O parlamento demanda, a instancia do Grupo Popular, que a comisión mixta Fomento-Xunta estude a supresion da peaxe no tramo Vigo-Redondela da AP-9

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Comisión Mixta Ministerio de Fomento-Xunta de Galicia para a xestión da AP-9 a que estude posibles fórmulas para a supresión da peaxe na Ponte de Rande no tramo Vigo-Redondela. Ao mesmo tempo, […]

Bará pide suprir a peaxe Redondela-Vigo e propón un “Plan Chapela” para solucionar os problemas derivados da ampliación de Rande

O deputado por Pontevedra Luís Bará denunciou que a AP9 “é a historia dun saqueo legalizado e favorecido por gobernos do Estado de todas as cores, coa privatización a prezo de amigo do PP, precisamente sendo conselleiro de Infraestruturas o señor Feijóo, quen actuou con submisión e vasalaxe traizoando a este Parlamento co veto vergoñento […]

Luís Villares critica as declaracións Feijóo e Puy encomiando os investimentos de Fomento en Galicia xa que nada teñen que ver coa realidade

O voceiro de En Marea cuestionou o optimismo amosado tanto polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, como polo portavoz do grupo do PP na Cámara Galega, Pedro Puy, nas que valoraban positivamente o trato de Fomento con Galicia. Luís Villares, preguntouse que tería que pasar para que o PP considere insatisfactorio o […]

O BNG pide “pararlle os pés a Audasa” na AP-9

O Bloque Nacionalista Galego levará ao pleno do Parlamento galego de mañá, martes 19, unha moción con medidas que perseguen “pararlle os pés a Audasa” no referido á xestión da autoestrada AP-9. A iniciativa, presentada polo deputado Luís Bará, inclúe a oposición “rotunda” á suba das peaxes prevista para o vindeiro ano, urxe que se […]

O BNG pide unha reunión urxente da comisión de seguimento da AP-9 para avaliar o incendio nas obras de Rande

O BNG pide que se reúna con urxencia a Comisión bilateral de seguimento da AP-9 da que forman parte o ministerio de Fomento e a Consellería de infraestruturas para “avaliar a situación que se está a producir nas obras da Ponte de Rande” onde esta madrugada un incendio provocou a rotura dun dos tirantes e […]

Ethel Vázquez salienta que a Xunta solicitou explicacións o mesmo día en que se produciron as retencións na ponte de Rande

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou onte no Parlamento de Galicia que a Xunta solicitou explicacións ás autoridades responsables o mesmo día en que se produciron as retencións na Ponte de Rande, o pasado 27 de outubro. En resposta a unha pregunta parlamentaria, a conselleira asegurou que o Goberno galego vén demandando […]

Aprobada no Parlamento unha iniciativa do BNG para garantir unha condicións dignas de traballo en Rande

O Parlamento aprobou en comisión a proposta do BNG pola que se reclama a intervención do Goberno galego para que, no seo da comisión bilateral da AP9 Xunta e Ministerio de Fomento, se adopten as medidas para garantir condicións de traballo dignas nas obras de ampliación da Ponte de Rande. Esa petición inclúe xornadas laborais […]

En Marea esixe a Fomento unha investigación sobre o accidente laboral mortal nas obras da AP-9

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou esta mañá unha batería de preguntas dirixidas ao Goberno debido ao grave e mortal accidente producido no día de onte nas obras de ampliación da AP-9 en Rande, que se cobrou a vida dun traballador ao precipitarse desde unha altura de 5 metros sen as debidas condicións de […]

O BNG trasmite o seu pesar e solidariedade coa familia do obreiro falecido na ampliación da ponte de Rande

O BNG transmite o seu pesar e a súa solidariedade coa familia do traballador falecido nas obras da ponte de Rande nestes momento tan duros e difíciles polo tráxico accidente, e expresa o seu apoio a todo o persoal que participa directamente a pé de obra na ampliación desta infraestrutura. A formación nacionalista tamén reitera […]

O BNG denuncia no Parlamento as condicións laborais dos traballadores das obras de ampliación da AP-9

O deputado do BNG, Luís Bará denunciou  que unha “obra da envergadura” da ampliación da AP-9 ao seu paso pola ponte de Rande debería ser exemplo de condicións laborais e salariais xustas e “non todo o contrario”. O deputado compareceu ante os medios de comunicación para denunciar a situación do sector da construción nas obras […]

O BNG logra o apoio do Parlamento para a urbanización da AP-9 no treito de acceso a Vigo

O portavoz nacionalista na Comisión de Ordenación Territorial, Luís Bará, acadou o apoio de todos os grupos da Cámara para  reclamar ao Goberno central a execución das medidas necesarias para converter en vía urbana o treito de acceso da AP9 a Vigo así como para a supresión da peaxe de desde Redondela e Vigo pola […]

O Corredor do Morrazo rexistrará varios cortes para realizar voaduras no tramo II e avanzar nas obras de conversión en autovía

O Corredor do Morrazo rexistrará cortes de tráfico hoxe pola tarde, mañá xoves e o venres, día 21, no treito comprendido entre os quilómetros 0 e 7+300, entre Rande e o enlace de Meira. Estas actuacións responden á necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores. O tráfico desviarase, entre as 16.00 e as […]

O alcalde esixe ao Goberno e á Xunta un dispositivo para previr accidentes en Rande

Logo do último sinistro rexistrado na Ponte de Rande, que obrigou ao Concello a cortar os accesos desde Vigo á AP9 o pasado venres 13 de xaneiro, o rexedor considera “intolerable” que nin a concesionaria, nin o goberno de España nin a Xunta de Galicia adopten medidas para evitar estes “gravísimos problemas” de accidentes e […]