A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Igualdade, estará presente durante toda a semana nas Festas Patronais de Santa María, en Cuntis, nas que se agarda a presencia de numerosas persoas.
A “semana grande” de Cuntis contará deste xeito cun punto morado de información sobre as violencias machistas e do material institucional das campañas de “Lembra, eu decido, ti respectas“, dirixidas tanto a mozos como a mozas. Estará situado, en horario de 18.00 a 20.00 horas, na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres dende mañá, xoves, ata o próximo domingo.
O obxectivo volve selo de concienciar á poboación máis nova da importancia das relacións en igualdade e, para elo, repartiranse elementos explicativos nos que se mostran con claridade os límites ante posibles agresións, facendo fincapé en que son un delito e recalcando a negativa a calquera intento de culpar ás vítimas.
O programa de festas de Cuntis inclúe actividades tan variadas como unha carreira de rolos por equipos mixtos, actividades acuáticas, unha festa da bicicleta e diversas propostas para tódolos públicos. Sen esquecer os concertos e as tradicionais verbenas.
A campaña “Eu decido, ti respectas” comezou o verán pasado en tódolos festivais #RíasBaixasFests, e posteriormente, a institución provincial ofrecéullela aos concellos que a soliciten para todo tipo de eventos multitudinarios.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.