Comunicado dos grupos ecoloxistas sobre a detención do compañeiro Miguel Martínez

As circunstancias que rodean a detención de Miguel Ángel Martínez Novoa causan preocupación en todo o ecoloxismo galego. Miguel é unha persoa coñecida, valorada e querida de todas as persoas que ao longo dos anos noventa do pasado século activaron a loita social contra o a deterioración da natureza no noso país. O Movimento Ecoloxista […]

Nós non nos vedemos ENCE fóra de Lourizán!!

Logo da infame prórroga de 60 anos ditada polo goberno en funcións do PP, a empresa e a Xunta anunciaron un mal chamado “pacto ambiental” co que ENCE só pretende seguir comprando vontades e o silencio de estómagos agradecidos a cambio de esmolas aos colectivos sociais. Pero, desta volta, ENCE vai máis alá e, coa […]

Verdegaia non vai permitir a construción dun vertedoiro en Lousame

O vertedoiro proxectado para Lousame non se adapta á normativa de xestión de residuos, contén numerosas imprecisións e erros, e supón un risco grave para a saúde da poboación próxima e un grave perigo de contaminación do ambiente incluíndo os acuíferos dos que se abastece a Vila de Noia e a propia Ría de Muros-Noia en […]

Roteiro polo espazo natural das Gándaras de Budiño‏ – Sábado 06 Xuño

– Co gallo do DIA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE, a SGHN, Verdegaia e AHE organizan, este Sábado 06 de Xuño, un roteiro polo espazo natural das Gándaras de Budiño. – O percorrido é circular, de dificultade baixa e realizarase coa axuda dun guía ambiental. Sairemos ás 10:00 h. do aparcadoiro dos observatorios das Gándaras de Budiño (O Porriño) onde tamén rematará a ruta en torno ás 14:00 h. O itinerario será: lagoa e barreira de Orbenlle, turbeira do Cerquido, turbeira de Albelos, Ribadelouro, bosque de ribeira do Louro e lagoa de Orbenlle. Entre os valores naturais […]

A CHMS sanciona o concello de Tui polos verquidos no regato San Martiño (Tui)

Verdegaia congratúlase de que por fin unha administración tome medidas contra o verquido de augas contaminantes ao regato San Martiño situado na parroquia de Areas en Tui. Este verquido constante torna as augas cristalinas do regato nun líquido gris e nauseabundo que vai aniquilando toda a fauna e flora que atopa polo camiño ata a […]

Un circo instalado en Mos mantén leóns a 2ºC

– Verdegaia esixe das administracións locais que non promovan nin apoien actividades que supoñan un maltrato cara os animais. Esta semana atopamos máis un exemplo de maltrato animal, desta feita nas instalacións do Cirkus Kaos instalado no concello de Mos. A pesar de contar con un repertorio variado de malabaristas e pallasos, é un dos circos que se […]

A web de Verdegaia presenta dende hoxe os horarios do transporte metropolitano de Vigo

En Verdegaia consideramos que a promoción do transporte colectivo é unha peza fundamental para diminuír o consumo dos combustíbeis fósiles, polo que queremos achegar o noso gran de area mediante un proxecto que até agora ningunha administración se preocupou en elaborar. Dende hoxe pódese atopar resumida nun so sitio (verdegaia.org) toda a información sobre os […]