Preto de 30 colectivos súmanse á manifestación do venres en Chapela en apoio do persoal de Pescanova

Un total de 29 organizacións sociais, veciñais, deportivas, culturais, políticas e sindicais de Redondela amosaron o seu apoio público á manifestación que este venres día 21 percorrerá as rúas da parroquia de Chapela en solidariedade coa loita do cadro de persoal de Pescanova. A marcha, que hoxe foi presentada en rolda de prensa polos colectivos […]

O persoal de Pescanova perfilará en asemblea a súa última proposta de convenio

O cadro de persoal de Nueva Pescanova celebrará unha asemblea este sábado en Redondela para perfilar a última proposta de convenio colectivo que lles trasladarán á empresa a instancias da mediación laboral. A maioría sindical (CIG, CUT, UGT e USO) agarda que o acordo poida estar pechado antes de que remate o actual mes de […]

A asemblea de Pescanova ratifica a suspensión da folga indefinida mentres se celebran as negociacións sobre o convenio

A asemblea de traballadores/as de Pescanova celebrada hoxe en Chapela aprobou por unanimidade a proposta das centrais de suspender a folga indefinida prevista para o vindeiro día 4 mentres se celebran as xuntanzas fixadas pola mediación laboral para intentar chegar a un consenso sobre os novos convenios colectivos. Con todo, o cadro de persoal da […]

A mediación fixa tres xuntanzas para abordar o incremento salarial, a flexibilidade e as novas categorías laborais en Pescanova

A Inspección de Traballo, que esta tarde iniciou a mediación no conflito laboral de Pescanova a instancias da Xunta, fixou tres xuntanzas entre a CIG, CUT, UGT e USO e a dirección -CCOO participa nunha mesa de negociación distinta tras o veto dos outros sindicatos polo seu comportamento desleal- para abordar o que até o […]

Centos de persoas solidarízanse coa loita do persoal de Nueva Pescanova na segunda xornada de folga

Varios centos de persoas participaron hoxe na manifestación convocada en Vigo polo cadro de persoal de Nueva Pescanova coincidindo coa segunda xornada de folga para reclamar uns convenios colectivos dignos na empresa de alimentación. Durante a marcha berráronse consignas a prol da posta en liberdade do traballador detido pola Policía española a primeira hora da […]

Un detido na folga de Pescanova

Hoxe ás oito da mañá era detido Luis Bar, traballador de Pescanova e activista sindical da CUT, membro da Executiva Comarcal de Vigo. Dende as cinco da mañá o piquete das traballadoras e traballadores agardaban a saída das compañeiras e compañeiros da quenda de noite. A partitura ademais, como non podería ser doutra maneira, estivo […]

“Levantámonos porque non imos precarizar o emprego nin ser propiedade deles de luns a domingo”

Ana Bélen Vázquez Martínez Operaria de produción no centro industrial de Pescanova España en Chapela. Leva 14 anos na empresa e é a única representante da CUT na negociación do Convenio Colectivo. Pescanova vive un momento histórico. É a primeira vez que paran as máquinas dende a creación da empresa en 1960. Case 11 meses […]

O cadro de persoal de Pescanova convoca unha manifestación coincidindo co segundo día de folga

O cadro de persoal de Nueva Pescanova decidiu convocar unha manifestación en Vigo coincidindo coa segunda xornada de folga deste martes 21 para reclamar uns convenios colectivos dignos. Ao mesmo tempo, as centrais CIG, CUT, UGT e USO revelaron que barallan denunciar na Fiscalía a “actitude chulesca” da Policía española durante o primeiro día de […]

Empregados de Pescanova impiden a entrada do persoal de ETT na empresa

Os traballadores/as de Nueva Pescanova impediron este sábado a entrada do persoal de ETT nas instalacións da empresa para evitar que se fagan horas extras. O empregados/as da compañía de alimentación decidiran en asemblea deixar de facer horas extras como medida de presión ante o bloqueo das negociación do convenio colectivo, polo que a dirección […]

O persoal de Pescanova convoca dúas xornadas de folga polo bloqueo da negociación do convenio

O cadro de persoal de Nueva Pescanova decidiu hoxe nunha multitudinaria asemblea celebrada en Redondela convocar dúas xornadas de folga os vindeiros martes 14 e 21 de marzo ante o bloqueo da renovación dos convenios colectivos tras máis de 10 meses de conversas. Ademais, os traballadores/as acordaron que no caso de que non se produzan […]

A asemblea de Pescanova debatirá a convocatoria de folga ante o bloqueo das negociacións do convenio

A asemblea de traballadores/as de Nueva Pescanova que se celebra en Redondela este sábado debatirá a posibilidade de promover unha convocatoria de folga ante o bloqueo das negociacións do convenio colectivo tras 10 meses de conversas. As centrais CIG, CUT, UGT e USO rexeitan a última proposta da empresa -que insiste na flexibilidade laboral e […]

A maioría sindical de Pescanova decide deixar fóra da unidade a CCOO pola súa actitude desleal

As centrais maioritarias do grupo Nueva Pescanova ofreceron hoxe unha rolda de prensa para anunciar que deixan a CCOO fóra da unidade sindical pola súa actitude desleal co resto organizacións e cos propios traballadores/as. Dende a CIG, CUT, UGT e USO denuncian que a proposta de convenio colectivo feita pública sindicato español coincide coa achegada […]

O persoal de Nueva Pescanova denunciará a “mala fé” da empresa e “cortará” as horas extra como medida de presión

Boa parte do cadro de persoal de Nueva Pescanova decidiu onte nunha multitudinaria asemblea celebrada en Redondela denunciar na Inspección de Traballo a “mala fe negociadora da empresa” -que pretende impoñer un convenio que precariza as condicións laborais- e, como primeira medida de presión, “cortar” tanto as horas extras dos sábados como as que se poidan […]

As centrais desmárcanse das filtracións sobre o convenio de comercio de alimentación de Pontevedra

CIG, UGT, CCOO e USO, a través da súa representación na mesa de negociación, veñen de desmarcarse das recentes informacións aparecidas na prensa no tocante ao convenio do comercio de alimentación da provincia de Pontevedra, atribuíndoas a unha filtración. Deste xeito, alén de indicar que son as únicas voces sindicais facultadas para realizar as pertinentes […]

Convocan folga no comercio de alimentación de Pontevedra para os días 5 e 7 de decembro

Despois de sucesivas xornadas de negociación sen avanzos, tres co AGA como mediador, as multitudinarias asembleas convocadas o pasado domingo polas centrais CIG, UGT, CCOO e USO aprobaron por unanimidade a convocatoria de folga no comercio de alimentación da provincia de Pontevedra para os vindeiros 5 e 7 de decembro. Tal e como referiron desde […]

Traballadores/as de Segur Ibérica reclaman á empresa o cobro dos seus salarios

Traballadores e traballadoras de Segur Ibérica concentráronse diante da sede da empresa en Oleiros para esixir o cobro dos seus salarios e demandar información verídica fronte aos rumores e especulacións sobre o futuro dos empregos xurdidas nas últimas semanas. Un grupo de represenantes do persoal permanece dende as 12 do mediodía nas dependencias da delegación […]