A Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña vén de facer un chamamento a todas as veciñas e veciños da comarca para que participen na manifestación convocada para este xoves, 1 de marzo, en rexeitamento á Lei de Saúde do PP. A marcha sairá ás 20h dende o Hospital da Costa e rematará diante […]
O presidente da Xunta afirmaba onte no Parlamento que nos últimos 23 días se reforzou a rede sanitaria pública galega coa incorporación de 3.141 persoas, das que 336 serían persoal médico e 2.435 profesionais de enfermería. A CIG-Saúde pídelle a Núñez Feijoo que aclare se estes datos se refiren á contratación de persoas ou ao […]
Segundo as recomendacións que recollía o Plan Mellora de Atención Primaria, o cupo máximo que debera asumir cada profesional sanitario sería de 1.200 cartillas, pero no caso dos centros de saúde da Mariña, “polo abandono que se está producindo, as e os profesionais vense obrigados a asumir máis de 3.000 cartillas”. Así o denuncia a […]
O goberno de Feijóo aprobaba, o pasado xoves día 7 de decembro, a reforma da Lei de Saúde de Galiza, coa que recupera o texto da LOSGA (Lei de Saúde de Galiza) feita polo goberno do PP antes do bipartito. Deste xeito, pon ao mesmo nivel a sanidade pública e a privada e recentraliza os […]
Comunicado plataforma SOS Hospital Meixoeiro Despois de ver pasar cada día e cada ano por diante dos nosos ollos a TOTAL DESTRUCIÓN da Sanidade Pública, moitas persoas, reunidas en diferentes grupos e organizacións, vimos de xuntarnos para convocar o que queremos que sexa unha gran manifestación, que nesta ocasión partirá o próximo día 18 de […]
Traballadores/as e delegados/as sindicais da sanidade pública galega volveron este mércores ás rúas para esixir á Consellaría que sente negociar a recuperación dos acordos retributivos e o desenvolvemento da carreira profesional, así como para esixir a retirada da reforma da Lei de Saúde. A protesta enmárcase nas accións previas á convocatoria de folga xeral no […]
Traballadores e traballadoras da sanidade pública galega iniciaron este xoves mobilizacións en rexeitamento á negativa da consellaría de Sanidade e da propia Xunta de Galiza a sentar sequera a negociar un calendario para recuperar os acordos retributivos e a carreira profesional. As protestas, realizadas diante dos hospitais, continuarán o vindeiro mércores e enmárcanse nas accións […]
Este mércores, traballadoras/es da sanidade e usuarios/as volveron mobilizarse no Hospital da Costa e nos centros sanitarios da comarca da Mariña para esixir a retirada do anteproxecto de lei “que pretende borrarnos do mapa como área sanitaria”. Durante as protestas, a xunta de persoal volveu reclamar a capacidade de xestionar dende a comarca tanto os […]
Traballadoras e traballadores da sanidade xunto con veciñas e veciños da comarca, participaron este mediodía nas concentracións convocadas pola Xunta de Persoal en rexeitamento á reforma da Lei de Saúde formulada pola Consellaría que suporá, entre outras cuestións, a supresión da Área Sanitaria da Mariña. As protestas desenvolvéronse ao mediodía na entrada ao Hospital da […]
A Xunta vén de presentar un anteproxecto de modificación da Lei de Saúde que suprime as áreas do Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés, afastando así os servizos sanitarios das persoas. Até o 17 de agosto, o documento está aberto a suxestións no Portal da Transparencia. Dende a CIG convidámoste a que lle fagas […]
A CIG-Saúde vén de presentar alegacións ao anteproxecto de modificación da Lei de Saúde de Galiza que, entre outras cuestións, contempla a supresión das áreas sanitarias do Salnés, A Mariña, Monforte e O Barco. A Federación da CIG solicita a paralización inmediata deste decreto e que o documento regrese á Mesa Sectorial como punto da […]
A CIG-Saúde solicita a retirada inmediata do anteproxecto de Lei presentado onte na mesa sectorial do SERGAS, polo que se suprimen as actuais áreas sanitarias do Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés. A central sindical entende que o obxectivo do PP con esta reforma é avanzar nas políticas de desmantelamento da sanidade pública -dando […]
