A IX Conferencia Mundial do Atún “Vigo 2019” comeza hoxe na sede de Afundación en Vigo nun evento que reunirá a 40 países, responsables do 90 % da produción de conservas de túnidos. Esta conferencia enmárcase no ámbito do “Foro Internacional de Conservación de Produtos da Pesca de Galicia”, creado por Anfaco‐ Cecopesca en 1995 e que desde entón vén organizando, con periodicidade anual, diferentes conferencias para analizar a situación presente e futura do sector transformador dos produtos da pesca e da acuicultura, así como as distintas problemáticas e incidencias que a transformación e comercialización destes produtos presenta a nivel internacional.
“Desta maneira, preténdese poñer ao dispor das empresas líderes a nivel mundial no ámbito do sector industrial transformador e conserveiro de produtos do mar, frota atunera, comercializadores de atún e as súas industrias auxiliares, un verdadeiro punto de encontro no que desenvolver diferentes foros de análises e debate acerca daqueles aspectos que concitan o interese dun produto de tanta importancia como é o atún, considerando que participarán máis de 350 directivos de empresas que lideran e marcan o rumbo da industria a nivel internacional”.
Os relatorios incluídos na Conferencia iniciaranse ás 09 horas de hoxe e a inauguración oficial da mesma terá lugar ás 10.45 horas, contando coa presenza de Abel Caballero Álvarez, alcalde de Vigo; Alfonso Rueda Valenzuela, vicepresidente da Xunta de Galicia; Alicia Villauriz Iglesias, secretaria xeral de Pesca, Luís Beraza de Diego, director xeral de Negocio de ABANCA; Juan Manuel Cerqueira, presidente de Anfaco- Cecopesca e Juan Vieites Baptista de Sousa, secretario xeral de Anfaco- Cecopesca, entre outras autoridades.
Participarán na Conferencia representantes de empresas de máis de 40 países, concretamente de:
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.