“A AP-9 é a metáfora da submisión de Feijóo a Madrid” – Xoán Bascuas

O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, emprazou ao presidente da Xunta a defender os intereses de Galicia con respecto ao veto do goberno do estado sobre a transferencia da AP-9, unha arteria viaria estratéxica para Galicia que conta cunha peaxe que lesiona os petos dos galegos. Para Bascuas a transferencia da AP-9 […]

Compromiso reclama medidas de apoio para as coidadoras de dependentes

O secretario xeral de Compromiso, Xoán Bascuas, alertou hoxe da situación dos coidadores e coidadoras de familiares dependentes “as grandes esquecidas dun sistema inxusto e dun goberno que as marxina” e demandou aos gobernos da Xunta e do estado que cadaquén desde as súas responsabilidades poñan fin a unha situación totalmente marxinal. Ante a situación […]

Bascuas fala do reinicio de  Compromiso de cara ás municipais

Xoán Bascuas compareceu en Santiago, na sede nacional de Compromiso por Galicia, para facer unha valoración dos resultados do seu partido. “Os resultados non teñen paliativos”, dixo. O secretario xeral da formación galeguista agradeceu o gran traballo realizado “por todas as persoas que compoñen este proxecto, que traballaron sen descanso para facer esta gran campaña”. Xoán Bascuas tamén agradeceu […]

Compromiso proporá a libre  elección de hospital en toda  Galicia.

Bascuas falou da necesidade de revertir as privatizacións levadas a cabo no controvertido hospital vigués para garantir “que sexa 100% público”. Bascuas: “O propósito do PP é, a todas luces, desmantelar o servizo público de saúde”. Xoán Bascuas, candidato á Presidencia da Xunta por Compromiso por Galicia, asegurou ante o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo que se o seu […]

Bascuas: “Queremos para Galicia  un Estatuto con poderes propios”·

Bascuas: ”Nós producimos o 40% da enerxía do Estado e non temos ningún tipo de beneficio”. Mosquera: “Darlle ás provincias do interior o que lle corresponde, loitar contra o abandono por parte da administración das provincas do interior”. Xoán Bascuas, candidato á Presidencia da Xunta por Compromiso por Galicia participou este mércores nun mitin no Teatro Principal de Ourense. […]

Compromiso só apoiará un grupo  lácteo galego se a inicitiva é dos  gandeiros.

Bascuas: ”A constitución deste ente deberá cumprir a condición de que sexa levantado e xestionado polos gandeiros”. ”Ata o de agora, as tentativas que se fixeron de crear o grupo lácteo foron sempre desde a óptica de interese do propio PP”, dixo Bascuas. Xoán Bascuas, candidato á Xunta por Compromiso por Galicia, manifestou hoxe en Mesía que “investir no […]

Compromiso aposta pola cría  extensiva de vacas autóctonas no  monte

Xoán Bascuas, candidato á Presidencia da Xunta por Compromiso por Galicia, e Orlando Villamayor, secretario de comunicación, visitaron a Feira de Gando de Silleda. O candidato á Xunta por Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, visitou esta mañá a Feira de Gando de Silleda, onde intercambiou impresións cos propietarios de explotacións gandeiras. Estes transmitíronlle a súa preocupación polo futuro do […]

Dieter Moure: “As propostas de  Compromiso favorecen ao tecido  empresarial e á sociedade”

”Temos que fusionar o IGAPE e o Xes Galicia nunha única institución de crédito que recupere os espírito das caixas de aforro”. “Que a xente que comeza a súa primeira actividade estea libre de pagar taxas e tributos autonómicos”. Xoán Bascuas, candidato á Presidencia da Xunta por Compromiso por Galicia, e Orlando Villamayor, secretario de comunicación, reuníronse esta mañá […]

Compromiso apoiará un goberno de  cambio que teña un plan de  modernización para Navantia.

Compromiso propón un plan de modernización que garanta a competitividade e o futuro da empresa. Xoán Bascuas, candidato á Presidencia da Xunta, visitou esta mañá as instalacións de Navantia en Ferrol, acompañado pola ferrolá Raquel Pillado, número dous da candidatura de CxG pola circuscripción da Coruña. Tras ser recibidos polo comité de empresa, intercambiaron impresións e amosaron o compromiso firme […]

Compromiso aportará, con Miguel Barros, solvencia política e coherencia ideolóxica á corporación viguesa

– Bascuas contrasta a honestidade, o traballo e o compromiso de país do candidato co despotismo de Abel Caballero, a quen comparou con Nerón. O Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, vén de afirmar que “o candidato á alcaldía de Vigo de Compromiso, Miguel Barros, será unha referencia de coherencia ideolóxica e solvencia política e persoal, […]