O BNG logrou o apoio unánime do Parlamento para reclamar a Ferroatlántica que complete todo o ciclo produtivo de transformación do silicio na planta de Sabón no concello de Arteixo, mantendo todo o emprego, e desbote calquera pretensión de localización da produción que se abastece dos recursos mineiros extraídos de Serrabal. En base a ese […]
A través dunha proposición non de Lei, o deputado do BNG, Xosé Luís Rivas reclamou ao Parlamento galego instar á Xunta de Galicia a: “Impulsar, financiar e coordinar unha campaña primaveral de trampeo masivo coa distribución de 50.000 trampas cos seus 300.000 atraentes por todo o territorio galego onde a avespa Velutina teña presencia”. Ademais, […]
Tras dar a benvida ao presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e persoas convidadas ao debate da Iniciativa Lexislativa Popular para garantir os dereitos lingüísticos das galegas e galegos no ámbito socioeconómico, a deputada, Olalla Rodil remarcou a importancia da ILP para resolver situacións absolutamente cotiáns como, contactar coa compañía telefónica, presentarse a […]
A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil cualificou hoxe de “estafa e subterfuxio” o uso que fai o Partido popular da Lei de Acompañamento. Para a nacionalista, esta lei ten un carácter excepcional e urxente que debe incluír só reformas legais indispensábeis para a correcta execución orzamentaria pero en ningún caso como “porta de atrás para […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, criticou que o PP reduza a mero ritual o debate parlamentario dos orzamentos pola vía de pasar o rodillo sobre as proposta do resto dos grupos, 324 emendas por parte do BNG para modificar unhas contas que repiten receitas fracasadas, manteñen os recortes, non xeran emprego e ignoran ás persoas […]
O camiño elixido é a inciativa parlamentaria xa que Plataforma pretende crear un debate no Parlamento de Galicia acerca desta grave situación e, do mesmo xeito, que a cámara lexislativa inste á Xunta a poñer en marcha medidas efectivas para frear a expansión do insecto a través da súa función interpeladora. O obxectivo é a realización dun repaso […]
A deputada do BNG, Olalla Rodil preguntou hoxe ao goberno como é posible que o patrimonio cultural galego acabe sendo subastado polo ministerio de Facenda “sen que a Xunta faga ou diga nada” en alusión á subasta do xacemento de Pena Grande de Vilalba iniciada por Facenda en dúas ocasións e paralizadas grazas á mobilización […]
A deputada do BNG, Noa Presas defendeu hoxe na comisión de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais mudar o obxecto da comisión para que o estudo, análise e investigación sexa sobre a vaga de lumes en Galiza no mes de outubro de 2017. Ademais, as emendas do […]
A deputada do BNG, Montse Prado reclamou hoxe na comisión de Pesca “a apertura da pesquería da cigala” na zona VIIIc (entre Fisterra e Golfo de Biscaia) e de maneira subsidiaria a unidade funcional 25 ante a imposibilidade da nova avaliación no ano 2019 do ICES sobre a situación da cigala. O Partido popular votou […]
O BNG pide que se reúna con urxencia a Comisión bilateral de seguimento da AP-9 da que forman parte o ministerio de Fomento e a Consellería de infraestruturas para “avaliar a situación que se está a producir nas obras da Ponte de Rande” onde esta madrugada un incendio provocou a rotura dun dos tirantes e […]
A parlamentaria do BNG, Montse Prado formulou unha pregunta ao goberno sobre as accións levadas a cabo en relación co expediente de regulación de emprego presentado no Grupo Popular-Pastor e Banco Santander denunciando o desinterese de Presidente da Xunta do que dixo, “permanece de brazos cruzados” ante unha nova destrución de emprego no sistema financeiro […]
A deputada do BNG, Olalla Rodil afirmou hoxe na comisión de Economía, Facenda e Orzamentos que “ o Partido popular autoemenda a maior parte da súa política”. A deputada rexeitou o uso que o PP fai da Lei de medidas fiscais e administrativas, a Lei de acompañamento, que cualificou de “Lei ómnibus” e caixón de […]
