9 de Xullo o gran bluesman Boo Boo Davis estará en Vigo dentro do clico “Mais Que Blues”

Publicado por o día 04/06/2019 na sección de Galicia,Eventos,Vigo

9 de Xullo o gran bluesman Boo Boo Davis estará en Vigo dentro do clico “Mais Que Blues”

Boo Boo Davis é unha lenda viva do Blues e este será o seu único concerto en Galicia. Un home que naceu en 1943 la pequena cidade de Drew, na veira do Mississippie. Acostumado a vivir entre campos de algodóns onde traballaba a sua familia e música Blues esa que cada día tocaba o seu propio pai para aliviar as suas penas. Boo Boo Davis remataría marchando cos seus irmáns ata St Louis formando unha banda ca cal tocaría durante 18 anos no Tabby’s Red Room, como banda principal. Estamos falando dun home que na sua longa traxectoria compartiría escenario con lendas como o gran Albert King. Domina como poucos a armónica, é un dos mellores do mundo. Estamos ante un pioneiro dentro do Blues, onde hoxe en día segue sorprendendo con esa capacidade de darlle un aire fresco e cheo de innovación sonoras, pero sen perder a esencia do Blues Tradicional. Chega a Vigo tras publicar “Tree Man” (2019), para moitos catalogado como un dos mellores discos de Blues dos últimos anos.

Data: 19 Xullo
Hora: 22:00 H. Apertura Puertas 21:30H
Recinto: Sala Rouge Calle Pontevedra nº 4  Vigo
Prezo entrada Anticipada: 10€ – Precio Taquilla 15€
Entradas online www.ataquilla.com entradas físicas Elepe e Honky Tonk Discos (Vigo)