A Federación de Saúde da CIG cualificou como “unha nova tomadura de pelo” a reunión extraordinaria da Mesa Sectorial que tivo lugar este mércores 2 de agosto, xa que na mesma a Consellaría negouse a abordar a negociación dun calendario de recuperación dos acordos salariais e laborais suspendidos. CIG-Saúde denuncia que as e os traballadores […]
A Comisión de Centro de Cee vén de denunciar “a situación de abandono” na que se atopa o Hospital Virxe da Xunqueira e amosar a preocupación polo desmantelamento paulatino de servizos neste hospital por parte da Xerencia de Xestión Integrada (EOXI) da Coruña, a quen acusan de “querer desmantelar”o centro. Un camiño que, neste mes […]
Comisións Obreiras (CCOO) insta a Xunta a reducir a «insoportable eventualidade e precariedade» na sanidade pública. Segundo datos do Ministerio de Sanidade, o 22 % das prazas están cubertas de xeito interino ou mediante contratos en fraude de lei, isto é, 7660 dun total de 34 057. Por esta razón, CCOO defende unha oferta pública de emprego […]
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei convoca unha manifestación este sábado 18 en Verín para reclamar unha sanidade pública e de calidade na bisbarra e denunciar as numersoas deficiencias detectadas na prestación sanitaria. A marcha -cuxa convocatoria foi decidida en asemblea o pasado mes de febreiro- arrincará da Praza do […]
Comunicado trala xuntanza de representantes desta Coordinadora co alcalde Xulio Ferreiro e o concelleiro Alberto Lema o dia 1 de Marzo co motivo da proposta da creación dun Cluster de saúde na nosa cidade. Expusémoslles o noso posicionamente ante a creación dun organismo que afonda na privatización da sanidade pública e sobre todo co axuda […]
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, informou hoxe no Parlamento de Galicia das liñas estratéxicas do seu departamento para este 2017, entre as que destacou a aposta por un novo modelo de Atención Primaria, que sexa máis proactivo, no que o profesional de referencia dispoña das ferramentas e tecnoloxías necesarias para atender nas mellores […]
A CIG-Saúde vén de dirixirse á Xerencia do Hospital da Costa para demandar a inmediata posta en marcha da consulta especializada de enfermaría oncolóxica, cuxa creación foi aprobada hai dous meses no Parlamento de Galiza. Non obstante, a dirección do centro hospitalario afirma ter un descoñecemento absoluto sobre a creación da consulta e a dotación […]
Unha marea máis e aumentan os motivos para sair á rúa a defender a nosa sanidade pública. Tres anos para unha proba: Este foi o último exempolo dun dos desproósitos cada vez mais frecuentes na sanidade publica galega. Publicáronse as listas de agarda, e como xa nos podíamos imaxinar, houbo un incremento dun 30%. 300.000 […]
Tal e como denunciaba a pasada semana o Movemento Galego de Saúde Mental (do que a CIG forma parte), o deterioro progresivo na atención á saúde mental en Galiza vén de cobrarse dúas vítimas: unha morte por suicidio e unha agresión sexual que puideron evitarse e “que son froito e consecuencia de decisións erróneas”, nas […]
O Sergas anunciou que o doutor José Ramón Fernández Lorenzo abandonará esa función nos próximos meses, un día despois de que o Grupo HM Hospitais anunciase a súa fichaxe como xefe de pediatría dos catro centros sanitarios que ten en Galicia, dous en Santiago e dous na Coruña. A administración sanitaria considera que non é […]
Ante a fichaxe do xefe de servizo de pediatría do CHUVI polo grupo HM de Hospitais privados, a executiva da federación de sanidade de CCOO de Galicia vénse a manifestar nunha nota de prensa despois que hoxe saira a noticia que o José Ramón Fernández Lorenzo vai simultanear o cargo de xefe de servizo do […]
Diante da noticia de que o xefe do servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo foi nomeado novo xefe de Pediatría de HM Hospitais en Galicia e coordinará este servizo nos catro centros do grupo: HM Modelo e HM Belén, na Coruña, e HM Rosaleda e HM A Esperanza en Santiago, CIG-Saúde quere […]