio Rural vén de rematar a xeorreferenciación do territorio afectado durante a vaga de lumes de outubro na que o dispositivo de loita contra incendios forestais de Galicia tivo que facer fronte a 264 incendios durante cuxa extinción se fixo necesario priorizar a atención ás áreas de poboación que estaban sendo afectadas. […]

Serafín González: “Os lumes da provincia de Pontevedra son os máis perigosos para a vida humana”

Os incendios forestais que hai na provincia de Pontevedra, sen ser moitas veces os máis grandes, están a ser os que provocan unha maior mortalidade. Así, nos últimos 40 anos, a taxa de mortalidade de persoas falecidas por esta causa nesta provincia –excluídos os pilotos, que non teñen que ver co risco en terra- é […]

A Universidade achegará voluntariado e coñecementos para a recuperación das zonas queimadas

Máis de 80 persoas están xa anotadas na campaña de voluntariado para a recuperación das zonas queimadas tras a vaga de incendios de hai 15 días. Esta iniciativa, coordinada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais e a Escola de Enxeñaría Forestal, busca implicar á comunidade universitaria en futuras actividades encamiñadas á protección, recuperación […]

En Marea considera insuficientes as axudas da Xunta e esixe atención psicolóxica ás persoas afectadas polos lumes

O voceiro de En Marea, Luís Villares, valorou coma “claramente insuficiente” o decreto de axudas publicado pola Xunta de Galicia en relación aos lumes. En primeiro lugar, o grupo de En Marea considera imprescindible que o Goberno galego abra oficinas nos concellos máis afectados onde a xente poida informarse e recibir axuda para cubrir todos os trámites. […]

Medio cento de eurodeputadas/os responden á chamada de Lídia Senra para demandar á CE medidas contra os lumes

Máis de medio cento de deputadas e deputados no Parlamento Europeo integrantes dunha ampla variedade de partidos políticos -GUE/NGL; Verdes-ALE; S&D; ALDE e EPP- subscribiron a iniciativa lanzada pola eurodeputada galega Lídia Senra para demandar ao Comisario de Agricultura, Phil Hogan, e ao de Medio Ambiente, Karmenu Vella, a posta en marcha inmediata de medidas para facer […]

Axuda, colaboración e voluntariado na defensa dos nosos bosques e montes

Sabemos que moitas de vos queredes axudar a paliar os estragos feitos polos incendios. Neste senso, dado que son quen mellor coñece o tema, parécenos apropiado que contactedes cos colectivos ecoloxistas, concellos e Comunidades de Montes da zona cero que están organizando ese traballo, polo que pasámosvos algúns contactos de colaboración directa que esperamos sexan do voso interese. […]

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de axudas para a reparación de danos ocasionados pola vaga de lumes

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde conxunta que establece as bases reguladoras das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017. Mediante esta Orde, que prevé un […]

Pontón: “21 millons de euros non chegan para recuperar as zonas afectadas polo lume”

Na súa visita á zona afectada pola vaga de lumes no monte Cepudo de Valadares na contorna de Vigo, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón  afirmou que: “ o decreto de 21 millóns é insuficiente para facer fronte  ao desastre ambiental, social e económico” producido polos incendios  e pediu destinar “unha partida” específica nos […]

A Xunta de Persoal de Xustiza en Pontevedra critica o tratamento informativo da detención dun compañeiro en relación coa vaga de lumes

A Xunta de Persoal da Administración de Xustiza en Pontevedra vén de expresar publicamente mediante un comunicado o seu malestar polo tratamento informativo da detención dun compañeiro destinado nos Xulgados de Vigo pola súa presunta relación coa última vaga de lumes forestais. Dende a representación dos traballadores/as reclaman respecto á presunción de inocencia e denuncian […]

Denuncian desfragmentación, falta de previsión e ineficacia por parte dos responsables do deseño do operativo da loita contra os lumes en Galicia

Os responsables do Sector de Autonómica da Federación galega de empregados e empregadas dos Servizos Públicos (FeSP-UGT) e o responsable de Bombeiros Forestais denuncian desfragmentación, falta de previsión e ineficacia por parte daqueles que están ao fronte do deseño do operativo da loita contra os lumes en Galicia nesta última vaga que está a asolagar […]

Lídia Senra denuncia que a Xunta está abrindo pistas nos montes queimados sen que se saiba para que son

