O BNG propón a ordenación e aproveitamento do monte como o mellor antídoto contra os lumes

O portavoz parlamentario de Agricultura, Xosé Luís Rivas, acusou á consellería de Medio Rural e ao conxunto do Goberno de Feijóo de “neglixencia, incompetencia, deixación de funcións e  fraude de lei” por ter o monte abandonando, “o que converte a seguridade das persoas e das facendas deste país nun xeito de ruleta rusa”. No debate […]

O BNG pide a dimisión da conselleira de Medio Rural polo “desprezo”aos afectados polas xeadas

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas pediu hoxe a dimisión da conselleira de Medio Rural por afirmar que “aquilo que non é asegurable, non é subvencionable” respondendo desta maneira á petición de axudas dos afectados  polas  xeadas nas zonas vitivinícolas e na produción de noz, castaña e cereal. Para o deputado, as afirmacións de […]

O BNG insta á Xunta a que deixe de actuar “polas bravas” e negocie c@s traballador@s do 112

O BNG traslada o seu apoio aos traballadores e traballadoras do 112 que, salienta a portavoz nacional, Ana Pontón,  “prestan un servizo social fundamental pois velan pola seguridade do conxunto da cidadanía pero están sendo maltratados pola Xunta cun traslado forzoso e precipitado, sen garantías de que o servizo vai funcionar na súa totalidade”. Tras […]

O BNG pide a Xunta que corrixa as deficiencias da vía Ártabra en Lorbé e a súa conexión coa A-6 e AP-9

O deputado pola Coruña Xosé Luís Rivas levou ao Parlamento as deficiencias denunciadas pola veciñanza en relación ao ultimo tramo da Vía Ártabra até Lorbé e a conexión deste último tramo coas autosetradas AP9 e A6. Entre os problemas detectados está o feito de que a apertura do tramo tapou o acceso a vías que […]

O BNG pide a xunta que defenda os produtores agrarios afectados polos plans mineiros de ERIMSA

O deputado pola Coruña Xosé Luís Rivas levou ao Parlamento os plans mineiros da empresa ERIMSA nos concellos de Frades, Mesía, Oroso e Ordes, en particular os efectos que tería na actividade agrogandeira da zona que acadase a concesión mineira que busca. Estes municipios suman unha superficie agraria de 6.721Has que sustentan preto de 200 […]

Mini lamenta que a Xunta se negue a colaborar no financiamento da residencia de Boimorto

O deputado pola Coruña Xosé Luís Rivas lamentou a falta de colaboración da Xunta despois de que o PP desestimase a proposta do BNG para que desde o Goberno galego se cofinanciase o mantemento da residencia da terceira idade de Boimorto, tanto no que se refire a sufragar os actuais gastos de funcionamento e servizos […]

Mini: “O cultivo da pataca na Galiza non é unha tradición, é unha importante axuda económica”

O parlamentario do BNG, Xose Luís Rivas respondeu á conselleira de Medio Ambiente cuns versos do  poema de Gabriel Celaya,  “maldigo la poesía concebida como un lujo cultural por los neutrales que lavándose las manos se desentienden y avaden. Maldigo la poesía de quién non toma partido hasta mancharse…” para poñer de manifesto a  “utilización […]

O BNG reclama á Xunta un plan para recolocar as traballadoras do téxtil

O deputado pola Coruña, Xosé Luís Rivas, reclamou da Xunta un plan de reactivación do emprego na Comarca de Ordes para darlle unha alternativa laboral a máis de 400 mulleres que perderon o seu emprego ou están a punto de perdelo no sector téxtil, primeiro co peche da empresa Viriato e agora co ERE no […]

O BNG pide á Xunta cursos de formación para dotar as explotacións agrarias de persoal cualificado

O portavoz parlamentario de Agricultura, Xosé Luís Rivas, reclamou ao goberno galego cursos de formación para dotar de persoal cualificado ás explotacións agrarias tanto a nivel de produción como de xestión, porque hoxe é máis certo que nunca “que non calquera se pode adicar ao campo”. “Hai un nicho de traballo en explotacións punteiras que […]

Mini: “É surrealista que a Xunta tarde 12 anos en afastar a zona de caza que limita con Novo Mesoiro”

O deputado pola Coruña Xosé Luís Rivas cualificou de “surrealista” que a Xunta precisara máis dunha década para asumir que o barrio coruñés de Novo Mesoiro, con 9.000 residentes, debe ser afastado da zona de caza que limita con esta zona urbana, unha vella demanda da veciñanza e dos propios cazadores. O deputado ironizou atribuíndo […]

Mini pide á Xunta que cofinancie a residencia da terceira idade de Boimorto

Demanda ao Goberno galego que sufrague a ampliación desta infraestrutura que ten 29 prazas a templo completo e 15 de centros de día. “Pedimos prazas concertadas e que cofinancie unha serie de servizos ás persoas maiores no rural como comedor, lavandería ou fisioterapia”. O deputado pola Coruña, Xosé Luís Rivas, presentou unha batería de iniciativas […]

A praga da couza da pataca débese á importación masiva e á política de “brazos cruzados” da Xunta

O portavoz de Agricultura, Xosé Luís Rivas, criticou a política de “brazos cruzados” da Xunta de Galiza en relación á praga da couza guatemalteca que afecta á produción de pataca e que ten en xaque aos produtores de 31 concellos en Ferrolterra e na Mariña lucense. O deputado do Bloque atribuíu a chegada da couza […]

O BNG pide celeridade no pago das indemnizacións polos ataques dos lobos cubrindo todos os danos

O portavoz parlamentario de Agricultura, Xosé Luís Rivas, reclamou á Xunta no Parlamento celeridade no pago das axudas ás explotacións gandeiras que se viron afectadas por ataques de lobo no concello de Vilasantar, que están sendo obxecto de acoso por este animal cun balance de 143 animais mortos só nunha única explotación en catro anos. […]

Mini demanda un plan de limpeza de montes e esixe que o orzamento se execute na súa totalidade

O portavoz de Agricultura, Xosé Luís Rivas, reclamou ao goberno un plan de limpeza de montes “en tempo e forma” para que non volva quedar sen executar o 20% do orzamento presupostado, -15 millóns de euros en 2016-, e non sexan rexeitadas por defecto de forma máis da metade das solicitudes de axudas dun total […]

O BNG pregunta no Parlamento pola vertedura de gasóleo na ría de Corcubión

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas formulou hoxe unha pregunta en comisión,  sobre as consecuencias da vertedura de gasóleo na ría de Corcubión procedente da caldeira do CEIP “Praia Quenxe”, durante a fin de semana dos días 16 e 18 de decembro. O parlamentario lembrou que a ría de Corcubión está exposta a continuados […]