En Marea asegura que os 333 millóns de euros de beneficios de Abanca demostran que o PP levou a cabo unha manobra de descrédito público das Caixas

O grupo parlamentario de En Marea rexistrou unha pregunta no Parlamento de Galicia para coñecer a opinión da Xunta de Galicia da estafa que supuxo a privatización das Caixas e a precipitada venda, a prezo de saldo, de Abanca despois de se coñecer os últimos datos publicados dos beneficios no ano pasado que superan os […]

Luís Villares: “Queremos que se revisen con lupa os millonarios contratos da Xunta con empresas investigadas por financiamento ilegal do PP”

Para denunciar “os tentáculos da corrupción en Galicia”, o voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares expuxo esta mañá en rolda de prensa os datos das “sospeitosas” concesións da Xunta de Galicia a empresas coma INDRA ou OHL, investigadas por financiamento ilegal do Partido Popular, pois “ temos que estar vixilantes porque xa vimos noutras […]

En Marea esixe que se anule a decisión de acabar co servizo de rexistros da propiedade en dez municipios e que suporá un “estrangulamento do medio rural“

En Marea denunciou a nova acción de estrangulamento do medio rural que pretende levar a cabo o Partido Popular e que suporá a perda de servizos esenciais, condenar a poboación do rural a unha degradación condicións vida afastando servizos. Esta decisión traerá como consecuencia o alongando dos tempos prestación servizos, obrigando a desprazamentos que non […]

En Marea asegura que a cidadanía non ten que asumir o “despropósito“ da “autovía pantasma“ da A-57

O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, esixiu ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que deixe de enganar á cidadanía co proxecto de “autovía pantasma“ da A-57. Villares referiuse así a esta infraestrutura xa que “non se fala dela no seu conxunto, só por tramos“. Unha autovía que pola contra si aparece […]

Luís Villares: “O PP duplica a AP9 coa A57  para negocio das construtoras dos papeis de Bárcenas”

O voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, trasladouse hoxe a Pontevedra, para dar unha rolda de prensa conxunta co voceiro da Marea Pontevedra Luís Rei para explicar en que iniciativas de interese para a cidade e a súa área están traballando conxuntamente e cales rexistraron no Parlamento no Concello. Os dous voceiros, que visitaron […]

Luis Villares: “Temos un goberno oínte en materia industrial que non conta con ningunha estratexia industrial para o sector do automóbil”

“Hai gobernos activos e hai gobernos oíntes, o noso é un goberno oínte”, sinalou esta mañá Luís Villares na habitual rolda de prensa dos luns para valorar a actualidade política. En referencia ao último episodio da compra de Opel por PSA, da que aínda se descoñece a reacción do goberno galego, o voceiro parlamentario de […]

Villares pon en valor os 100 días da alternativa positiva e de país de En Marea fronte ao Goberno “gris“ de Feijoo

O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, valorou os 100 días da alternativa de En Marea formulando propostas reais e realizables de país fronte aos “100 días de moita propaganda e nula eficacia de xestión de Núñez Feijóo“. Villares que ofreceu unha rolda de prensa esta mañá no Parlamento de Galicia na que referiuse […]

Luís Villares: “O AVE non chegará a ningunha cidade galega ata 2022, non nos engane señor Feijóo”

A crónica dunha rendición anunciada. Así definiu Luís Villares a actitude de Feijóo con respecto ó Goberno central á hora de negociar os prazos da chegada do AVE a Galicia. “A Alta Velocidade non chegará a ningunha cidade galega antes de 2022 porque vostede foi a Madrid a comportarse como un subordinado, como un simple […]

En Marea levará ao Parlamento a negativa dos traballadores a que se venda Ferroatlántica

Os representantes do comité de empresa de Ferroatlántica mantiveron unha reunión con tres dos integrantes do grupo parlamentario de En Marea, Luís Villares, voceiro parlamentario, Antón Sanchez e Francisco Casal para reiterar a negativa de que esta emprea, pertencente ao grupo de Villar Mir, venda as súas centrais galegas como foi publicado pola prensa económica […]

Luís Villares: “A negociación de Feijóo cos prazos do AVE é a crónica dunha rendición anunciada”

