A alcaldesa do O Rosal áchegase a ver a nova furgoneta da U.D. Ribera

Empregarase para os desprazamentos deportivos do club. Dende o Concello quérese agradecer o gran labor que está realizando no eido deportivo en momentos tan complicados
Publicado por o día 21/01/2021 na sección de Galicia

A alcaldesa do O Rosal áchegase a ver a nova furgoneta da U.D. Ribera

O Concello do Rosal continúa comprometido co deporte e colaborando cos diferentes equipos. A alcaldesa visitou a U.D. Ribera para ver a nova furgoneta adquirida polo club, unha ferramenta que facilitará a mobilidade do club cando teña que realizar desprazamentos deportivos.

Dende o Concello queremos agradecer o gran labor realizado polo club en momentos tan complicados e poñer en valor o traballo que levan feito para adaptarse á nova realidade e continuar coa actividade deportiva de xeito seguro.

Cun exhaustivo protocolo anti COVID-19, o club continúa adestrando con todas as medidas de seguridade, adaptándose constantemente á normativa marcada dende as autoridades sanitarias e facendo un esforzo moi importante para manter a actividade dando prioridade á saúde pública.

A alcaldesa Ánxela Fernández Callís achegouse cos membros do club Yago Cruces e Nel Gómez para ver o novo vehículo adquirido.

Comentar noticia

Your email address will not be published.