🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Quen é Diego Lores?

Por Erik Dobaño Diego Lores non é un rapaz violento nin o parece. Non parece quen de derrubar e mancar a un policía. “Recordo que vin ao policía no chan e preguntarlle si estaba ben, pero non me parei a socorrelo”, conta Diego diante do cachifallo que coroa Coia. Hoxe é venres e vai vento […]

Comunicado desde a Marea de Vigo en apoio a Diego Lores e ODS

Desde a Marea de Vigo queremos manifestar a nosa solidariedade con Diego Lores e a ODS de Coia que este domingo inicia un peche de 48 horas pola súa absolución co gallo do xuízo que vai ter lugar o vindeiro martes 17. Diego será xulgado por uns feitos presuntamente acontecidos durante a loita da rotonda […]

Semana solidaria coa loita na rotonda de Coia

A Asemblea Aberta de Coia e Baladre (Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social) organizamos unha semana de palestras e proxeccións en solidariedade coa loita na rotonda de Coia que leva por título: “Quérennos en soidade, téñennos en común”. A xira, que comeza o domingo 8 e remata o sábado […]

Concerto Solidario polas represaliadas na loita da Rotonda de Coia

Continuamos cos actos en solidariedade co compañeiro Diego, vítima dun proceso xudicial inxusto. Por mor dunha montaxe policial: Diego enfróntase a unha petición de varios anos de cadea e máis de 15000 euros de responsabilidade civil; tan só por participar nas reivindicacións, e loitar por unha vida digna para todas. Co obxecto de continuar xuntando […]

Teatro solidario coa represión na rotonda de Coia

Na Asemblea Aberta de Coia temos o pracer de organizar unha peza de teatro: A AGULHA DE MAREAR. O domingo 18 de outubro a partires das 18:00 no salón de actos da parroquia Cristo da Vitoria (r/Baiona 9 b, Vigo) Unha actividade coa que buscamos recadar cartos e solidariedade fronte á represión sufrida nos meses […]

Video ‘A loita na rotonda de Coia’

A Asemblea Aberta de Coia organiza unha proxección solidaria coas multadas na loita da rotonda de Coia. Será o venres 8 de maio ás 20:00 no salón de actos da parroquia do “Cristo da Vitoria” e proxectaremos o vídeo “A loita na rotonda de Coia”. O video fai un repaso polas respostas dunha veciñanza que […]

Concentración Rotonda de Coia: Esiximos derereitos sociais non obras faraónicas

A Asemblea Aberta de Coia convoca de urxencia unha contrentración esta tarde na rotonda de Coia baixo o lema: Esiximos derereitos sociais non obras faraónicas. Será ás 19:00 na rotonda. As obras na rotonda van a toda velocidade, semella que Abel Caballero quere telas finalizadas antes do 31 de marzo, data a partir da cal […]

Sor Lucía Caram sumouse á loita na rotonda de Coia

Ao redor de 50 persoas concentráronse esta maña unha vez máis nas inmediacións da rotonda de Coia. Pero hoxe contamos cunha compañeira novidosa, á da mediática monxa de clausura Sor Lucia Caram que acompañounos nesta reivindicación. A veciñanza xunto con Sor Lucía demos unha simbólica volta á rotonda que rematou dentro da mesma, deixando claro […]

El blog rotondaenvigo.wordpress.com está recogiendo por capítulos una novela que trata de un supuesto secuestro de Abel Caballero por parte de unos opositores a la ubicación del barco en la rotonda de Coia. Escrita en clave de humor, los autodenominados “rotondianos” secuestran a Abel Caballero durante un acto electoral en una parroquia viguesa. Em un […]

INAUGURACIÓN VECIÑAL da COLOCACIÓN do BARCO e ROLDA de PRENSA

– A ASEMBLEA ABERTA de COIA convoca o SÁBADO 21 de febreiro un ACTO de INAUGURACIÓN VECIÑAL da COLOCACIÓN do BARCO na ROTONDA ás 11:30 na propia ROTONDA. Ao rematarmos faremos unha ROLDA DE PRENSA ofrecendo a nosa versión sobre o acontecido nestas últimas semanas de resistencia veciñal. Será ás 12:00 tamén na ROTONDA. Finalmente, […]

