A presión hospitalaria mantense estable ante a COVID-19 en Galicia

Galicia reduce en 2.652 os casos tras dúas semanas seguidas en descenso
Publicado por o día 09/12/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Salud,Sanidad

A presión hospitalaria mantense estable ante a COVID-19 en Galicia

Os casos de coronavirus no país volven baixar. Hai 5.627 persoas contaxiadas, segundo os últimos datos do Sergas, 69 menos ca onte. Galicia encadea dúas semanas seguidas reducindo os casos activos de covid-19.

Estabilidade nos hospitais

Nas últimas dúas semanas a presión asistencial foise reducindo de xeito notable. Nesta xornada o Sergas notifica un leve aumento nas hospitalizacións: hai 324 persoas ingresadas en planta (+2) e 51 nas UCI (+1).

Hai xusto tres semanas (18 de novembro) o número de persoas nas UCI era o dobre, 102, e os hospitalizados en plant, un 32% máis (472).

Por desgraza, onte o Sergas notificou o falecemento de oito persoas por mor da covid-19. Son xa 1.281 vítimas desta pandemia.

A positividade media, no 5%

O número de probas PCR realizadas medra ata as 6.659, 1.041 máis ca onte. Tamén soben os novos contaxios detectados mediante estas probas: 329, o que son case cen máis respecto á cifra de onte.

taxa media de positividade (o número de persoas que dan positivo por cada 100 probas PCR) estabilízase arredor do 5% – 5,08%-. De feito, nos últimos catro días esta situouse por debaixo desta cifra, limiar máximo recomendado pola OMS. Hoxe, baseándonos nos datos do Sergas consolidados coas probas realizadas ás 18:00 horas de onte, a positividade media en Galicia está no 4,94%.

A repartición por áreas sanitarias

• Vigo: 1.499 (-18)

• Ourense: 377 (=)

• A Coruña: 1.193 (-51)

• Santiago: 785 (+2)

• Lugo: 606 (-18)

• Pontevedra: 871 (-28)

• Ferrol: 596 (+44)

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

TOTAL GALICIA
DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS
5.927
             326 usuarios
             194 profesionais
FALECEMENTOS
1.281

             228 en residencias

             315 en hospitais e residencias integradas

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.