🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Corte de tráfico da avenida Castelao denunciando a pobreza de Vigo

A ODS de Coia volve ás rúas, nesta ocasión para derrotar ao lado escuro que representa “Caballero Vader”. El é un dos máximos representantes dun xeito de facer política que beneficia a uns poucos, os de sempre (Aqualia, Vitrasa, construtoras, Clece…) e que empobrécenos a moitas. Claro exemplo é que seguimos a ter uns servizos […]

A Xunta endurece a RISGA a base de instrucións opacas

A Consellería de Política Social, que dirixe José Manuel Rey Varela, continúa co seu acoso ás persoas máis empobrecidas, en concreto ás perceptoras da RISGA. Explicamos a situación que está a sufrir unha compañeira. A muller recibiu, a mediados de marzo, un requirimento da Xunta. Nel esíxenlle que acredite que vive nunha vivenda independente á […]

A Xunta desoe ao xulgado e segue a impedir que beneficiarias da RISGA compartan vivenda

Hai unhas semanas celebrabamos a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Vigo, que recoñecía que nun mesmo domicilio poden convivir varias perceptoras da RISGA, sempre e cando non formen parte da mesma unidade familiar. Na Xunta sabían antes desta sentenza que a RISGA, 400 € de media ao mes, non abonda para cubrir […]

Un xuíz recoñece que nun mesmo domicilio poden convivir varias perceptoras de RISGA

Levamos tempo berrando que estamos fartas da miseria das políticas sociais da Xunta de Galicia, que cada vez pon máis atrancos ás solicitantes e perceptoras da RISGA. Un exemplo do seu desinterese é que seguimos sen decreto que desenvolva a lei actual pasados máis de tres anos. Se a RISGA constitúe en si mesma, unha […]

Comunicado desde a Marea de Vigo en apoio a Diego Lores e ODS

Desde a Marea de Vigo queremos manifestar a nosa solidariedade con Diego Lores e a ODS de Coia que este domingo inicia un peche de 48 horas pola súa absolución co gallo do xuízo que vai ter lugar o vindeiro martes 17. Diego será xulgado por uns feitos presuntamente acontecidos durante a loita da rotonda […]

Palestra de Carlos Taibo: “Colapso. Capitalismo Terminal, transición ecosocial e ecofascismo”

Dentro do ciclo de charlas coas que a cooperativa Árbore está a celebrar os 15 anos de andaina, contarán coa presenza de Carlos Taibo para presentar o seu último libro: Colapso. Capitalismo Terminal, transición ecosocial e ecofascismo. Este libro, editado por La Catarata, afonda nalgún dos cambios sustanciais e irreversibles que estamos a vivir. Agardámosvos […]

Presentación da Guía de Axudas Sociais en Nigrán

O vindeiro venres 18 de novembro presentamos a Guía de Axudas Sociais. Información ao servizo das persoas! en Nigrán. Será no local da A.V.S.C. A Unión de San Pedro – Nigrán (r/Manuel Lemos 88- Nigrán) a partires das 19:30, nun acto ao que acudimos convidadas polas compañeiras de Comando Ghichas, colectivo de acción e concienciación […]

Crónica del acto “Ninguna tumba sin nombre”

Esta mañana, compañeros de la RSP de Vigo y Os Ninguéns se han desplazado al cementerio de Pereiró para poner nombre a la tumba de Manuel, sintecho fallecido hace pocos meses en la estructura del edificio de Karpin. La tumba del compañero solamente presentaba el número 123. Desde ambos colectivos han querido serigrafiar una piedra con […]

Presentación do libro: “Palabras que nos sostienen” a cargo de Mª González Reyes

Dentro das actividade polos 15 anos de andaina da cooperativa Árbore temos gusto de convidarvos á presentación do libro “Palabras que nos sostienen. Cartografía de una multinacional en palabras e historias” a cargo de María González Reyes, autora e integrante de Ecoloxistas en Acción. A presentación deste libro, construído cos debuxos de Virginia Pedrero e […]

Presentación de “Mulleres en Resistencia” no festival Curtopía 2016

O sábado 22 de outubro celébrase en Vigo o Festival Audiovisual Curtopia. Dentro do programa do festival presentaremos o proxecto “Mulleres en Resistencia”. Un traballo no que imos da man a ODS-Coia, Gz Contrainfo e Raias Travesseiras. Con esta mostra pechamos o festival ás 21:30. Con este proxecto, en formato de pequenas entrevistas a mulleres […]

Sábado 1/10 – Charla: “Precariedade, pobreza e dereitos sociais”, Koldobi Velasco

O vindeiro sábado 1 de outubro temos o pracer de ter en Coia a Koldobi Velasco. Falará de “Precariedade, pobreza e dereitos sociais” nunha charla que realizaremos nos locais da parroquia do “Cristo da Vitoria” a partires das 12h00. A xente da ODS e do G.A.S. organizamos esta charla aproveitando que, o día anterior, Koldobi […]

Concentración en Nigrán: “CONTRA a CRIMINALIZACIÓN da POBREZA”

A ODS-Coia e o G.A.S. convocamos o mércores 28 de setembro unha concentración baixo o lema: Contra a criminalización da pobreza. Será en Nigrán, diante do concello na praza da Constitución a partir das 11:00. Imos até este municipio para amosar o noso apoio a unha compañeira, perceptora de RISGA, que denunciou o trato recibido […]

