O PP rexeita, por “separatista”, a enerxía como dereito universal, combater a pobreza enerxética e favorecer a nosa industria

O Partido Popular rexeitou a mañá de onte por “separatista” a proposición de lei por unha tarifa eléctrica galega, que reconverteu nunha lei pola eficiencia enerxética, constatando así a súa actitude “silenciosa e servil ante os poderosos e contundente, represora e negadora dos dereitos de quen pedimos medidas contra a pobreza enerxética e para o […]

O PP “agocha nun caixón” a ILP por unha tarifa eléctrica galega aprobada hai máis dun ano por unanimidade

Representantes da CIG, membros da comisión promotora da ILP por unha tarifa eléctrica galega e contra a pobreza enerxética, reuníronse esta mañá no Parlamento de Galiza con representantes do grupo parlamentario do BNG para avaliar a situación de parálise na que está a tramitación desta lei -que foi aprobada por unanimidade dos grupos da cámara- […]

O BNG exixe ao Goberno galego que actúe fronte a situación ‘calamitosa’ do sector eléctrico

Reclaman que se exixan responsabilidades ás empresas subministradores polos apagóns, que se compense aos concellos, fogares e empresas afectadas. Exixen o traspaso da competencia da xestión eléctrica, e reiteran a proposta dunha tarifa eléctrica galega e da redución do IVE para abaratar a factura de fogares e empresas. O BNG denunciou esta mañá en Vigo […]

Esquerda Unida denuncia a indiferenza do PP aos cortes de luz en Galicia e defende un novo modelo enerxético

Esquerda Unida mostra a súa perplexidade ante a pasividade dun goberno que non está a facer absolutamente nada para resolver os problemas cos cortes de enerxía eléctrica que asolagan Galicia dende fai seis días. Con este temporal padecido, acreditáronse graves erros de mantemento e reparación da rede eléctrica e que prexudican gravemente ás familias galegas. […]

Marea de Vigo considera prioritarias todas as accións que contribúan a reducción de persoas en exclusión social

A Marea de Vigo quere manifestar todo o apoio e solidariedade coas familias que, inmersas en graves situacións económicas , estanse vendo en situacións de emerxencia social e habitacional, enfrontándose en moitos destes casos a situacións de desafiuzamentos, e en concreto a Marea de Vigo amosa o seu apoio a familia que, nestes días, está […]

En Marea acusa a Xunta de Galicia de deixar fóra das axudas urxentes para evitar cortes de luz e gas a milleiros de familias

Requisitos como estar ao día nos pagos con todas as Administracións ou a imposición da vía electrónica para presentar as solicitudes son outras das trabas de acceso a estas axudas por parte da Xunta de Galicia. O viceportavoz Antón Sánchez, denuncia o uso propagandístico e publicitario destas axudas por parte do PP. En Marea rexistrou […]

Esquerda Unida súmase ás mobilizacións contra a pobreza enerxética

Esquerda Unida súmase á iniciativa nomascortesdeluz.org que apoian diferentes organizacións e colectivos para, entre outros obxectivos, reivindicar a través dun Manifesto a paralización inmediata dos cortes de electricidade a familias sen recursos, así como a aprobación de diferentes medidas contra os abusos tarifarios das compañías eléctricas. O Manifesto que apoiamos inclúe unha serie de reivindicacións fundamentais […]

Manifestacion #ApobrezaEnerxeticaMata

O dia 21 á 8 da tarde un amplísimo acordo de MMSS, Sindicatos e Partidos políticos sairán á rúa co lema a Pobreza Energetica Mata  Estas últimas semanas a morte dunha anciá de 81 en Reus a sacudido as conciencias sobre a gravidade da Pobreza Energeica. Sete millóns de persoas teñen dificultades para pagar a factura da […]

A Xunta amplía ao gas natural, a medida que evita o corte de subministración eléctrica

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou hoxe na Cámara Galega que a Xunta estenderá este inverno as axudas para evitar o corte no subministro de electricidade ao gas natural. Desta forma, e, segundo resaltou Conde, quedará deste xeito garantido toda a subministración enerxética ás familias máis vulnerables. O titular de Economía […]

Galicia clama contra a pobreza enerxética

Podemos Galicia, da man das súas agrupacións municipais, sumouse hoxe sábado ás diversas concentracións perante as portas das oficinas de Gas Natural en Galicia, como xesto de solidariedade e repulsa ante a morte de Rosa, a anciá que faleceu asfixiada o pasado luns no incendio provocado por unha candea despois de que Gas Natural lle […]

Crónica da concentración: STOP Pobreza Enerxética

Esta maña preto dunha centena de persoas convocadas por colectivos da cidade concentrámonos ás portas da Xunta de Galicia en Vigo para esixir o fin da pobreza enerxética e subministros básicos garantidos para todas. Achegamos o manifesto lido esta maña na concentración: Cos nosos dereitos non se negocia. Subministros básicos para todas! A Xunta de […]

Concentración: STOP POBREZA ENERXÉTICA #luzaugagasparatodas

Xoves 4 febreiro – 11:30 – Delegación da Xunta de Galicia en Vigo ODS-Coia, PAH Vigo Tui-Baixomiño, Os Ninguéns, RSP Vigo e G.A.S. A ODS-Coia, PAH Vigo Tui-Baixomiño, Os Ninguéns, RSP Vigo e G.A.S. xuntámonos para dicir: Cos nosos dereitos non se negocia. Subministros básicos para todas! Sufrimos a miseria e a precariedade que provoca a […]