A eurodeputada galega Lídia Senra, acompañada pola deputada de En Marea no Parlamento Galego Alexandra Fernández, e o deputado de En Marea no Parlamento galego Davide Rodríguez, ofreceron este venres pola mañá unha rolda de prensa en Santiago para facer balance das respostas dadas pola Administración galega e estatal ante os incendios forestais acontecidos na última semana. Os tres […]

Mos reforza a política de Medio Ambiente tras os recentes incendios que devastaron 300 hectáreas no termo municipal

Tras os dramáticos incendios que asolaron o pasado domingo a Mos en particular e á provincia de Pontevedra e Galicia en xeral, o Concello mosense dende a concellería de Medio Ambiente inicia unha campaña de sensibilización, concienciación e fiscalización da limpeza de fincas; obrigatoria para os/as seus propietarios/as. Por lei os particulares propietarios/as de fincas […]

CCOO e UGT lamentan a catástrofe forestal que asola Galicia e transmiten o seu pesar ás familias das vítimas

As comisións executivas do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e de UGT-Galicia lamentan a catástrofe forestal que está a sufrir Galicia nestas últimas horas polas súas dimensións dramáticas e consecuencias humanas, económicas e ambientais.Polo momento, esta vaga de lumes que asolan Galicia dende onte xa se cobrou catro vítimas. Ambos os sindicatos transmiten o […]

Centros escolares sen clase este luns 16 de outubro por mor dos incendios forestais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria decidiu suspender as clases nun total de 10 centros educativos galegos por mor dos incendios forestais e por precaución. Velaquí a lista de centros afectados segundo os datos actualizados ás 23.59 horas do domingo 15 de outubro (haberá nova actualización de información cando haxa novidades). Concello de […]

A provincia de Pontevedra ameazada e pasto polos lumes | #ArdeGaliza

Galiza está a sufrir nas últimas horas unha elevada actividade incendiaria, con clara intencionalidade e virulencia, de forma que se rexistraron ata 80 incendios no noso país desde o día de onte. Ademais, hai incendios en Portugal que están preto da fronteira con Galiza e que obrigan aos medios da nosa comunidade a multiplicar os […]

NoticiasVigo informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata ás 13:30 h de hoxe

NoticiasVigo achega información da Consellería do Medio sobre a situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe. Activo Chandrexa de Queixa Permanece activo desde as 19,34 h. de onte o incendio no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa, que segundo novas estimacións afecta unha superficie dunhas 300 […]

La Guardia Civil detiene a tres personas sospechosas de provocar 41 incendios intencionados en Galicia

La Guardia Civil de Coruña ha detenido a tres personas como presuntas autoras de 41 incendios forestales. En el marco de la operación “Antorchas” ha sido detenido un varón de 53 años de edad en el municipio coruñés de Mesía como presunto autor de 19 delitos de incendio foresta y otros 9 delitos de incendio […]

O Comité de Coordinación Policial anti-incendios acorda intensificar a vixilancia e control nas zonas de maior actividade incendiaria

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, presidiron esta mañá en Santiago a reunión do Comité de Coordinación Policial anti-incendios. Nesta xuntanza acordouse intensificar os labores de vixilancia nas zonas de maior actividade incendiaria e fíxose tamén unha avaliación dos lumes máis virulentos dos rexistrados este […]

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelo

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos. Ás 10,54 h. desta mañá quedaba extinguido o lume rexistrado onte ás 21,51 h. no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos, que tamén afectou ao municipio veciño de Viana do […]

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 horas de hoxe

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 horas de hoxe. Laza-Camba Controlado ás 17,11 horas desta tarde o lume forestal no Concello de Laza, parroquia de Camba, que comezaba o sábado ás 20,51 horas. Segundo as últimas estimacións, afecta 75,02 hectáreas, das cales 2,82 son […]

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,45 horas de hoxe

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,45 h. de hoxe. Laza-Camba Activo un lume forestal no concello de Laza, parroquia de Camba, que comezaba onte ás 20,51 h. e que, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 70 hectáreas de monte raso. Forman parte do dispositivo […]

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 horas de hoxe

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe. Verín-Vilamaior Estabilizado o lume do concello ourensán de Verín, parroquia de Vilamaior. Este incendio comezaba ás 16,30 h. do xoves e segue evolucionando favorablemente. No seu control levan traballado 5 técnicos, 58 axentes, 104 brigadas, […]