La Asamblea de Movimientos Sociales condena la actuación policial “paramilitar” en Coia

El colectivo quiere expresar su solidaridad con los heridos por la represión policial llevada a cabo por los agentes durante el traslado del Alfageme y califica de vergonzoso y desproporcionado el costosísimo dispositivo utilizado, cuyos agentes mostraron en todo momento una actitud más amenazante que disuasoria e hicieron gala en numerosos momentos de pérdida de la serenidad […]

Esquerda Unida pide que se faga público o custe do traslado do Alfageme e donde figura o concurso público

– Rubén Pérez (Esquerda Unida): “O empecinamento de Caballero na colocación do Bernardo Alfageme so pode ser entendido dende a prepotencia dun alcalde sen lectura da realidade”. O coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera que o traslado do barco fronte a un acordo plenario, amosa un comportamento antidemocrático e que roza o […]

Colectivos de todo el Estado apoyan lucha de gente de Coia

Os colectivos que asinamos este comunicado condenamos o aumento da represión nas protestas sociais e amosamos, de xeito público, o noso apoio a unha loita fortemente reprimida por parte de Abel Caballero e do seu goberno que non dubidou en empregar á policía local en contra da veciñanza. Por todo isto, queremos amosar o noso total apoio ás […]

Xoves 29 – Concentración na rotonda de Coia: “Globos contra o barco na rotonda”

– A Asemblea Aberta de Coia convoca mañá xoves 29 de xaneiro unha concentración na rotonda de Coia baixo o lema: “Globos contra o barco na rotonda”. Será a partires das 18:00 Centenas de globos servirán para dicirlle, moi clariño, ao alcalde algo que a veciñanza non quere o barco na rotonda de Coia. Queremos […]

Concentración: “Nin esmola asistencial, nin barco na rotonda”

– A Asemblea Aberta de Coia convoca o XOVES 22 de xaneiro ás 18:00 unha CONCENTRACIÓNna ROTONDA de COIA baixo o lema: “NIN ESMOLA ASISTENCIAL, NIN BARCO NA ROTONDA. ESIXIMOS DEREITOS SOCIAIS” A veciñanza volvemos á rotonda para esixir dereitos sociais! O faremos por medio dun acto de rúa no que representaremos o “Vigo real” […]

A rotonda onde nacín

Foi nos anos 1960. Daquela non existían edificios, nen a avenida de Castelao, nen o Alcampo. No seu lugar había casas, camiños, leiras, coutadas, liñares, xuncais, fontaíñas…, e o noso benqueridiño e tristemente desaparecido Turreiro (non “Torreiro” como escreben agora os anormalizadores da lingua). Foi onde hoxe está a chamada “rotonda de Coia”. Na vella […]

Comunicado lido na manifestación en protesta pola rotonda de Coia

Estamos a construír soños colectivos! Nunha asemblea, convocada de urxencia o 3 de decembro, decidimos parar as obras da rotonda; e conseguímolo. Foi a primeira vitoria, pero non a máis importante. Sen decatármonos, no rexeitamento da veciñanza á instalación do Bernardo Alfageme na rotonda, estabamos a expresar cos nosos corpos en desobediencia que SI, SI […]

Asemblea Aberta de Coia convoca unha manifestación

– A manifestación será baico o lema : XUSTIZA SOCIAL. ¡NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL! Como na anterior manifestación, celebrada o pasado 12 de decembro, sairemos desde a Praza de América ás 20:00 para chegar, logo de percorrer a avenida de Castelao, á rotonda de Coia onde remataremos cunha concentración e coa lectura dun […]

Plataforma Galega das Marchas da Dignidade convoca ROLDA DE PRENSA na Rotonda de Coia

Neste acto daremos conta do APOIO INCONDICIONAL DAS MARCHAS DA DIGNIDAD, aos tres veciños encausados, e a todas as persoas identificadas, que foron tomadas como reténs pola policía municipal a instancias do alcalde de Vigo e acusadas de atentado a autoridade por participar nunha movilización veciñal contra a decisión de Abel Caballero, de instalar na rotonda de Coia […]

