A cuarta edición do Desafío Boot Camp Vigo celebrarase na contorna da Praia de Samil o 14 de outubro. Tendo como base a carreira de obstáculos, este evento deportivo ten un percorrido de entre os 6-7 km e 30-35 obstáculos de todo tipo: reptar pola area, tobogáns acuáticos, saltos, rubir cordas, carga de pneumáticos, barras de equilibrios e moitas máis probas que a organización irá debullando aos poucos. Os responsables da empresa organizadora, a viguesa Diesemm, garanten unha orixinal proba deportiva, divertida, para todos os públicos e ao mesmo tempo digna de ver como espectador.
Desafío Boot Camp ten unha previsión de alcanzar os 2.500 corredores, máis de 5.000 usuarios en resto de actividades paralelas e superar os 30.000 espectadores que gozarán co espectáculo que se brindará en Samil.
A nivel competitivo, a carreira de obstáculos na súa categoría Elite é clasificatoria para o campionato de España e campionato de Europa, en categoría Popular os participantes poderán puntuar para a liga galega deste tipo de carreiras.
En 2018, Desafío Boot Camp, propón ir máis aló e ser altofalante para unha serie de causas nas que a organización cre e considera parte importante para un evento deste nivel e o seu compromiso coa sociedade, parte destas accións serán: colaboración cunha asociación sen ánimo de lucro, un plan de reforestación na contorna de Samil, recollida activa de residuos sólidos na Praia de Samil así como un grupo de conferencias con personalidades do deporte que tivesen obstáculos que superar na súa vida.
Desafío Boot Camp tamén é lecer e por iso haberá 3 días de actividades do 12 ao 14 de outubrocomo son; música, zona gastronómica, actividades deportivas e eventos para os máis pequenos.
As inscricións abríronse xa na web www.championchipnorte.com , este tipo de eventos premian aos máis rápidos con prezos *super reducidos que irán subindo ao longo dos meses.
Para máis información www.desafiobootcamp.com
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.