O deputado do BNG, Luís Bará defendeu hoxe na comisión 1ª unha proposición non de lei contra o “acoso policial” contra o membro da Executiva Confederal da CIG, Renato Núñez e abrir “unha investigación” cualificada polo parlamentario de “auténtica persecución” contra os dereitos e liberdade de expresión. Na iniciativa, Bará tamén demandaba proceder a “derrogar” […]
O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas demandou hoxe, a través dunha proposición non de lei, “denegar a reapertura da actividade mineira nos concellos de Touro e O Pino presentada pola empresa Cobre San Rafael S.L polo impacto negativo sobre a economía e o río Ulla”. Nesta liña, o deputado afirmou que non pode ser […]
Nunha interpelación ao goberno sobre o funcionamento da AP-9 o deptuado do BNG, Luís Bará cualificou de “infamia e veto vergoñento” a negativa da mesa do Congreso, presidida por Ana Pastor, para iniciar a tramitación da lei de transferencia da AP-9 que contou co apoio unánime da Cámara galega. O nacionalista lembrou que Lei para […]
A portavoz de Economía, Noa Presas, lamentou que a posición do presidente da Xunta, “entre ausente e indiferente”, impida que Galiza presente unha proposta oficial de novo modelo de financiamento autonómico, “pese a que de ese financiamento dependen cuestións tan relevantes a sanidade, educación ou servizos sociais”. Presas lembrou que o modelo actual, co apoio […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, utilizou a sesión de control para denunciar o custe da “irrelevancia política” á que o presidente da Xunta conduce a Galiza que se traduce en “facturas e máis facturas” que pagan os galegos e as galegas, como a da pobreza enerxética nun país que exporta electricidade ou a subida das […]
A deputada e portavoz de educación do BNG, Olalla Rodil recalcou hoxe que educación foi unha das áreas máis castigados polos recortes e a nova OPE resulta “insuficiente” para repoñer todos os postos de traballo destruídos. Trala comparecencia do titular de Educación e Cultura, Román Rodríguez, para informar do inicio do curso escolar, Rodil afirmou […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, propúxolle ao presidente da Xunta un pacto de país para acabar cunha política forestal fracasada que queima Galiza, para poñer en marcha un modelo que substitúa o negocio do lume pola limpeza e posta en valor do monte, ordene o territorio e free o abandono do medio rural. “Efectivamente señor […]
A deputada do BNG, Montse Prado manifestou onte que ao contrario do discurso da Conselleira, os orzamentos de Pesca e Marisqueo non recollen as demandas do sector, “os seus problemas e preocupacións. Para a deputada as contas para o 2018 manteñen moita literatura na súa memoria sobre a importancia do sector pero “non concretan accións […]
A portavoz de educación e cultura do BNG, Olalla Rodil amosou hoxe a súa satisfacción polo acordo unánime acadado no Parlamento galego para recuperar a Historia da Filosofía como materia obrigatoria no bacharelato e demandar do Goberno do Estado iniciar un debate en profundidade sobre a situación da filosofía no sistema educativo e a súa […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, criticou a negativa de Feijóo a explicar a vaga de lumes que provocou catro vítimas mortais e sumiu Galiza nunha situación de emerxencia nacional. Nin o Goberno central nin o galego “estiveron á altura das circunstancias”, nun momento en que milleiros de persoas se sentiron abandonadas en medio das lapas. […]
O deputado por Pontevedra, Luís Bará reclamou hoxe, a través dunha proposición non de lei, “retirar o proxecto do macro complexo comercial e de lecer no monte comunal de Liñeiriños- Cabral” polo súa “dubidosa legalidade” e impacto negativo sobre un espazo social, paisaxístico e mesmo laboral no monte de Cabral. O parlamentario trasladou á sesión […]
O deputado e portavoz de Agricultura do BNG, Xosé Luís Rivas insta ao Goberno galego a tomar medidas urxentes no combate da especie invasora da vespa velutina que se alimenta de insectos e sobre todo de avellas mostrando unha grande agresividade. O nacionalista alerta da “desaparición das poboacións de polinizadores depredados pola velutina” o que […]