EU pregunta ao Ministerio do Interior sobre a actuación da Policía Local no conflicto de Coia

– O coordenador local de EU, Rubén Pérez, trasladou hoxe unha pregunta ao GRUPO PARLAMENTAR DA ESQUERDA PLURAL no Congreso dos Deputados polo que consideran unha “extralimitación de funcións” por parte do Alcalde ao ordenar actuar á policía local ante supostas alteracións “orde pública” , feito que corresponde facer ao corpo nacional de Policía. Para EU é especialmente significativo que en […]

La Asamblea de Movimientos Sociales de Vigo condena la represión policial inducida por Caballero

– Exigen a alcaldía que deponga esta actitud por una cuestión de responsabilidad social El colectivo, sobre los últimos acontecimientos sucedidos en torno a la polémica de la rotonda de Coia, declara rechazar totalmente las últimas actuaciones policiales y pide que no se politicen ni la libertad ni los derechos fundamentales; definiendo la reciente dirección de los hechos […]

O CONFLICTO DE COIA,  crónica dun desatino urbanístico

Nos primeiros días de decembro, sen adxudicación de obra e contra a decisión do pleno municipal, o alcalde Abel Caballero ordena o inicio das obras na rotonda de Coia pra instalar o barco Bernardo Algageme. A empresa encargada de realizar esas obras é Civis Global, herdeira de Movexvial, contratista habitual do Concello e desaparecida a […]

Esquerda Unida de Vigo denuncia a criminalización dos opositores a rotonda en Coia

– Esquerda Unida de Vigo considera propia da “dereita rancia” a política de persecución e criminalización do Alcalde dos Colectivos Sociais que se opoñen a rotonda de Coia. O coordinador local de EU considera pide a Policía Local que denuncie ante o comité de empresa e inspección de traballo o uso “paramilitar” que o alcalde pretende facer […]

Rolda de Prensa sobre o conflito da rotonda da Asamblea Aberta de Coia

A Asemblea Aberta de Coia e a Parroquia do Cristo da Victoria convocamos de urxencia unha Rolda de prensa nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria(r/Baiona 9 baixo – Coia) ás 17h30 para valorar as detencións de tres persoas vinculadas ao noso colectivo, dar conta do sucedido e denunciar o crecemento das dinámicas de […]

La Asamblea de Movimientos Sociales de Vigo exige que Caballero acepte consulta ciudadana

El colectivo entiende que la solución para que el alcalde de la ciudad contraste su opinión de que la instalación del barco Alfageme en la rotonda de Coia es deseada con “clamor ciudadano” por la mayoría vecinal, es que se someta a una decisión democrática definitiva mediante consulta ciudadana. El alcalde sostiene que la protesta, que consiguió reunir […]

Petición das medidas de protección do Bernardo Alfageme a Patrimonio Histórico do Concello de Vigo

Dende a Asemblea Aberta de Coia pensamos que a xestión do patrimonio cultural é demasiado importante para deixalo só ao abeiro de decisións políticas, cuxas miras non van máis alá duns poucos meses ou, ao sumo, esténdese a catro anos vista. Paralizamos as obras da rotonda polo gasto insultante e inmoral dunha obra nun barrio […]

Martes 23, rolda de prensa na rotonda de Coia

– A Asemblea Aberta de Coia convoca aos medios de comunicación a unha nova rolda de prensa na rotonda de Coia.– Será o martes 23 ás 11:30 na rotonda de Coia. Nesta convocatoria farase unha valoración destas semanas de mobilizacións que conseguiron parar as obras que tiñan como fin acoller ao barco Bernardo Alfageme. Ademais […]

Mesa informativa e recollida de firmas en Balaídos

– A Asemblea Aberta de Coia estará maña desde as 20.00 nos arredores do estadio de Balaídos ofrecendo información e recollendo sinaturas en contra da instalación do barco Bernardo Alfageme na rotonda de Coia. Montaremos unha mesa no cruce de Fragoso con Eugenio Kraff e repartiremos volantas entre a xente que vaia a ver o […]

