63 xornalistas asasinados en 2018, segundo o informe anual de RSF

63 xornalistas profesionais foron asasinados durante o 2018, segundo o último informe de Reporteiros sen Fronteiras. Esta cifra, superioir á de anteriores anos, alerta dunhaa escalada de violencia que vai en detrimento da liberdade de prensa.
Publicado por o día 09/01/2019 na sección de Sucesos

63 xornalistas asasinados en 2018, segundo o informe anual de RSF

Reporteiros Sen Fronteiras publicou recentemente unha nova edición do seu Balance anual de xornalistas asasinados, detidos, secuestrados e desaparecidos no mundo. O informe recolle un claro aumento das agresións contra xornalistas, con 80 xornalistas asasinados mentres exercían o seu labor informativo, 348 encarcerados e 60 secuestrados no ano 2018. En todos os casos prodúcese un aumento fronte aos números do ano anterior.

Os asasinatos de comuinicadores recollidos por Reporteiros sen Fronteiras inclúen 63 xornalistas profesionais, 13 xornalistas cidadáns e 4 colaboradores de medios de comunicación. Así, fronte aos tres últimos anos, nos que o número de xornalistas profesionais descendera progresivamente, este ano produciuse un aumento do 15% fronte ao 2017. Máis da metade dos profesionais asasinados fórono de forma deliberada, e os países máis mortíferos para os profesionais foron Afganistán, con 15 mortos, Siria (con 11) e México (con 9). Ademais, este ano, tras o tiroteo en The Capital Gazette, os Estados Unidos entran na lista dos cinco países máis perigosos para a profesión.

No que respecta aos xornalistas nas cadeas, este ano compútanse 22 máis que o ano pasado. Ao igual que no 2017, porén, a meirande parte deles encontranse en cárceres de apenas cinco países: Irán, Arabia Saudita, Egipto, Turquía e China.