Montse Prado: “Os Orzamentos de 2018 non atenden as necesidades do sector pesqueiro e marisqueiro”

A deputada do BNG, Montse Prado manifestou onte que  ao  contrario do discurso da Conselleira,  os orzamentos de Pesca e Marisqueo non recollen  as demandas do sector, “os seus problemas e  preocupacións. Para a deputada as contas para o 2018  manteñen moita literatura na súa memoria sobre a importancia do sector pero “non concretan accións […]

A consellería do Mar permitirá a extracción de moluscos na parte interna na ría de Pontevedra

A consellería do Mar reabrirá ao marisqueo a parte interna da ría de Pontevedra (GAL 10/08-2), catalogada como C desde o ano 1998 e que desde hoxe pasa a ser zona de produción B, tras mellorar a súa situación microbiolóxica substancialmente. Isto significa que o marisco extraído desa zona é apto para o seu consumo […]

Denuncian o abandono da vixilancia nas zonas de extracción de percebe na ría de Ferrol

A FGAMT-CIG vén de denunciar o deixamento na actuación das administracións públicas no que ten a ver coa vixilancia da zona de extracción do percebe na ría de Ferrol. A Federación denuncia que nos últimos tempos están actuando furtivos/as e que “moitas destas persoas dedícanse a outras actividades laborais e veñen actuando con total impunidade”. […]

Lídia Senra denuncia na Comisión Europea a parálise na que se atopa o saneamento integral da ría do Burgo

A eurodeputada rexistra en Bruxelas unha pregunta por escrito dirixida á CE na que lle pide explicacións pola contaminación da zona a pesar dos fondos europeos destinados supostamente a arranxar a situación. A europarlamentaria reclama que se destine algunha partida económica para lucro cesante dos mariscadores e mariscadoras mentres non se leve a cabo o […]