🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

CCOO cualifica de «irresponsables» as declaracións do secretario de Estado de Orzamentos sobre a prestación de ingresos mínimos

O Sindicato Nacional de CCOO cualifica de «irresponsables» as declaracións do secretario de Estado de Orzamentos sobre a prestación de ingresos mínimos, a debate actualmente no Congreso, e que podería beneficiar en Galicia a case noventa mil persoas. Desde CCOO critican que o secretario de Estado de Orzamentos alerte de que a prestación provocaría a […]

Carmen Santos defende en Ferrol unha renda básica que garanta a todos os cidadáns unha vida digna desvinculada do emprego

A secretaria xeral de Podemos, Carmen Santos, participou hoxe no Ateneo de Ferrol na presentación dunha das propostas sobre Renda Básica na que está a traballar o Círculo Estatal sobre este asunto,, advogando por esta renda ”porque todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna desvinculada do emprego”. Non obstante, recoñeceu que a súa […]

Rudy Gnutti: “É ridículo que os políticos sigan prometendo o pleno emprego”

Rudy Gnutti (Brescia, 1963), músico e cineasta que vive en Barcelona desde hai trinta anos, leva dous meses presentando In the same boat, un documental de divulgación sobre a proposta da renda básica universal, realizado a base de entrevistas a economistas e intelectuais de renome. Compositor para cine e teatro, hai uns anos empezou a facer […]

“O Estado Español é o segundo do mundo xunto cos EEUU onde mías creceu a desigualdade”

Ás 18.15 da tarde de onte daba comenzo en Baiona a palestra que o economista membro do Círculo Podemos Renta Básica, Fernando Martínez impartiu para dar a coñecer esta proposta e despexar algúns dos mitos que rodean a medida. O acto, celebrado no Multiusos Ángel Bedriñana, contou coa asistencia dunhas vinte persoas e nela tamén interviñeron […]

Podemos Galicia celebra unha palestra sobre A Renda Básica

Podemos Galicia celebra mañá sábado no Multiusos Ángel Bedriñana (r/ Caravela La Pinta s/n), Baiona, unha nova palestra sobre a renda básica como ferramenta para combater a desigualdade e o seu valor como medida de transformación social. O acto contará coa presenza do economista do Círculo Podemos Renda Básica Fernando Martínez, a membro do Círculo […]

“Rendas de inclusión requiren unha condición previa de pobreza. Por iso, a renda básica dignifica as persoas”

Ás 20.30 da tarde do mércores daba comezo en Vigo a segunda palestra da xira que o economista e membro do Círculo Podemos Renta Básica, Fernando Martínez, está levando a cabo pola xeografía galega para dar a coñecer esta proposta e que comezou hai dez días en Gondomar. O acto contou coa asistencia dunhas corenta […]

Podemos Galicia celebra unha conferencia coloquio sobre Renda Básica

Podemos Galicia celebrará mañá mércores día 26 unha conferencia – coloquio sobre a renda básica incondicional como ferramenta para combater a pobreza e a desigualdade. O acto terá lugar ás 20.00 no Centro Neural As Cercas de Gondomar e contará coa participación do economista Fernando Martínez, membro do Círculo Podemos Renda Básica, que falará sobre […]

Charla ao redor dos textos: “Renda Básica das iguais e feminismos” e “Guía Axudas Sociais”

A Marcha Mundial das Mulleres organiza o mércores 13 unha charla ao redor dos textos: “Renda Básica das iguais e feminismos” e “Guía Axudas Sociais”. Será a partires das 19:30 na Casa das Mulleres e contará coa presenza de persoas da ODS-Coia. Unha das consecuencias históricas do patriarcado, consistiu en someter á muller e relegala […]

Os Dereitos Sociais son unha emerxencia municipal en Vigo

João naceu en Madeira como o seu compatriota Cristiano Ronaldo. João padece unha enfermidade crónica, leva anos desempregado e carece de ingresos. No mes de marzo pide cita cunha traballadora social do Concello de Vigo. Un mes máis tarde acode á entrevista onde as respostas son desoladoras: fica sen dereito á RISGA, e polo momento […]

Mércores 17 – Presentación do libro: “Renda Básica das iguais e feminismos”

– Presentación do libro: “Renda Básica das iguais e feminismos”. Con Mari Fidalgo (Baladre) e Beatriz Lorenzo (ODS-Coia). Mércores 17 de xuño ás 19:30 no local de Árbore (r/López Mora 30, Vigo). A xente de Baladre di que “Renda Básica das Iguais e Feminismos. Da centralidade do emprego á centralidade da vida”nace da“necesidade de identificar […]

Libro: “RENDA BÁSICA das IGUAIS e FEMINISMOS. Da centralidade do emprego á centralidade da vida”

Contra un sistema que afoga a maioría, en moitos casos até matar, cómpre deixar claras as nosas aspiracións colectivas, os nosos desexos. Para a xente de Baladre moitos deses anhelos nomeámolos “Renda Básica das Iguais e moito máis”. Motivadas pola necesidade de identificar os nosos desexos, de buscar as bases nas que queremos soster unhas […]

