Con motivo do Día das Persoas Usuarios de Bibliotecas a concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, recoñeceu aos e ás usuarias de honra. No Museo Municipal onte luns tivo lugar a entrega dun lote de libros aos e ás socias con máis préstamos durante o ano 2020. Os/as premiados/as foron nomeados socios de honor da biblioteca e como consecuencia disto terán a oportunidade de levar un maior número de libros prestados durante o ano 2021.
Na categoría Infantil foron nomeados socios de honra:
1.- González Fernández, Emma (64 libros prestados en 2020)
2.- Palleiro Troncoso, Lara (39)
3.- Palleiro Troncoso Breogán ( 35)
4.- Solleiro González, Sabela (35)
Categoría Adultos:
1.- Comesaña Friere, Jesús ( 100 )
2.- Durán Quesado, Lorena ( 86 )
3.- Martinez Marquez, María Natividad ( 45 )
Ao rematar o acto de entrega de agasallos,as persoas premiadas e os seus acompañantes tiveron a oportunidade de asistir a unha visita guiada ao Museo Municipal de Ponteareas.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.