A modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Tui para que os PERI’s de San Bartolomeu volvan ser considerados núcleo rural, será un dos proxectos que o equipo de goberno de Tui, presidido por Carlos Vázquez Padín, presente ao Plan Concellos da Deputación para o seu financiamento.
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, explica que ante a posibilidade de incluír proxecto de índole técnica na solicitude do Plan Concello, tomaron a decisión de que esta modificación do planeamento urbanístico sexa un dos que se fagan con cargo aos fondos provinciais, cun orzamento superior aos 50 mil euros. Engade que non tiña senso incluír nos orzamentos unha cantidade simbólica para esta finalidade, coma mil euros, xa que non sería suficiente para abordar esta modificación. Por este motivo optaron por buscar o financiamento a través do Plan Concellos e iniciar así a tramitación precisa para que o solo recollido nos Plans Especiais de Reforma Interior, PERI’s, en San Bartolomeu poidan contar coa cualificación anterior ao Plan, o que facilitaría aos veciños a edificación nos mesmos, sen ter que contar cunha importante cantidade de metros cadrados, coma acontece coa actual tipificación.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.