🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O Museo Quiñones de León custodiará 400 moedas históricas incautadas pola Garda Civil

O alcalde recibiu este xoves de man do SEPRONA o material da época romana, Idade Media e dos séculos XII ao XVII que se deposita no Pazo de Castrelos por orde xudicial, logo dunha investigación iniciada en Murcia, que continúa aberta. Abel Caballero transmitiu o seu agradecemento á Garda Civil pola entrega das 400 moedas […]

A obra do fotógrafo galego José Suárez exhíbese en París

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, inaugurou na sede do Instituto Cervantes de París a exposición ‘José Suárez. Uns ollos vivos que pensan’, mostra que chega á capital francesa tras o seu paso por Santiago de Compostela, Madrid, Bos Aires e Montevideo, nun programa de itinerancias co que a Xunta, […]

O Museo das Peregrinacións expón a mirada do marqués de Santa María del Villar sobre Ourense

O Museo das Peregrinacións e de Santiago abrirá o 28 deste mes as portas da mostra Documento estético. Fotografías de Ourense do Marqués de Santa María del Villar, unha escolma da obra realizada por Diego Quiroga Losada no seu percorrido a partir de 1959 polo patrimonio cultural da provincia ourensá, co fin de divulgar os […]