A artista viguesa Su Garrido Pombo ven de pedir axuda co seguinte texto e fotos

Publicado por o día 24/01/2021 na sección de Eventos

A artista viguesa Su Garrido Pombo ven de pedir axuda co seguinte texto e fotos

Nun post na rede social Facebook a artista viguesa Su Garrido viña a publicar o seguinte: Ola xentiña, roubáronme a bici no Casco Vello en Vigo, unha Viking gris clariño, cunha pegata de Harry Potter, coa súa cesta, chulísima e non moi habitual por estes lares, chegou aquí voando dende Inglaterra via Irlanda, a miña bici. Entraron no portal e leváronma o venres tarde noite. Se a vedes polas redes ou á venda avisade porfa, eu estou practicando co mal de ollo. A primeira foto é sacada de internet, non é a miña pero é moi parecida. Graciñas.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.