Para Luís Villares a viaxe de Feijóo a Madrid para anunciar un novo atraso nos prazos do AVE trala xuntanza co Ministro de Fomento é a “crónica dunha rendición anunciada”. “Un engano flagrante pois non é verdade que o AVE chegará a Galicia en 2019, senón que se fai unha manobra cosmética para deixar o […]

Villares: “Ten vostede unha política social de cartón pedra. Fría, insensible e sobre todo falsa”

“A súa política social señor Feijóo é de cartón pedra: fría, insensible e sobre todo falsa“. Así definiu o portavoz do grupo parlamentario de En Marea, Luís Villares, as actuacións do Goberno de Alberto Núñez Feijóo en materia social na sesión de control ao Presidente, Alberto Núñez Feijóo. Na súa intervención Luís Villares denunciou o […]

En Marea insta ao Presidente da Xunta a negociar incremento das partidas en favor da igualdade e contra a violencia machista

“O machismo combátese con igualdade“. Con esta afirmación arrancou o portavoz de En Marea, Luís Villares, a súa intervención na sesión de control ao Presidente da Xunta de Galicia a quen preguntou polas medidas que pensa implementar o Goberno galego ante o drama social da violencia e os asasinatos machistas. Villares salientou que existe unha […]

En Marea propón dedicar o 35% do beneficio empresarial a mellorar os servizos de emerxencia

Luís Villares comezou a súa intervención na Comisión 3º preguntándolle ao director da Axencia Galega de Emerxencias pola súa responsabilidade na xestión do incendio de Fandicosta, “un lume que puido ser controlado de xeito efectivo pero non o foi por decisións nefastas imputables á Axencia que vostede dirixe, pois o mando non autorizou a intervención […]

En Marea centrará todas as súas iniciativas do vindeiro pleno na defensa da igualdade e a loita contra a violencia machista

O grupo parlamentario de En Marea centrará todas as súas iniciativas do vindeiro pleno do Parlamento de Galicia na defensa da igualdade e a loita contra a violencia machista. O portavoz de En Marea, Luis Villares, anunciou na rolda de prensa posterior a Xunta de portavoces a intención do seu grupo de presentar un programa […]

Luís Villares e Carolina Bescansa aseguran que “estamos a tres días de pechar en Galicia o capítulo do bipartidismo, da corrupción e das políticas contra á xente”

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia de En Marea, Luís Villares, e a deputada no Congreso de Podemos, Carolina Bescansa, mantiveron esta mañá unha conversa na sede de En Marea na praza do Toural onde analizaron a situación actual e as expectativas que se abrirán no noso país a partir do vindeiro domingo. […]

En Marea comprométese con identificar e levar aos Tribunais a todos os que saquearon as arcas públicas para que devolvan ata o último euro roubado e vaian a prisión.

En Marea celebrou esta tarde un encontro coa cidadanía en Narón no que centrou a súa mensaxe na corrupción e o firme compromiso de En Marea con acabar con ela. “O único que lle preocupa a Feijóo da corrupción e o seu propio interese persoal segundo recoñeceu nunha entrevista, o interese de partido, interese egoísta […]

Luís Villares: “Un país xusto mantén a mocidade na súa terra e non goberna para traficantes de miseria“

En Marea mantivo esta tarde un encontro coa veciñanza de Viveiro no Teatro Pastor Díaz no que estiveron presentes o candidato á presidencia da Xunta de Galicia e cabeza de lista por Lugo, Luís Villares, a número 2, Paula Verao, o número 7, Bernardo Fraga, o número 9, Marcos Besada, e a deputada de En […]

En Marea trasladou aos traballadores de Alcoa seu compromiso co sector industrial

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, e a candidatura da Coruña mantiveron esta mañá un encontro cos representantes dos traballadores de Alcoa na Coruña tras o que En Marea reclamou ao Goberno que saque adiante de xeito inmediato a poxa enerxética que precisa a empresa e que se vinculen as subvencións […]

En Marea presentase na Coruña como a ferramenta que Galicia necesita para solucionar os problemas que nos deixa Núñez Feijóo

En Marea presentou esta mañá a candidatura pola provincia da Coruña rematando así as presentacións dos homes e mulleres que conforman as súas listas para as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia. O candidato á presidencia da Xunta de Galicia de En Marea, Luís Villares, salientou que En Marea “é a ferramenta que este país […]