A Gran Vía de Vigo concederá un pase directo para o casting final da Voz de Antena 3

Farao a través do evento musical Gana coa túa Voz que iniciará o prazo de inscrición o próximo 11 de febreiro
Publicado por o día 08/02/2019 na sección de Galicia,Eventos,Vigo

A Gran Vía de Vigo concederá un pase directo para o casting final da Voz de Antena 3
O Centro Comercial Gran Vía de Vigo busca as mellores voces solistas que poderán participar no evento musical Gana coa túa Voz de Atresmedia e así optar a un pase directo para o casting final do exitoso programa A VOZ en Antena 3.
Todos os que queiran participar poderán facelo a través do link que atoparán en: https://granviadevigo.com/evento/gran-via-vigo-busca-las-mejores-voces/
desde o 11 de febreiro ata o 10 de marzo (ambos inclusive).
De entre todos os inscritos elixiranse 50 candidatos, tres deles farano os internautas que, paralelamente ao período de inscrición, poderán elixir os seus cantantes favoritos para as semifinais locais que se celebrarán na Planta 0 da Gran Vía de Vigo os días 14 e 15 de marzo. A Gran Final na que se coñecerá ao gañador do pase directo para o casting final da VOZ terá lugar o sábado día 16 de marzo na Planta 0.
O Centro Comercial Gran Vía de Vigo, xestionado por Gentalia, ofrece aos seus clientes unha oferta comercial e de lecer excepcional, na que agora se enmarca a iniciativa ‘Gaña coa túa voz’. Desta maneira, o centro comercial quere mostrar o seu compromiso coa sociedade e a cultura apostando polos novos talentos e buscando as mellores voces. Gran Vía de Vigo repite experiencia tras dúas exitosas convocatorias que reuniron a 424 participantes.
As dúas edicións de Gana coa túa voz en Gran Vía de Vigo saldáronse cun éxito rotundo resultando vencedores: Antia e Gonzalo Arca. Este último, ademais, tivo a sorte de chegar ao programa e participar no equipo do coach Pablo López. Gana coa túa voz converteuse en todo un acontecemento musical que suma xa máis de 8.000 participantes e cuxa viralidad contabilízase nos millóns de votos dos internautas.