“Hoxe, 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna, anunciamos o peche do espazo libreiro Andel. Na vindeira semana comezará a liquidación de fondos bibliográficos e discográficos até o 30 de marzo”, escribían na súa conta de twitter.
O ex director de Xerais, Manuel Bragado, confesábase “conomocionado” pola noticia: “Outro síntoma da fraca saúde do noso tecido libreiro, máis aínda o especializado en lingua galega. Moitos abrazos de gratitude para Xaime Nogueira artífice dunha fantasía necesaria”.
Celia Torres Bouzas a responsable de Promoción de Xerais dalle moita magoa o peche dunha das librerías máis emblematicas de Vigo, non so foron estes dous os que lamentan o peche da librería senon o escritor Vigués Miguel Ángel Alonso Diz, a escola Semente de Vigo e un longo de pesares inundaron as redes sociais no día de hoxe.
Mentres pola banda da Librería Cartabón facia un comunicado baixo o titulo “Sempre Compañeir@as, Sempre Libreir@s” baixo a mensaxe que no Día Internacional da Lingua Materna, onde deberíamos celebrar a nosa diversidade cultural, a importancia de ter un idioma propio, a pena invade este 21 de febreiro.
Hoxe a libraría Andel anunciou o seu peche
Como se fose unha gripe mal curada, pecha outra libraría galega e para @s galeg@s.
Especialistas en libro galego e portugués, durante 20 anos foron, son, un referente en todo o país polo seu bo facer e a profesionalidade que sempre demostraron ao longo destes anos.
Cartabón na sua mensaxe din que Xaime e Concha son libreiros dos de verdade, de corazón.
Durante estes anos compartimos aparte de cidade, moitas andainas literarias nas diferentes Feiras do Libro da Galiza.
Percorrimos o noso país coa mesma ilusión de levar ó libro galego como bandeira.
Persoa amábel e tremendamente coñecedora do mundo cultural galego, Xaime contribui enormemente a dignificar o libro galego.
A súa paixón pola nosa literatura compartiuna ao longo do tempo coa súa irmá Concha, formando un gran equipo.
Hoxe pecha Andel do Libro Galego e Portugués, hoxe a nosa lingua nai perde unha das maiores e importantes xanelas da nosa cultura. Que sirvan estas palabras de homenaxe para @s compañeir@s e tamén de reflexión sobre o futuro do galego, remata a librería do barrio vigués de O Calvario Cartabón.
Non so foi Cartabón a única librería senon tamén a librería Compostelá a Libraría Pedreira, que nunha mensaxe manifestou “Tristeza inmensa. Apertas grandes para Concha e Xaime. Un País sen LIBRARÍAS é un País sen CULTURA.”
Hoxe, 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna, anunciamos o peche do espazo libreiro de Andel. Na vindeira semana comezará a liquidación dos fondos bibliográficos e discográficos até o 30 de marzo. pic.twitter.com/cpGMThUXQk
— Andel libraría (@AndelLibraria) February 21, 2019
Nado en Vigo hai 38 anos. Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.