Unha perceptora da RISGA fala do acoso que sofre por parte da traballadora social

Dende a ODS COIA partillamos o relato dunha muller, perceptora da RISGA, que mudou a súa residencia a Nigrán. Dende a primeira cita comezaron os problemas coa traballadora social. A muller violéntalle o posicionamento desta profesional: fai visitas domiciliarias sen acordar con ela, fixa unha dinámica de control abusivo, realiza xuízos de valor… Semella que […]

Vía libre para os negocios de Aqualia, vía executiva para os fogares empobrecidos

A auga da moito cartos. Moitos para as grandes transnacionais, uns poucos para os gobernos municipais que a venden como unha mercadoría máis. Un modelo de xestión que permite aos concellos financiarse malvendendo este ben común, igual que o fan con tantos outros. Cos cartos no peto, pouco importa a supervisión dos contratos ou, o […]

O concello desoe os requirimentos da Valedora do Pobo sobre os cortes de auga

O goberno municipal desoe á veciñanza e, dende hai uns meses, tamén á Valedora do Pobo. O pasado 19 de abril presentabamos, ante a institución que dirixe Milagros Otero, un escrito na procura de defensa do dereito á auga en Vigo. O escrito foi admitido a trámite o 2 de maio (expediente Q/899/16). Data na […]

Os parches lentos e miserentos do Concello fronte aos cortes de auga

“En Vigo no se le corta el agua a nadie” repetía Caballero o 20 de maio. Porén, nesa mesma rolda de prensa, anunciaba unha axuda dun pago único de 100€ para pagar a auga durante o segundo semestre do ano dirixida a familias sen recursos. A medida estaba subvencionada por Aqualia con 30.000€. Aos días […]

Nesta tolemia de sistema no que nos vemos obrigadas a movernos, estase a xeneralizar unha práctica abusiva e ilegal por parte dos bancos e entidades financeiras que consiste en embargar, reter e/ou compensar os saldos bancarios das persoas perceptoras de prestacións e axudas públicas, tales como RISGA, PNC, RAI…. por débedas daquelas. A normativa aplicable1 […]

23/06 – Palestra de José Iglesias: “Potencial transformador do municipalismo”

O xoves 23 de xuño, día da festa de San Xoán, contaremos coa presenza de José Iglesias Fernández (Seminario de Economía Crítica Taifa) que falará “Potencial transformador do municipalismo”. A palestra comezará ás 19:30 no local da cooperativa Árbore (r/López Mora, 30 – Vigo) nunha actividade que organizamos: Árbore, G.A.S. e a ODS-Coia.

A auga é un dereito! A reivindicación que concello de Vigo e Aqualia desoen

Xunto á xente da PAH Vigo Tui-BaixoMiño e de máis colectivos concentrámonos, de novo, diante das portas de Aqualia na rúa Venezuela. Antes de pecharnos nas oficinas de Aqualia berramos cánticos como: Auga para todas! Ningún negocio coas nosas necesidades! Aqualia escoita a auga non se corta! Logo disto entramos no local para pecharnos durante […]

Xoves 16 – Concentración: A auga é un dereito. Os dereitos non se cortan!

Volvemos a convocar unha CONCENTRACIÓN, coa xente do G.A.S., baixo o lema: A auga é un dereito. Os dereitos non se cortan! Será o vindeiro xoves 16 de xuño ás 11:00 nas oficinas que Aqualia ten na rúa Venezuela 4, baixo. Nas últimas semanas o Alcalde e o concelleiro de fomento, David Regades, declaraban nos […]

Crónica da concentración en Aqualia: Auga para todas!

Varias ducias de persoas xuntámonos esta maña baixo o lema: Auga para todas! A auga é vida, a auga é un ben común de todas, malia que empresas como Aqualia pensen o contrario. Para eles a auga é un negocio máis. E nos seus negocios as nosas necesidades non teñen cabida, por iso non dubidan […]

CONCENTRACIÓN: AUGA para TODAS!

O vindeiro martes 31 de maio, a partires das 11:00, diante da oficina de Aqualia (r/Venezuela 4 baixo) a Oficina de Dereitos Socias de Coia e o G.A.S. convocamos unha concentración baixo o lema “Auga para todas”. Aqualia corta a subministración da auga, sen que o Concello de Vigo faga nada para evitalo. Por contra […]

Cheque Social 2016: faragullas para agochar quen se enriquece coa nosa miseria

No mundo inxusto capitalista do que formamos parte, os gobernos tomaron por costume (quizais para redimir as súas conciencias, ter argumentos para calar bocas ou ben, para paralizar os cerebros pensantes da xente) ofrecer a modo de “parches” pequenas faragullas polas que, as persoas con menos recursos teñen, han de loitar entre si; mentres que […]

Venres 20 maio estrea video #AugaParaTodas

A auga é un dereito básico. O acceso a este servizo, a este ben, non deberia estar en mans de empresas privadas, que especulan e que non garanten que persoas sen recursos vivan situacións terribeis como a do corte deste subministro. O venres 20 de maio ás 12 da maña estreamos un video no que […]

1 2 3 5