A música rock de “Ramonas on Tour” encherá este venres Pontevedra de feminismo e igualdade

A Praza da Ferrería acollerá a segunda xornada do proxecto da Deputación, que volverá a contar con obradoiros de educación en igualdade, faladoiros culturais e concertos
Publicado por o día 29/03/2019 na sección de Deputación de Pontevedra,Galicia,Pontevedra

A música rock de “Ramonas on Tour” encherá este venres Pontevedra de feminismo e igualdade

Tras o éxito acadado na estrea en Vigo, a Praza da Ferrería de Pontevedra acollerá este venres á segunda parada do proxecto da Deputación, “Ramonas on Tour” que espallará o feminismo e a igualdade na cidade ao través da música, os obradoiros e as conversas de mulleres da cultura.

A xornada comezará ás 10.00h cos talleres sobre relacións tóxicas e machismo nos que participará o alumnado de centros educativos da cidade e aos que asistirá a presidenta da Deputación, Carmela Silva e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. Posteriormente, ás 11.30h, haberá un concerto didáctico a cargo das Ramonas no que exporán, tamén ante nenos e nenas, como se forma unha banda e cales son os instrumentos que forman parte delas.


Pola tarde, ás 19 horas, serán as conversas, sobre a situación da muller na industria cultural baixo o nome “Nunca máis sen nosoutras” e que contarán coa participación de Cristina V., directora do festival Ribeiro Son de Viño, Cristina García, de Esmerarte, e a pianista Noemí Salomón. Ao seu remate, a partir das 20.30 horas, terá lugar o concerto das Ramonas con mulleres do mundo da música de Pontevedra e da súa contorna, neste caso Noemí Salomón e Violeta Mosquera.

Ramonas on Tour” é unha das iniciativas centrais da Deputación ao amparo das reivindicacións do 8-M. Este espectáculo leva o feminismo por toda a provincia a través de música, cultura, obradoiros, conferencias, actividades e concertos protagonizados por mulleres. O espectáculo está baseado na aprobación en 1993 da Lei Revolucionaria de Mulleres impulsada polas mulleres zapatistas, lideradas pola comandanta Ramona, e o manifesto ‘Riot Grrrl’ que apareceu publicado no fanzine Bikini Kill, o nome da banda liderada por Kathleen Hanna, co convencemento de que as mozas constitúen a alma da forza revolucionaria que pode cambiar o mundo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.