Dous certames de artes escénicas e doce de música son os beneficiarios dos 150.000 euros da liña de axudas que convoca o departamento de Cultura e Linga da Deputación a través da liña de axudas creada especificamente para este tipo de festivais. Estas axudas, creadas en 2017, perseguen o obxectivo último de apoiar e promover os festivais consolidados na provincia nos dous ámbitos mencionados, que utilicen a lingua galega de xeito prioritario e se que teñan celebrado ao menos en dúas edicións consecutivas nos últimos tres anos.
No campo das artes escénicas os dous certames que acadaron financiación son a XXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas con 18.760 euros, e o XX Festival Internacional de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo 2019 con 15.000 euros. No eido da música, os festivais beneficiarios son o XIX Festival Xironsa de Cambados con 9.558 euros; o XX Festa Folc de Vilariño de Cangas con 7.000 euros; o XXII Festival Internacional de Jazz de Cangas con 8.200 euros; o X Kanekas Fest de Cangas con 8.129 euros; o Morrasound Rock Fest de Moaña con 9.000 euros; o V Festival Intercéltico O Son do Pazo de Mos con 4.158 euros; o Festival Armadiña Rock de Poio con 16.437 euros; o Festival Rock in Río Tea de Ponteareas con 12.060 euros; o XIII Festival Alternativo Millo Verde con 11.166 euros; o XXVI Revoltallo de Música Emerxente de Vigo con 9.000 euros; o IV Festival Internacional de Blues de Vilagarcía con 12.864; e o Festival Rockin’Vila de Vilanova de Arousa con 8.665 euros.
Tal e como establecían as bases, para a adxudicación destas axudas tivéronse en conta criterios de valoración con respecto á última edición do Festival solicitante como son o número de grupos ou compañías, o número de asistentes ao certame, as actividades ou accións paralelas realizadas, e as achegas propias ao proxecto. Tamén se tiveron en conta criterios relativos á edición prevista para 2019, como a antigüidade do certame, as actividades paralelas programadas, e a viabilidade do proxecto en relación á porcentaxe de subvención solicitada e o orzamento total.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.