Senra defende que se poña fin á cada vez máis evidente obsolescencia programada dos produtos fabricados

Votou este martes pola mañá no pleno do Parlamento Europeo, en Estrasburgo, a favor do “Informe sobre unha vida útil máis longa para os produtos: vantaxes para os consumidores e as empresas”. A eurodeputada considera este documento un “importante punto de partida para iniciar un camiño que é imprescindíbel transitar: o camiño do decrecemento, porque o […]

Lídia Senra intervén no pleno do Parlamento Europeo para sinalar que “a fame non se combate con caridade”

Defendeu este martes no pleno do Parlamento Europeo, en Estrasburgo, que “a fame non se combate con caridade, combátese con políticas que garantan renda e salarios decentes para toda a poboación”. Senra tomou a palabra no plenario, para explicar o seu voto en contra da ‘Iniciativa sobre o uso eficiente dos recursos: reducir o desperdicio […]

A UE aproba o informe co-impulsado por Lídia Senra sobre a necesidade de mellorar as condicións das mulleres no rural

O pleno do Parlamento Europeo aprobou onte en Estrasburgo, con 523 votos a favor, 104 en contra e 58 abstencións, o informe de iniciativa propia das Comisións de Agricultura e Desenvolvemento Rural e Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero “Sobre as mulleres e o seu papel nas zonas rurais”, no que a eurodeputada galega Lídia Senra […]

Posición da Marea de Vigo ante o nomeamento do/a cronista oficial da cidade

A figura dos cronistas oficiais vén de vello en Vigo. Nicolás Taboada Leal foi o primeiro, a inicios do século XIX. A súa función era escribir a historia dunha cidade emerxente que viña de romper co pasado do Antigo Réxime e abríase paso no liberalismo progresista. Dende entón houbo outros nomes senlleiros para os estudos […]

Lídia Senra esixe que a loita contra a violencia machista sexa unha prioridade no Parlamento Europeo

A eurodeputada toma a palabra no pleno da Eurocámara en Bruxelas para criticar a despenalización parcial da violencia machista en Rusia. Pide que ningunha agresión quede sen castigo en ningunha parte do mundo e unha Directiva Europea que garanta os dereitos das mulleres. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda […]