A concelleira de educación entregou o agasallo de nadal para os nenos e nenas das garderías consistente en material de xogo didáctico

Publicado por o día 13/01/2021 na sección de Galicia,O Porriño

A concelleira de educación entregou o agasallo de nadal para os nenos e nenas das garderías consistente en material de xogo didáctico

Nun acto celebrado esta mañá nas instalacións da Biblioteca Municipal, Lourdes Moure, concelleira de Educación, fixo entrega ás directoras das garderías do agasallo habitual de Nadal para os nenos e nenas, consistente en material didáctico.

Debido ás restricións actuais impostas polos protocolos anti-Covid, a entrega e distribución realizouse ás “Galiñas Azuis” de Doantes de Sangue e Torneiros, para que puxeran o material en corentena.

A partir do vindeiro martes 19, comezará a distribución entre pais e titores dos alumnos de ambas garderías públicas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.