Amigos da Terra é unha organización que sempre destacou por plantexar unha actitude de defensa do medio ambiente, realista e construtiva, que apoia aquelas iniciativas que van xurdindo e axuda a mellorar o noso contorno dende a práctica e a acción. Forma parte tanto a nivel estatal de Amigos de la Tierra, unha das 5 grandes ONG ambientais españolas así como de Friends of the Earth International (Amigos da Terra Internacional) a maior rede internacional de activistas ambientais presente en todo o mundo.
A finais do 2018 Amigos da Terra cumpría anos e este aniversario era especial porque celebraba 20 anos de loita na defensa do medio ambiente, de propostas para camiñar cara un mundo máis xusto, de traballo por mellorar e ser unha organización cada vez máis forte e transformadora.
Dentro das actividades de celebración do XX aniversario de Amigxs da Terra realizará unha visita a diferentes e interesante iniciativas que se están a levar no rural, concretamente en Friol. Esta será unha ocasión para celebrar e tamén para coller folgos para os numerosos retos que aínda ten por diante.
Foron moitas as persoas socias, voluntarias locais e europeas, contratadas, colaboradoras, activistas, que contribuiron e contribuen á súa misión, fomentar un cambio local e global cara unha sociedade respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria. Esta celebración é por e para elas, polo que contaremos co socio fundador Xulio López ao cal se lle rendirá unha pequena homenaxe. Tamén contaremos cunha combinación de persoas socias veteranas con persoas máis novas na organización.
O programa de actividades será o seguinte
- 11:00 Visita ao Monte Veciñal en Man Común de Carballo, Friol (Lugo)
Quedaremos nun dos accesos do monte para coñecer este proxecto silvopastoral, que a través do manexo de dúas razas autóctonas como o cabalo de raza galega e o porco celta controlan a vexetación a modo de prevención dos lumes forestais. Ademais de producir madeira, mel e cogomelos con certificación ecolóxica.
-
13:00 Visita á explotación ecolóxica ovina Casa Armada, Friol (Lugo)
Achegarémonos ao lugar de A Armada para coñecer a unha das explotacións que comercializan a marca “Pastores de Galicia” de OVICA, un proxecto de gandería en extensivo de aposta pola valorización do medio rural.
- 14:30 Xantar no Hotel Rural Bi Terra
- 16:00 Ruta pola ribeira do río Narla
Faremos unha rutiña fácil e apta para as máis cativas pola ribeira do río en Friol.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.