A Marea de Vigo pide ao concello de Vigo e a Aqualia que aclaren se a información sobre a presenza de Lindano no embalse de Eiras é certa

O grupo municipal da Marea de Vigo considera cando menos “preocupante” que o Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Porriño, Marcelino Coto, insinuase no Pleno dese Concello do pasado 19 de marzo a existencia de lindano no embalse de Eiras, propiedade do Concello de Vigo.
Publicado por o día 10/04/2018 na sección de Política,Marea Vigo

A Marea de Vigo pide ao concello de Vigo e a Aqualia que aclaren se a información sobre a presenza de Lindano no embalse de Eiras é certa

Marea de Vigo lembra que o composto químico empregado como insecticida e fabricado pola empresa Zeltia en cantidades inxentes é especialmente tóxico, canceríxeno e daniño tanto para o medio ambiente como para o ser humano. A propia UE limitara ao máximo en 2004 o seu uso e produción, dando de prazo ata 2007 para eliminar a súa utilización. A súa presenza nas augas de consumo humano ten que estar totalmente controlada e as infraestruturas de subministro auditadas.

Tal e como denunciara o grupo parlamentario de En Marea o mes pasado sobre o caso da presenza de lindano en Porriño, “a Xunta presentou un informe no que analiza o impacto do tóxico na saúde, aínda que o fai de forma moi parcial e pouco exhaustiva, xa que sabemos que se coñecen sitios, dende fai décadas, onde están estes residuos, tales como o polígono de Torneiros, onde hai vivendas de protección oficial. O propio informe da Xunta recoñece que o traballo de mostraxe é puntual, polo tanto non se pode considerar ‘representativas’ á hora de afirmar que non existe contaminación”. A día de hoxe aínda non temos información sobre algunha medida dende Medio Ambiente para coordinarse e planificar a retirada ou encapsulación do lindano e a posibilidade da súa existencia noutras localizacións da comarca, tal e como se fai noutras comunidades autónomas.

O feito de que o Concelleiro de Porriño indicase no Pleno a posible existencia deste tóxico en Eiras debería cando menos “ter aclaración pública por parte do Concello de Vigo e mesmo xerar algún informe por parte da empresa subministradora de auga, neste caso Aqualia” argumenta o grupo municipal da Marea de Vigo, ao mesmo tempo que considera que, no caso de non ser certo, o concelleiro de medioambiente do concello porriñés estaría incorrendo nunha grave irresponsabilidade da que tería que facerse cargo.

Video onde o Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de O Porriño afirmaba da posibilidade de que Eiras este feita con restos de Lindano

 

Pleno Porriño 19 Marzo [intervención do concelleiro medioambente]

Nestas declaracións de don Marcelino Coto, Concelleiro de Medioambiente de Porriño, recóllese a súa réplica á moción presentada polo grupo municipal EU Son sobre a contaminación por lindano no pleno do día 19 de marzo. Este señor, que apela á responsabilidade nun tema tan grave, asegura que o lindano está por todo Porriño. Incluso di ter testemuños de posible presenza na presa de Eiras. Desde a Plataforma Antilindano da Louriña din que queren "pensar que esa información xa a trasladaría a todos os concellos afectados: Mos, Salceda, Vigo e Redondela".Máis momentos aquí http://mediateca-oporrino.seneca.tv

Noticias de Vigo 发布于 2018年4月9日周一

Nestas declaracións de don Marcelino Coto, Concelleiro de Medioambiente de Porriño, recóllese a súa réplica á moción presentada polo grupo municipal EU Son sobre a contaminación por lindano no pleno do día 19 de marzo. Este señor, que apela á responsabilidade nun tema tan grave, asegura que o lindano está por todo Porriño. Incluso di ter testemuños de posible presenza na presa de Eiras. Desde a Plataforma Antilindano da Louriña din que queren “pensar que esa información xa a trasladaría a todos os concellos afectados: Mos, Salceda, Vigo e Redondela”.

Máis momentos aquí http://mediateca-oporrino.seneca.tv