A librería Cartabón presentará “As bolboretas do Mekong” de Cesáreo Sánchez

Publicado por o día 04/06/2019 na sección de Galicia,Cultura,Eventos,Vigo

A librería Cartabón presentará “As bolboretas do Mekong” de Cesáreo Sánchez

As bolboretas do Mekong é o novo libro do escritor de Maside, Cesáreo Sánchez Igleisas, o libro nos fai unha viaxe ao delta do Mekong, o Mekong é chamado Río dos nove dragóns, porque abre en grandes brazos e milleiros de canles coma veas dun corpo fluvial. Evoca xungla, mantras budistas e fedor xelatinoso e pegañento do mortal napalm. Coas imaxes televisadas dos bombardeos dos B-52 na memoria da adolescencia, e levando no fardel a dor colectiva da Illa de San Simón, o Portiño, Aranga… ou Sabra e Shatila, Saraxevo, Auschwitz…, o poeta percorre as terras que o río Mekong irmanda coma un combatente solitario, coma un bo doi, e atopa as cicatrices que cobren o corpo do Vietnam e da Camboxa actuais.As bolboretas do Mekong pretende ser xusto con estes pobos que venceron a maior maquinaria de guerra nunca coñecida e que hoxe rebordan esperanza. A pesar da morte que os marcou, que abrasou a selva e envelenou a terra, colleitan de novo o sementado polas xeracións precedentes. Porque as chuvias cálidas do monzón seguen asolagando cada ano os eidos das chairas de arroz.

O mércores 5 de xuño de 2019 ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro As bolboretas do Mekong de Cesáreo Sánchez Iglesias.

No acto participarán Ramón Nicolás, Manuel Bragado, Cesáreo Sánchez Iglesias e Fran Alonso.