O Concello segue a tirar cartos, agora puntos de carga de trebellos eletrónicos nas rúas

Hoxe o Faro de Vigo publica esta nova: “El Concello instalará nuevos cargadores para dispositivos electrónicos en las calles que sean objeto de obras de rehabilitación, sin descartar otras zonas donde exista una demanda de este servicio. Según detalló ayer el alcalde, Abel Caballero, estos puntos se situarán próximos a un banco y permitirán a […]

Crónica da recollida de firmas da ILP pola Renda Básica en Coia

Hoxe volvemos a sacar as mesas, os pregos á rúa para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. Diante do Alcampo de Coia estivemos as xentes da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Vitoria e do GAS de 10h00 a 13h00 recollendo ducias de sinaturas nunha mañá na que o tempo de […]

Mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica no Alcampo de Coia

– Tras unha pequena pausa, a ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia “Cristo da Victoria” volven ás rúas para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. – O venres 7 de novembro de 10:00 a 13:00 montarán unha mesa de recollida de de sinaturas diante do ALCAMPO de COIA (r/Grove 1).   […]

A RISGA e a Renda Básica: da esmola institucionalizada ao reparto da riqueza

Moitas veces temos denunciado que a terrible situación de empobrecemento e precariedade que padecen tantas persoas e familias en Galicia está a ser agravada dun xeito intolerable pola resposta insuficiente e precaria da Xunta, que pasa case exclusivamente por unha RISGA insuficiente e excluínte, que pouco axuda e nada transforma. Orzamentos que rozan a miseria, […]

As Axudas de Emerxencia Municipais: crónica dun fracaso interminable

Como lembramos noutras ocasións nas mans do departamento de Benestar Social do concello de Vigo está que accedamos (ou non) ás escasas axudas sociais existentes, tanto da Xunta como do propio concello. Os meses de agarda por unha RISGA, polo “cheque social”, por unha Axuda de Emerxencia Municipal (AEM)… súmanse ás distintas violencias que sofren […]

O “derbi galego” aposta pola Renda Básica

O martes 23 de setembro moitas persoas na Galiza estarán pendentes do derbi que xogan Celta e Dépor no estadio de Balaídos. As xentes da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Vitoria e do G.A.S. queremos aproveitar esta festa do fútbol galego para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. Antes do […]

Mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica no Calvario

Volvemos ás rúas para seguir coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. Esta vez será o barrio do Calvario o lugar escollido para montar unha mesa de recollida de firmas da ILP. O venres 18 de xullo as xentes da ODS-Coia, do G.A.S. e da parroquia do Cristo da Victoria estaremos diante do […]

Crónica do acto de recollidas de sinaturas para a ILP pola Renda Básica no Concello de Vigo

Esta mañá a ODS-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e GAS concentrámonos xunto a entrada do Concello de Vigo para continuar coa campaña de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. De 10h00 a 13h00 non pararon de achegarse persoas que apoiaron esta iniciativa coas súas sinaturas. No acto pretendiamos informar á […]

VENRES 13 xuño – Mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica dinte do Alcampo de Coia

A ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia “Cristo da Victoria” volvemos ás rúas co obxectivo de continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. O VENRES 13 de xuño, de 10h00 a 13h00, montaremos unha mesa de recollida de sinaturas diante do ALCAMPO de COIA (r/Grove 1). Asina esta iniciativa para esixir aos […]

Mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica ás portas de Facenda

Na semana que entra a ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia “Cristo da Victoria” volvemos ás rúas co obxectivo de continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. O LUNS 9 de xuño de 10h00 a 13h00 estaremos ás portas da delegación de FACENDA en Vigo (r/Lalín 2) para recollermos sinaturas. E o […]

Acto de rúa en Facenda para comezar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica

A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social convocamos un ACTO de RÚA diante de FACENDA (r/Lalín 2-  VIgo) o VENRES 30 de maio de 10h00 a 13h00 no que recolleremos sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola Renda Básica. Montaremos unha mesa informativa ás portas da delegación de facenda en Vigo e ás […]

9/05 – Concentración perante o colapso das Axudas de Emerxencia Municipais

Pasan as semanas e dende o concello os responsables políticos: alcalde e concelleira de benestar social dan a calada por resposta perante o atasco das axudas de emerxencia municipais. Semella non lles importar os atrasos insoportables que teñen que padecer as persoas que buscan nestas axudas unha saída ao problema que trae para moita xente […]

Charla/Xuntanza: “A ILP pola Renda Básica”

 A Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica para moitas persoas e colectivos é unha ferramenta para buscar saídas a esta tolemia de vida que nos propón o capitalismo.  Aínda non están os pliegos para a recollida de sinaturas, pero en nada os teremos e comezaremos coa recollida do medio millón de sinaturas. En Galiza hai varias localidades […]