MANIFESTACIÓN: NON ao BARCO na ROTONDA de COIA

HOXE VENRES 12 de decembro a asemblea aberta de Coia convoca unha MANIFESTACIÓN baixo o lema: NON PODE SER, O BARCO NA ROTONDA E AS FAMILIAS SEN COMER!   Sairá desde a Praza de América ás 19:00 para chegar, logo de percorrer a avenida de Castelao, á rotonda de Coia onde remataremos cunha concentración e […]

Venres 12 – MANIFESTACIÓN: NON ao BARCO na ROTONDA de COIA

O VENRES 12 de decembro a asemblea aberta de Coia convoca unha MANIFESTACIÓN baixo o lema: NON PODE SER, O BARCO NA ROTONDA E AS FAMILIAS SEN COMER!   Sairá desde a Praza de América ás 19:00 para chegar, logo de percorrer a avenida de Castelao, á rotonda de Coia onde remataremos cunha concentración e […]

EU dubida da legalidade de destinar 300.000€ á colocación do barco na rotonda sen contrato público

ESQUERDA UNIDA DUBIDA DA LEGALIDADE DE DESTINAR 300.000 € Á COLOCACIÓN DO BARCO ALFAGEME NA ROTONDA DE COIA, SEN CONTRATO PÚBLICO E PRESUNTAMENTE AMPARANDO A OBRA NO CAPÍTULO DE MANTEMENTO DOS ORZAMENTOS. EU pide claridade e trasparencia nesta actuación, a que se opón radicalmente e solicita a sua paralización. O coordinador local de EU, Rubén […]

La AMS convoca concentración en contra de instalación del barco Alfageme en Coia

– La misma tendrá lugar el viernes 5 de diciembre a las 19:00 de la tarde. La AMSV, plataforma conformada por varios grupos sociales de la ciudad y apoyada por partidos políticos y sindicatos convocan este acto de protesta en solidaridad con los vecinos de Coia, que no desean que el barco se traslade a la rotonda […]

Artigo de opinión por Fran Riveiro sobre a rotonda de Coia

Hoxe veciños e veciñas de Coia,de Vigo,decidimos por fin a impunidade dun alcalde que,ainda estando en minoría,séntese señor feudal tratando os cidadans coma subditos do seu pequeno universo persoal. Hoxe dixemos BASTA!!!!,basta de despilfarro dos cartos públicos de tod*s nos seus delirantes proxectos,basta de pisotear os dereitos das persoas,basta de incumplir os acordos e as […]

Cancelamos o acto de recollida de firmas da ILP pola Renda Básica e defendemos a rotonda de Coia

Cancelamos o acto de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica que tiñamos convocado para mañá venres 5 de decembro. O motivo é que moita xente da ODS-Coia e das asembleas dos martes estaremos na rotonda de Coia, parando novamente as obras que teñen por obxecto acoller o barco “Bernardo Alfageme”. Achegamos un texto […]

Vecinos de Coia paralizan la barco rotonda de 300.000€

– Decenas de personas se sumaron a la causa desde las 8 de la mañana – Sin incidentes a destacar, las obras han quedado paralizadas Desde las 8 de la mañana en la rotonda de Castelao, vecinos de Coia, representantes políticos de BNG, Anova, IU y  el colectivo Asamblea de Movimientos Sociales se dieron cita […]

Asemblea en Coia en contra do barco na rotonda

– Mércores 3 de decembro ás 19:00 – Locais da parroquia do Cristo da Vitoria ASEMBLEA ABERTA sobre o barco que o concello quere poñer na rotonda do Alcampo gastando 300.000 euros. Temos que paralo! #NONaoBARCOnaROTONDAdeCOIA. Noticia relacionada: Non queremos o barco de COIA OPINIÓN VECIÑAL XISTRA SOUTO

NON queremos o barco na rotonda de Coia!

– Onte comezaron os traballos para que a rotonda da avenida de Castelao en Coia acolla o barco Alfageme. Moitas persoas do barrio non estamos dispostas a que o goberno municipal tire os cartos (300.000 euros) en meter un barco nunha rotonda. O barrio sofre con crueza as consecuencias da crise/estafa e o concello decide, […]